|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
|
Novembro 28, 2003Proxecto 'Trasno'Quén o ía dicir, xa están a traballar dende 2000..... ![]() Información sobre o proxecto Trasno "Mereces poder cooperar aberta e libremente con outras persoas que usan software. Mereces poder aprender como funciona o software, e usalo para ensinar ós teus alumnos. Mereces poder pedirlle ó teu programador preferido que o arranxe cando se estraga. Mereces software libre." Richard M. Stallman, "Why Software Should Not Have Owners" "A língoa é o noso escudo; ninguén, seia a que seia a forza asoballante en que se encoste e o poder de que dispoña, conquerirá trocar a espritualidade dun pobo nin afogar a súa fala, que é a chave da porta da súa liberdade e o facho que alumea o seu roteiro de eternidade." Ramón Cabanillas 1.- Proxecto Trasno 1.- Proxecto Trasno 1.2.- ¿É Trasno un acrónimo con algún significado? 1.3.- ¿Como xorde este proxecto? En xullo de 1999, iniciouse no GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Universidade da Coruña) un sub-proxecto coordinado por Jacobo Tarrío, para a traducción, das utilidades de GNU e programas libres en xeral. Ambos grupos evolucionaron por separado ata que a principios do ano 2000 membros dun e doutro, así como outros independentes, decidiron xuntarse nun grupo único, que servise como punto de referencia para todo aquilo relacionado coa galeguización do software libre. 1.4.- ¿Por que en galego, se xa temos o portugués, o castelán e o inglés? É algo que se concreta en dous obxectivos complementarios: que os galegos dispoñan na súa lingua dunha das ferramentas máis importantes na actualidade; e que o galego se converta nun idioma común entre os informáticos, contribuíndo así a seguir desfacendo a idea de que o galego é unha lingua inferior, non apta para a cultura e a tecnoloxía. Obviamente isto non é unha imposición. Se pensas que só favorecemos a Torre de Babel, e que só deberían existir tres ou catro linguas no mundo, é moi doado: só tes que cambia-la variable LANG a "pt", "es" ou "en" (os códigos correspondentes ós idiomas da pregunta). E lembra que cun pouco de sorte, pronto serás capaz de fala-la lingua universal dos animais. 1.5.- ¿Que relación tendes con Galego21? 1.6.- ¿É Trasno algún tipo de asociación legal? Por todo isto, e tendo en conta o non elevado número de persoas que somos, coidamos que a creación dunha asociación legal non tería ningún beneficio para a nosa actividade, e probablemente só serviría para engadir máis preocupacións que non precisamos. Somos un grupo máis, como tantos outros, da comunidade do software libre. 1.7.- ¿Recibides subvencións de institucións ou de empresas? 1.8.- ¿Como me podo pór en contacto convosco? 2.- Como usar Linux en galego Os programas de Linux usan diversos sistemas (xeralmente o de GNU gettext) para dar soporte a múltiples linguas. Isto permite que os ficheiros coas traduccións estean á parte do executable, e que polo tanto non sexa necesario recompila-lo programa para engadir unha traducción. Nós traducimos eses ficheiros e enviámolos ó autor do programa correspondente, de xeito que as seguintes versións teñan xa a traducción a galego. Logo os distribuidores (RedHat, Debian, SuSe, Mandrake...) collen eses programas e inclúenos nas súas distribucións, que son as que chegan ó usuario de Linux co soporte xa integrado da nosa lingua. Nalgunha distribucións simplemente terás que escolle-lo galego ó inicio da instalación. Noutras, non terás que facer moito máis que engadir estas liñas no ficheiro .bashrc do teu directorio persoal (ou no /etc/bashrc global): export LANG=gl A variable LANGUAGE é especial, xa que permite poñer unha secuencia de linguas. Se un programa non está en galego, tentará coa traducción castelá, ou coa portuguesa, ou con calquera que poñas nesa secuencia separada por dous puntos. En último lugar sempre se recorrerá ó inglés. 2.2.