Outubro 31, 2003

Mostra folclórica: Malvela

Mañá ás 19:00 no cine ALOVI teremos a XII mostra folclórica 'vila das Pontes', e para ir abrindo boca, aquí tedes un pouquiño de información do grupo Malvela que vai a participar nel:
Uxía Senlle: "Ás veces, as aldeas perden a voz que lle é propia, os cantares que resoaban nos camiños, nas leiras, nos lavadoiros e nas casas."...

malvelaportada.jpg


..."Desde Sanguiñeda, Malvela é unha xanela aberta pola que saen limpos e frescos, eses cantos vellos e a forza natural destas mulleres empeñadas en non deixalos esmorecer, en encher de alegría este anaquiño de Mos que sempre precisou das súas voces e da súa presencia, porque só o pano non nos namora.
Con esta pretensión naceu o grupo Malvela, a partires dun cursiño de Cantos Populares que eu impartín organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Mos.

Foi especial para min polo feito de recoñecer a todas e cada unha das caras que alí se congregaron, na aldea onde nacín. E sorprendinme das ganas de aprender, de divertirse, de sair da casa, de sentir a música popular sen complexos, asumíndoa e revalorizándoa. ¡Por fin podiamos escoitar fóra do ámbito doméstico esas fermosas voces.

malvela.jpg

E outra seiva nova que se foi sumando cando nos chamaron para cantar o día da Muller Traballadora de 1997. Atopamos no camiño a un talentoso músico, o noso acordeonista Juan Eiras, a gaita poderosa de Raquel Domínguez, a pandeireta e a voz de Ana Senlle, paciente e traballadora, que pouco a pouco foi asumindo tamén a dirección vocal do grupo e a transmisión de cantos que xa son parte esencial do repertorio. As tarrañolas, a voz e o cavaquiño de Viqui imprimíronlle personalidade. E, por suposto, o entusiasmo das incansables Malvela que pasaron moitas tardes da súa vida en ensaios e romarías, actuacións no noso Concello, no Porriño, en Vigo, en Ponteceso, en Arzúa… Todas elas co afán de transmitir o mellor de cada unha:

A voz inconfundible da Sra. Carmen que apreciou e aplaudiu tanta xente, a dozura e a voz ben timbrada de Matilde, a simpatía de Silvina e os seus tréboles de catro follas, a enerxía contaxiosa de Fita, a sabiduría popular de Clara, herdada da súa nai Dorinda, e transmitida a súa optimista filla Carmiña, os aires portugueses e pícaros de Carmen de Isaías, a serenidade e elegancia de Isolina, os aturuxos e a imponente presencia de Maruxa de Ramilo, o sorriso e a alegría de Aurita, a sensibilidade de Dina, a preciosa inocencia de Teresa do Piñeiro, o dinamismo de Merchi, o terremoto do Amieirolongo. A mestra Julia, sempre xenerosa e conciliadora, a voz con carácter de Adela. E unha Malvela que non sube ós escenarios pero que sentimos parte do grupo, Camila."

Máis información en www.malvela.com

Publicado por jmpello -- Outubro 31, 2003 9:24 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31