Novembro 1, 2003

XIV Feira de Fungos e Cogomelos

cartel.jpg Deseño: David Váquez Vecilla e Diego Martínez Ardao (4º de E.S.O. do colexio Nebrija Pardo Bazán)

Sábado 1 de Novembro

De 9:00 a 10:30h. - Presentación de Cestas ó concurso.

foto1.jpg

10:30h. - Apertura das Exposicións:

• Traballos realizados por escolares "O mundo da micoloxía" (Casa Dopeso)
• Caseras con venda Productos exolóxicos e de Outono. (Recinto da Feira)
IV Certame de Artesanía Antonio Fraguas. (Sala de exposicións Mercado Vello)

foto2.jpg

12:30h. - Entrega de Premios do Concurso de Fungos e Concurso para escolares.

De 12:30 a 14:30h.- Degustación popular de cociña elaborada con fungos e cogomelos, na carpa situada no C. Santa María.

Dous menús para escoller con tres pratos e postre cada un. O prezo do menú será de 6 €. Entre os pratos elaborados estarán:

- Empanada de panceta con sendeiriñas, trompa dos mortos e níscalo
- Crema de Boletus edulis con gambas
- Tenreira galega con sendeiriñas e lingua de vaca

Amenizará a Feira A.C. Alende

foto3.jpg

18:00h.- XII Mostra Folclórica Vila Das Pontes na que actuarán:

• ALEIVOSÍA do Liceo Marítimo de Rianxo
• MALVELA de Vigo
• GRUPO FOLCLÓRICO VILLAVERDE de Portugal
• A.C. ALENDE das Pontes.

foto4.jpg


Bases Concurso de Fungos

1º O concurso de Fungos das Pontes organízase con desexo de fomenta-la afección á micoloxía e ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas da zona.

2º Para concursar deberán presentarse exemplares de alomenos 10 especies distintas de cogomelos silvestres. Os concursantes deberán identifica-los e poñer nome nos cogomelos que presenten.

3º O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade de especies presentadas. Ademais no premio especial atenderase a súa presentación e exemplares máis raros.

4º Co obxeto de adaptarse á infraestructura, e no caso de que o número de participantes sexa superior ás prazas dispoñibles, a selección das cestas participantes farase por orde de inscrición.

5º A presentación a concurso será dende as 9:00 h. ata as 10:30 h. A partir desta hora, momento no que o xurado comenzará a face-lo recinto de cestas, non se admitirán máis participantes.

6º Os concursantes deberán manter a súa exposición particular ara a entrega de premios, procedendo seguidamente a retira-los exemplares.

7º O xurado resérvase o dereito a declarar deserto algún dos premios e as súas decisións serán inapelables.

foto5.jpg


Premios

Os premios que poderán leva-los concursantes son: 300 euros para a cesta gañadora, 180 para a segunda clasificada, 120 para a terceira, 60 para a cuarta e a quinta.

Ademais, tódolos participantes que entren no concurso levarán 30 euros, agás aqueles que gañen algún premio.

Neste certame tamén haberá un premio especial de 300 euros para a cesta na que haxa exemplares raros dispostos cunha presentación destacable.

Premio de 30 € a tódolos participantes non premiados nas anteriores categorías.


Outras Actividades

II Obradoiro de cociña
"Degustando Cogomelos"
Venres 24 de Outubro de 16:00 a 19:30 h.
Lugar: Cociña da Residencia Xeriátrica A Magdalena
Esta é a segunda vez que os ponteses teñen oportunidade de aprender a cociñar as setas e os fungos dos nosos montes. O obradoiro estará impartido pola micóloga Catalina Fernández de Ana.
O mércores, 22 de outubro é o último día para se apuntar.


FotoFungo
II Obradoiro de macrofotografía de fungos e cogomelos
Venres 24 e sábado 25 de Outubro
Máis información


IV Xornadas Apícolas do Eume
Organizadas por AGA-EUME
30-31 de Outubro / 1 de Novembro FEIRA DO MEL


Nota facilitada polo Departamento de Cultura
Nova publicada o 20 de Outubro do 2003

Publicado por CyberMODE -- Novembro 1, 2003 9:00 AM


Comentarios

Mm, es Aznar??? xD

Publicado por : luischo -- Outubro 20, 2003 6:10 PM

xDD

Publicado por : nuneto -- Outubro 20, 2003 11:32 PM

buah k chungo¡¡ a esos dos "dibujantes" los konosko yo :P

Publicado por : KoKiTO_Ma -- Outubro 21, 2003 6:59 PM

De k va la feria esa? :P

Publicado por : dstone -- Novembro 1, 2003 12:45 PM

muito bom

Publicado por : eduardo -- Xullo 6, 2006 6:16 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31