- ¿Cal é o retardo entre unha versión de Linux en inglés e outra en galego? Pero non todo podía ser tan doado. Non existe o problema do retardo, pero isto provoca que, nalgúns casos, o traductor non teña tempo de actualizar unha traducción antes de que o autor saque unha nova versión do programa. É dicir, que é posible atopar programas que non estean completamente traducidos e teñan cousas en inglés. É un problema común en tódalas linguas, aínda que en proxectos como GNOME ou KDE se minimiza porque hai un período de tempo asignado para que os traductores poidan actualiza-las traduccións. 2.3.- ¿Cal é a distribución de Linux que ten mellor soporte do galego? Algunhas delas, ademais, teñen traducido a galego os programas de instalación, configuración e xestión. Non é algo decisivo para un usuario avanzado, pero pode axudar ós usuarios que se inician no mundo Linux. Podes atopar cales son na sección de distribucións. O obxectivo é que o maior número delas estean dispoñibles, de xeito que a escolla dunha ou doutra sexa independente de que estea en galego ou non. 2.4.- ¿Ides publicar algún CD coas traduccións, ou crea-la vosa propia distribución? 2.5.- ¿Que aspecto ten o Linux en galego? 3.- Como colaborar Ademais diso, ofrecemos unha serie de recursos e apoios para os colaboradores (como a guía de estilo ou o diccionario). Polo dito enriba non é obrigatorio usalos, pero é recomendable tendo en conta que a maior parte do traballo feito está baseado neles. En caso de dúbida, se o coordinador é oficial (é dicir, é o coordinador do grupo galego do proxecto correspondente, como acontece no caso de GNU, GNOME, KDE, e o LDP) será el quen teña a última palabra. 3.2.- ¿Que podo facer, se non son programador? Para saber todo o que podes facer, é aconsellable ir á páxina de Axuda (con particular importancia a Lista de correo), e logo botar unha ollada ás seccións (as ligazóns que se atopan á dereita na cabeceira da páxina). Tamén podes propór ti unha sección nova na que queiras traballar (p.ex, cousas específicas de *BSD ou outros sistemas libres). Ademais de colaborar nas seccións en que se divide o proxecto, sempre podes axudar revisando o que xa está feito (faltas de ortografía, incorreccións gramaticais, etc...), ou solucionando as dúbidas lingüísticas (lembra que a maioría dos que aquí colaboramos somos informáticos, non estudiosos da lingua). Mesmo no uso cotián, usando os programas e lendo a documentación en galego, poderás atopar pequenos detalles que unha vez corrixidos levarán a un aumento da calidade. 4.- Software Libre e GNU/Linux * Liberdade para executar o programa, con calquera propósito. A meta de GNU é dar liberdade aos usuarios, para iso necesítase que o software libre se manteña libre e non se convirta en software propietario. Isto pódese acadar mediante o chamado "Copyleft", que usa as leis dos dereitos de copia ("Copyright"), pero que os invirte; así no canto de "privatizar" o software fai que se manteña sempre como software libre. "Copyleft" é pois un xogo de palabras para indicar que ten como meta o contrario do que se pretendía nun principio co "Copyright". Creouse con este propósito a Licencia Pública Xeral de GNU (GNU General Public License ou simplemente GNU GPL), que é a que usa a meirande parte do software do sistema GNU. Tamén hai actualmente outras dúas semellantes, cun propósito específico: GNU Lesser GPL (anteriormente GNU Library GPL), para usar só con algunhas librerías; e GNU FDL, para usar coa documentación. Son simplemete adaptacións para casos especiais ou partes do software que non son código. Hai actualmente moitísimo software baixo licencia GPL que non foi feito por GNU, sen ir máis lonxe o núcleo Linux; se non estivera baixo esa licencia seguramente non teriamos hoxe o sistema combinado GNU/Linux. Hai moitas outras licencias, en GNU teñen unha lista de varias explicando brevemente o tipo ao que pertencen (http://www.gnu.org/philosophy/license-list.html). 4.2.