Xaneiro 22, 2004

A xeración portuguesa dos setenta no Marco de Vigo

Lendo elcorreogallego.es:
"A finais deste mes conclúe a exposición que o Marco (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo dedica a unha vintena de artistas portugueses procedentes da xeración dos 70, un grupo de xente nova axuntado neste feito xeracional; o resto obedece a unha diversidade de propostas nas que domina o soporte fotográfico e o vídeo, pero onde non faltan referencias puntuais ó lugar, o debuxo e a escultura. Deste conxunto despréndese que o artista actual luso non permanece alleo a cuestións candentes na sociedade occidental."...


..."Así, o impacto de temas conmovedores á sensibilidade humana, como é a inmigración, percíbese nas esculturas a escala natural que presenta Noé Sendas. Son pezas que aínda recollendo prácticas dadaístas miran máis para unha cultura urbana, acubillo e hábitat de moitos seres desamparados que conmoven os espíritos sensibles (e os artistas sono) sumíndoos nun shock de impotencia ante a soidade de quen non ten nin sequera teito.
Analizar a psique humana, o comportamento do individuo, parecen as metas a seguir no traballo do artista Filipa César. Cárgase de valor nunha longa espera propiciatoria desa ollada particular, única, do personaxe extasiado ante o feito da contemplación. Todo en prol de capturar o aceno fresco e espontáneo dun individuo único e singular dentro da comunidade colectiva, aparentemente uniforme e xenérica.
A problemática da identidade, definir ou riscar as fronteiras que separan o feminino do masculino, é outro dos camiños polos que discorre a arte a partir dos anos noventa. Perceptible en obras de Vasco Araújo, tales como Hipólito, onde se definen identidades contrastadas a partir de personaxes con sentimentos encontrados. O esaxerado da paixón de Fedra fronte ó carácter contido que identifica a Hipólito. Ó tempo que se marcan caracteres opostos desaparecen as distancias entre o que se presenta como real ou ficticio. En sentimentos tan extremos non é casual que esta obra se incluíse na exposición que este mesmo centro montou baixo a denominación de Melodrama.
O problema da identidade tamén o aborda Rui Calcada Bastos no seu propio corpo, desdobrado en varias secuencias, como pretendendo saír del mesmo. A lembranza cinematográfica de filmes como Ghost, a propia personalidade retornando como espectro fantasma incide na ambigüidade da percepción.
En afastadas noiteboas lucía o abeto de Andersen en estancias reais. Hoxe xace impoñente nas súas dimensións nestas estancias museísticas prolongando a súa presencia natalicia. Esta vez non erguido senón caído, nunha obra de Joao Pedro Vale que simula ser unha figueira estranguladora con forte carga de denuncia e con resortes violentos, como indica a forma de emprego de elementos como a corda. A violencia enmascarada a través do xogo ou en imaxes de animación co formato vídeo, dentro desa tónica xeral na que se moven mozos artistas internacionais, é a que presentan Francisco Queirós e Miguel Soares, usando dos mesmos resortes dos que se serve a sociedade actual dirixida pola televisión, o ordenador e bombardeada pola publicidade. Os espacios funcionais engulindo ós considerados comúns.
A interacción entre o público e o privado, a diferencia entre arte e vida fusiónanse en obras como as de Rui Toscazo ó introducir nun espacio público actividades desenvolvidas na natureza, como o deitarse no campo, á que se engade a experiencia persoal do son. Nesa liña móvese a proposta de Leonor Antunes ou a repetición dun aceno, no caso de André Guedes: camiñar ata desgastar o solo, seguindo tal vez as pisadas gravadas por Sophie Rúa trala presencia de hóspedes en cuartos anónimos. O feito real elevado a categoría artística, acenos repetitivos insistentes poden ser conceptuados, como demostran as impresionantes imaxes de Joâo Onofre onde un momento de choque entre dúas persoas pode resultar dun enorme talento creativo.
O poético e preciosista completa o potente caudal de posibilidades estéticas baralladas na presente mostra. A melancolía das imaxes de Rita Magalhaes ou o labor detallista e preciosista de Joana Vasconcelos, convertendo un obxecto de uso feminino como é un tampón, esparexido en miríades para compor unha luxosa lámpada, aborda o importante papel das armas femininas na sociedade.
Aínda que moitos traballos dos expostos fosen vistos en mostras galegas ou nacionais, é a primeira vez que se reúne o traballo destes mozos creadores, moitos de cuxos membros alcanzaron sólida presencia internacional. Como comenta o comisario David Barro, existe a certeza de que dita xeración serve de referencia e testemuño nun futuro próximo dunha nova e prometedora etapa de creadores en Portugal."

Fonte: elcorreogallego.es

Publicado por jmpello -- Xaneiro 22, 2004 8:16 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31