Novembro 25, 2003

As primeiras pegadas da Galicia inmortalizada polos obxectivos

Lendo elcorreogallego.es:
"A primeira noticia precisa sobre a práctica da fotografía en Galicia data de 1843 e ten como protagonista ó daguerrotipista Enrique Luard Falconier na Coruña. Sen embargo, é posible que existisen con anterioridade fotógrafos asentados por temporadas nas vilas e cidades do país que combinaban esta actividade con outras, pois é sabido que os primeiros retratistas galegos foron tamén comerciantes, pintores ou simplemente aficionados ós progresos da técnica."...


..."Co obxectivo de pescudar nas orixes da fixación da imaxe e divulgar os datos coñecidos ata o momento, a Igrexia da Universidade de Santiago inaugurará o vindeiro xoves, día 19, unha exposición titulada `Historia da Fotografía de Galicia do século XIX', producida polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e que permanecerá aberta ata mediados do mes de xaneiro.
A mostra ofrecerá un percorrido que parte do momento da implantación da fotografía e se adentra logo no seu cultivo comercial e artístico, no seu asentamento xeográfico e a popularizaciópn. Faise xa que logo imprescindile establecer unha periodización que enmarque os momentos determinantes, tanto no tocante a técnicas e soportes como no eido das caraceterizacións individuais e artísticas. As claves da exposición serán iconas ou referencias de cada unha das etapas avistablas na historia primeira da fotografía en Galicia, concedéndolle un protagonismo singular ós nomes que significaron coa súa obra avances na linguaxe fotográfica.
En 1850, a revista Galicia refírese por vez primeira nesta terra ó invento fotográfico, que era xa coñecido gracias ás noticias que sobre el publicaron medios de maior alcance. A crecente demanda levou ós fotográfos a actualizar permanentemente a súa técnica e a abandonar progresivamente as actividades complementarias así como a sedentarizarse e fundar estudios fotográficos estables.
Na panorámica que ofrecerá Universidade de Santiago e o CGAC, non faltará a referencia ó primeiro estudio fotográfico compostelán, o de Andrés Cisneros, que se declara de profesión `retratista-pintor', e especializado no talbotipo que retratou a Exposición Rexional de 1858 e expuxo nela unha serie de 14 fotografías sobre o evento e a cidade.
Logo, na década de 1870, a arte fotográfica está presente xa en todas as cidades galegas e nos oitenta exercen profesionalmente José Sellier e Felipe Prosperi en Vigo, Francisco Prieto en Ourense, Pontevedra e Marín, e Francisco Zagala e Manuel Chicharro en Santiago de Compostela.
A progresiva simplificación do proceso técnico motivou un abaratamento dos custos, un menor tempo de exposición e unha maior calidade de imaxe.
Medra así o número de profesionais e nace a figura do afeccionado.
En Galicia séguese a pista das innovacións que se desenvolven pois estarán estimuladas por unha crecente demanda.
A burguesía urbana será a principal clientela destes fotográfos que exercerán primeiro de modo ambulante e, máis tarde, en estudios propios en vilas e cidades.
As imaxes coas que a Igrexa da Universidade ilustrará esta historia iniciática proceden tanto de coleccións privadas como da Biblioteca Nacional, do CGAI, do Arquivo Municipal da Coruña e a Fundación Penzol."

Fonte: elcorreogallego.es

Publicado por jmpello -- Novembro 25, 2003 8:15 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31