|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (197)
ArTe (120) As Pontes (3437) Axenda (1017) Canto Mais? (265) Ciencia (31) Comarca (475) Conexións (455) Cultura (251) Deportes (2194) Deseño (3) Ecoloxía (168) Educación (136) Emprego (5) Empresas (427) Emuladores (9) Enerxía (304) Enquisas (47) Especiais (79) EuroEume (115) Fotografía (196) Gastronomía (55) Hardware (618) Historia das Pontes (178) Humor (33) Lago (191) Linux/GNU (994) Log #irc (12) Moda (1) Motor (8) Mundo (283) Mundo Apple (858) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Música (783) Na Web (1345) Natureza (292) Novas (22) Opinión (40) Outros Mundos (56) Parroquias, festas e historia (85) PDA (32) Phone / Tablet (299) Piratería? (296) Ponteses (241) Recursos (4) Sanidade (33) Saude Natural (45) Seguridade (400) SenFios (238) Software (545) Tecnoloxía (603) Turismo (19) Tutoriais (9) Video Dixital (408) Videoteca (51) Windows (326) Zona Gamers (480) |
5 de Novembro 2003Moción do grupo municipal do BNG de VigoE para completa-lo artigo 'a cultura do idioma e o idioma da cultura', publicamos estoutro artigo sobre a posición do concello de Vigo respecto ó idioma. SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE VIGO Dna Margarida Martíns Vilanova, en nome do Grupo Municipal do BNG, presenta esta moción para o seu debate e aprobación polo Pleno: Exposición de motivos: No século XV os Reis Católicos comezan o proceso que o cronista de Castela Zurita chamou doma y castración del reino de Galicia con decisións como as seguintes: crian na Galiza a Real Audiencia, organismo que combinaba aspeitos administrativos e xudiciais, póndoa en mans de persoas castellanas, así como outra institución uniformadora La Santa Hermandad; e ante a A guerra e a chegada da ditadura franquista foi a negación de calquer símbolo de liberdade e do libre pensamento asi como de calquer outro de cultivo e coidado da identidade galega comezando pola língua. Iniciouse un periodo ditatorial que en palabras poéticas Celso Emilio Ferreiro chamou A Longa Noite de Pedra. Como di o Profesor Paul Preston, na sua excelente biografia de Franco, él (Franco) foi duas cousas: un nacionalista furibundo español que só na língua castelá era capaz de conceber España, e un mestre no manexo do terror. Por outra banda o profesor Compostelano Ramon Maiz na sua tese de doutoramento, explica que na Galiza o nº dos asasinados chega a unha cifra situada entre os vintesete mil e os trinta mil. Ese terror foi especialmente virulento con todos aqueles que estaban ligados a reclamación das liberdades democráticas e nacionais galegas, por pór un exemplo: das 60 persoalidades que constituian a comisión pro estatuto galego, da que formaban parte persoas de diversas ideoloxias, desde católicos praticantes, pasando por republicanos e Non foi pois por acaso, que a chegada da democracia e a recuperación das liberdades, fora unida a recuperación de usos e a dignificación da língua galega, para devolver ainda que sexa en pequena medida aquilo que o terror franquista esborrallou pola violéncia. O Cadro legal da língua galega: No artg. 27, e dentro do título de competéncias, está a competéncia exclusiva nas seguintes matérias... no ponto 20: á promoción e ao ensino da língua galega. Ainda que as duas línguas son oficiais o carácter de própria de unha delas, supón unha especial obriga como vén repetidamente sinalando a xurisprudéncia, do Tribunal Superior de Xustiza, e a do Tribunal Constitucional, en varias sentenzas sobre leis de normalización e especialmente na valoración que fai do termo própria na sua sentenza sobre a lei de uso do catalán. En desenvolvemento desta competéncia estatutária, e de garantia dos dereitos linguísticos e democráticos dos cidadáns galegos no ano 1983 publicase a Lei 3/83 de Normalización lingüística (DOG.14.7.83). Nos artgs. 1º, 2º e 3º recollese in extenso o artg. 5 do Estatuto de No artg. 4.1 Declarase o galego como a língua oficial das instituicións da comunidade autónoma, da sua administracion, da administración local e das entidades públicas dependentes. No artg. 6.3 Fixa a obriga de promover os poderes públicos, o uso normal oral e escrito da língua galega como meio de relación cós cidadáns. No artg. 10.1 Fixa a toponímia em galego O artg. 11.1 Supón para a administración a obriga de capacitar o persoal da administración no coñecemento e domínio da língua galega. A Lei 3/83 ten múltiple desenvolvemento regulamentar nos distintos ámbitos de actuación da administración e dos poderes públicos. No Concello de Vigo ademais da aplicación directa de todas as leis e normas