Novembro 28, 2003

Concurso de carteis 'Feira do Grelo 2004'

A Concellería de Cultura do Concello das Pontes ven de publica-lo Concurso de carteis 'Feira do Grelo 2004'.
Nel poderán participar tódolos xoves que teñan cumpridos os 12 anos antes do 31 de decembro de 2004 e non teñan os 30 na mesma data, e terá que ter un tamaño máximo de 40x70 cms. O premio será de 300 euros.

grelo2004.jpg


BASES
Primeira.- Poderán participar tódolos xoves que teñan cumpridos os 12 anos antes do 31 de decembro de 2004, e non superen os 30 na mesma data.

Segunda.- O motivo do cartel é anuncia-la XXIV edición da Feira do Grelo. A técnica será libre, e aparecerá obrigatoriamente no cartel o seguinte texto:
XXIV FEIRA DO GRELO AS PONTES 22 DE FEBREIRO DE 2004
As medidas do cartel serán de 40x70 cms. como máximo, e preferiblemente en orientación vertical. Só se poderá presentar un cartel por persoa/s, e deberá ser inédito e orixinal.

Terceira.- O prazo de presentación e chegada dos carteis rematará o 12 de xaneiro de 2004 ás 12:00 h. Os carteis serán entregados ou enviados ó Departamento de Cultura do Concello das Pontes, sito na Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, 28 - 15320 As Pontes, A Coruña. (teléfono: 981 44 03 44). O cartel deberá vir acompañado dun sobre pechado e coa seguinte información no seu interior: nome, dirección, fotocopia do DNI, e teléfono do autor/es.

Cuarta.- Establécese un premio único de 300 € (trescentos euros). O cartel premiado quedará en propiedade do Concello das Pontes. A entrega do premio realizarase o mesmo día da feira.

Quinta.- O Xurado estará composto por persoas debidamente cualificadas e representantes do Concello, estes con voz pero sen voto, sendo o seu fallo inapelable. O Xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio.

Sexta.- Os carteis que non resulten premiados poderán ser expostos con motivo da celebración da Feira.

Sétima.- A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

NOTA: No prazo dun mes, contado a partir do 22 de febreiro, os carteis non premiados, poderán ser retirados na Casa Dopeso.
Os carteis non retirados nestes período quedarán en propiedade do Concello.

Podes baixa-lo anuncio en formato jpg dende aquí

Publicado por jmpello -- Novembro 28, 2003 8:55 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31