- ¿Que é Linux? Richard M. Stallman creou o proxecto GNU (GNU é o acrónimo de Gnu's Not Unix, Gnu non é Unix) no ano 1983. En 1985 tamén crea a Fundación polo Software Libre (Free Software Foundation, FSF). O proxecto GNU pretende facer un sistema completo e libre compatible con Unix. Como todo computador de propósito xeral necesita un sistema operativo, este será o primeiro obxectivo marcado. Sen sistema operativo non se pode nin sequera pensar en utilizar unicamente software libre. Un sistema operativo é moito máis ca un núcleo: cómpren compiladores, editores de texto, intérpretes de comandos ... incluso moito máis ca iso. Por iso levou moito tempo e custou moito esforzo chegar a ter o básico. Ao comezo dos anos 90 estaba case todo o principal feito, pero aínda non se comezara coa cousa quizais máis importante: o núcleo. Comezan a traballar no núcleo deseñado por eles, chamado GNU HURD. Actualmente séguese a traballar niso pero aínda non é estable nin funcional. Linux foi creado en 1991 por Linus Torvalds, un estudiante de Finlandia, cando decide facer un núcleo que funcione no seu PC compatible. A xente comezou a involucarse e a axudar a Linus no desenvolvemento do núcleo, ben desenvolvendo directamente, probando e avisando de erros ou ámbalas dúas cousas. Unha grande parte deste rápido desenvolvemento débese á rede Internet. Isto constitúe un novo modelo de desenvolvemento de software, tanto polo medio (Internet) como pola cantidade enorme de xente aparentemente non coordinada traballando nun proxecto. En 1992 combinando Linux co sistema case completo (sen núcleo) de GNU, temos xa o ansiado sistema operativo libre: GNU/Linux, o sistema GNU baseado en Linux. GNU decidiu usar Linux como núcleo alomenos mentres o seu propio núcleo non estivese dispoñible para uso cotián. Isto non acaba aquí por suposto, en Decembro de 1993 o Linux chega á simbólica versión 1.0, e agora mesmo está a piques de saír a versión 2.4 (cando esteas lendo isto, case seguro que xa a haberá). Por outra banda, GNU tampouco se detén, segue creando software, mellorando o que ten, desenvolvendo o seu núcleo GNU HURD e asumindo novos retos como o escritorio GNOME. O sistema operativo libre GNU/Linux conta cada vez cunha meirande cantidade de usuari@s. Estase a falar xa de bastante máis de dez millóns de usuari@s; e está a rachar mitos como o de que o software libre non é axeitado para empresas: algúns estudios falan de que máis do 30% das grandes empresas de Estados Unidos o empregan, e preto dun 30% das medianas empresas. As universidades e outras institucións educativas mesmo manteñen moi a miúdo espellos (copias) do sistema completo. Con isto, o sistema operativo libre GNU/Linux é o sistema máis utilizado da familia Unix, e xa está desbancando a outros como Windows NT. 4.3.- ¿Traducides programas comerciais? No caso de que alguén estea a buscar xente para traducir software propietario, non hai problema en usa-la lista para anuncialo, pero non para que lle deamos soporte na páxina. Recollido de trasno.gpul.org A páxina principal está en trasno.gpul.org Publicado por jmpello -- Novembro 28, 2003 9:00 AMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Cinco futbolistas do CD As Pontes xogarán o luns coa selección comarcal de Ferrol
-As Pontes adelanta un año la implantación de la televisión digital terrestre en todo su territorio -El PP denuncia la «descoordinación» entre consellerías en la gestión de ayudas a As Pontes -Adobe reducirá 600 puestos de trabajo a nivel mundial -Complicado grupo para España e Rochela na segunda fase do Europeo Sub 19 -O misterio do Vaso Campaniforme da Vilavella - Capítulo V -Concerto de Mr. Dixie Jazz Band -El Gobierno invertirá en Ferrolterra más de 36 millones contra la crisis -Las carreteras pontesas recuperan la normalidad tras los problemas por hielo y nieve -As Pontes pone en marcha un curso de soldadura en el que participan desempleados de la mina de Endesa Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||