que nos competen, desenvolvemos a Ordenanza municipal en matéria de normalización linguística. Temos outro importantísimo texto legal que pola sua especial releváncia vou a citar, dado que forma parte do noso ordenamento xurídico de conformidade ao disposto no artigo 96 da ConstitucióO 15 de setembro de 2001 publicouse no Boletín Oficial do Estado o instrumento de ratificación da Carta Europea das Línguas Rexionais ou minoritarias, feita en Estrasburgo o 5 de novembro de 1992. O Estado español declara expresamente no seu texto a sua promesa de dar cumprimento, observar e facer que se cumpra e garanta pontoalmente en todas as suas partes o texto ratificado, e declara, para os efeitos previstos nos artigos da Carta, que se entenden por linguas rexionais ou minoritarias do Estado español as línguas recoñecidas como oficiais nos Estatutos das Comunidades Autónomas do País Vasco, Catalunya, Illes Balears, Galiza, Valencia e Navarra. O Preámbulo da Carta Europea posúe un valor declarativo e hermenéutico de grande importancia ao permitir que, por primeira vez, o Estado español asuma de forma directa, respeito de Neste téxto desenvólvense conceitos que están na Declaración Universal dos Dereitos Linguísticos, e en repetidos textos de xusrisprudéncia internacional. Os dereitos linguísticos son un dereito fundamental, pero un dereito fundamental que se exerce colectivamente, tal como sinala a norma, fronte a prática tan frecuente en non poucos governos de recoñecer dereitos individuais e impedir socialmente o uso dos mesmos. É o dereito de falarmos, de ser atendidos, de receber información, de educarmonos, de desenvolver a nosa vida persoal plena na própria língua. Os membros do corporación de Vigo somos autoridades, comezando polo seu alcalde e os membros dos grupos políticos que asumen o papel municipal governante, e independentemente do noso dereito individual, que ninguén cuestiona, a expresarmonos na língua que estimemos mais conveniente das entre mais de mil cincocentas que hai no planeta, temos unha obriga, que como vimos ven ligada a recuperación das liberdades e dos dereitos cívicos, que é garantir os dereitos linguísticos dos cidadáns e das cidadás galegas, e a obriga legal de promover, defender, e impulsar a língua própria de Galiza. Como vimos, aquí o polinómio das liberdades tiña en todos os casos como denominador común o respeito e a promoción da língua galega , así o veu entendendo en boa medida o lexislador e así o veu apreciando de forma unánime a corporación viguesa, desde a primeira das corporacións democráticas: todos os alcaldes que teñen tido entre as suas máns a vara do governo desta Por todo o exposto sometese ao pleno da corporación municipal a adopción dos seguintes: ACORDOS 1- O Pleno do Concello manifesta o seu compromiso con a extensión social do uso do galego é a recuperación de ámbitos e usos para o mesmo, tanto no ámbito cidadán como da administración e entidades dependentes do Concello. 2- O Pleno do Concello insta ao Alcalde Presidente do mesmo, ao cumprimento da ordenanza municipal de normalización líinguística, e a dar exemplo cívico no compromiso coas normas legais a prol da língua galega, adoptando unha actitude firme de defensa da mesma, aperfeizoando e profundizando nas liñas que nesta matéria honraron a todos os seus predecesores democráticos. Vigo a 12 de Setembro de 2003 Cortesía de Isabel Rei Publicado por jmpello -- 5 de Novembro 2003 as 08:14 AM 0 comentarios |
Novas Recentes
-Amigus Labs: Arduino etch-a-sketch
-Xornada sobre Patrimonio -La firma de As Pontes Arteixo Telecom pide concurso de acreedores -O Fendetestas volve ter equipo feminino logo de case dúas décadas -Concerto Rosa -Nota de prensa do BNG: O BNG DENUNCIA A PARALIZACIÓN E AS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE DA ESTRADA PROVINCIAL 1802, NO TREITO RIBADEUME-A FAEIRA -Comienzan las obras del nuevo centro para discapacitados pontés -FINAL DA COPA DA ASOCIACIÓN DE FÚTBOL DA COMARCA CATEGORÍA CADETE: S.D. O VAL – C.D. AS PONTES (3-1) -FINAL DA COPA DA ASOCIACIÓN DE FÚTBOL DA COMARCA CATEGORÍA INFANTIL: NARÓN BALOMPÉ – C.D. AS PONTES (0-7) -El pendrive más rápido del mundo es Thunderbolt Arquivos
- Xuño 2013 (54)
- Maio 2013 (125) - Abril 2013 (129) - Marzo 2013 (105) - Febreiro 2013 (94) - Xaneiro 2013 (111) - Decembro 2012 (93) - Novembro 2012 (104) - Outubro 2012 (116) - Setembro 2012 (102) - Agosto 2012 (106) - Xullo 2012 (116) - Xuño 2012 (105) - Maio 2012 (126) - Abril 2012 (106) - Marzo 2012 (122) - Febreiro 2012 (103) - Xaneiro 2012 (117) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||