Xaneiro 23, 2004

Fenicius, un software de xestión para Linux

Orixinariamente este producto foi desenvolvido por Solaria Mediterránea, S.L.L., empresa pioneira no desenvolvemento de Linux para PYMES, pero desgraciadamente a empresa desapareceu. Nosoutros conseguimo-lo código fonte con tódolos dereitos sobre o mesmo da mencionada empresa e evolucionámolo e mellorámolo ata acadar Qalomehf.


Decidimos declarar Fenicius como software libre pensando nas pequenas empresas e deixar Qalomehf para empresas máis grandes e sobre todo que teñan máis dunha sede e con necesidades bastante máis amplas.

Aquí tedes unha serie de enlaces para que poidades baixa-las fontes, ou a aplicación xa compilada de forma estática (así non se precisa instalar tódalas librerías) para Linex. Aínda que en xeral debe funcionar en tódalas destribucións, se tedes problemas non dubidedes en poñervos en contacto a traveso desta conta de correo-e: fenicius@canama.net.

A partires de xaneiro de 2004 comezaremos a dar soporte técnico na forma na que anunciaremos nes páxina.

Se alguén está disposto a empaqueta-la aplicación nos diversos formatos que usan as distintas distribucións estamos moi gustosamente dispostos a incorpora-las modificacións precisas.

As características do producto son as que seguen:

- Ciclo completo de compras: pedidos a proveedores, albaráns, facturas e pagos.
- Ciclo completo de vendas: pedidos de clientes, albaráns, facturas e cobros.
- Control de stocks nun único almacén.
- TPV integrado.
- Definición dos impresos que usa a empresa.
- Listados múltiples de toda a información que manexa a aplicación.
- Definición de niveis de seguridade tanto para operacións como para campos.
- Control de qué usuario realizou a derradeira operación sobre calquera tipo de información.
- Movementos de artigos.
- Multiempresa.
- Multiusuario.
- Posibilidade de usar códigos EAN-13.
- Calculadora EAN-13 e impresión de códigos EAN-13.
- Ampliamente configurable, ademáis se un usuario de nivel 1 troca algún parámetro da aplicación, o troco é visible inmediatamente para tódolos usuarios conectados.
- Cada usuario pode defini-las súas consultas e os seus listados.
- Consulta por calquera campo de información.

Fonte: canaima.net/fenicius

Publicado por jmpello -- Xaneiro 23, 2004 8:46 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31