13 de Febreiro 2004

Unha exposición multimedia itinerante amosará a vida e obra de Julio Cortázar

Lendo elcorreogallego.es:
"A presencia de José Saramago, Carlos Fuentes, e Gabriel García Márquez, fundadores da Cátedra Latinoamericana Julio Cortázar, encabeza a lista de amigos, editores, colaboradores e estudiosos de Cortázar que se reunirán do 14 ó 17 de febreiro nun coloquio para analizar a súa obra, e desfrutar dun ciclo de cine e concertos de jazz polo 20 aniversario da morte do gran cronopio."...


..."O encontro titulado Julio Cortázar revisitado: novas lecturas, organizado pola Universidade de Guadalajara, a Universidade Nacional Autónoma de México, o Instituto Nacional de Belas Artes e o Fondo de Cultura Económica, consistirá en oito mesas de discusión, nas cales se falará da vida e personalidade de Cortázar, e do efecto da súa obra no escenario da literatura latinoamericana.
Unha exposición multimedia percorrerá o mundo no 2004, ó cumprirse 90 anos do seu nacemento e 20 da súa morte, para se internar na vida e obra do autor que revolucionou a literatura latinoamericana nos '60. "Trátase de mostrar un Cortázar completo, como novelista, traductor, intelectual, crítico de arte, melómano, amante do boxeo, político: mostrar ó home en toda a súa integridade'', dixo Facundo de Almeida, ideólogo e director xeral da exposición.
O Ano Internacional de Julio Cortázar no 2004 comeza mañá, 12 de febreiro, no aniversario da súa morte, con actividades culturais que lembrarán ó autor de Todos los fuegos, el fuego (1966). Co apoio de Aurora Bernádez, a primeira esposa de Cortázar, que segue vivindo na súa casa de París onde conserva o legado do escritor, xa se está a preparar desde Bos Aires unha megaexposición, que percorrerá Bruxelas, París, Madrid, Santiago de Chile, Guadalajara, A Habana e Bos Aires.
De Almeida tiña 10 anos cando morreu Cortázar, pero foi facéndose admirador apaixonado e coleccionista, ata imaxinar esta homenaxe hai cinco anos, alimentado por un intercambio epistolar con Aurora Bernádez. "O desafío é transmitir o mundo cortazariano. Lograr que a través do seu percorrido, o visitante se atope nese universo que será recoñecido polos lectores de Cortázar e convidará a lelo ós aínda non iniciados en Cronopios e famas'', en alusión a un dos seus libros, dixo Liliana Piñeiro, a cargo do deseño de montaxe da mostra.

Viaxar pola súa literatura

"Trátase de viaxar, inspirados no clima da súa producción literaria, as súas preocupacións e obsesións: o fantástico, o azar, a pasaxe, a realidade que se oculta trala realidade cotiá'', detallou Piñeiro, curadora do Centro Cultural Recoleta, que albergará a mostra en Bos Aires desde o 26 de agosto de 2004.
O proxecto, elaborado por un equipo interdisciplinario e realizado polo estudio Larumbe-Ravera de arquitectura, está concibido dun modo non convencional e cun percorrido non definido de antemán, a elección do visitante, como ocorre co seu libro Rayuela. A mostra combinará linguaxe audiovisual e abundante material documental, cun guión composto exclusivamente de textos do propio Cortázar, que abordará tamén as súas definicións políticas, o achegamento á revolución cubana e nicaraguano, así como a súa paixón polo jazz e o boxeo. A exposición ten o apoio da española Universidade de Salamanca, foi declarada de interese pola Secretaría de Cultura arxentina e polo Mercosur Cultural, e conta cun sitio de internet (www.cortazar2004.org). "

Fonte: elcorreogallego.es

Publicado por jmpello -- 13 de Febreiro 2004 as 08:21 AM 0 comentarios




Exposición fotográfica: Unha foto, un poema, unhas verbas, unha imaxe

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes

Reportaxes fotográficos Fabián
Novas Recentes
Arquivos
- Xullo 2014 (111)
- Xuño 2014 (107)
- Maio 2014 (108)
- Abril 2014 (99)
- Marzo 2014 (110)
- Febreiro 2014 (98)
- Xaneiro 2014 (90)
- Decembro 2013 (93)
- Novembro 2013 (98)
- Outubro 2013 (82)
- Setembro 2013 (105)
- Agosto 2013 (87)
- Xullo 2013 (94)
- Xuño 2013 (91)
- Maio 2013 (125)
- Abril 2013 (129)
- Marzo 2013 (105)
- Febreiro 2013 (94)
- Xaneiro 2013 (111)
- Decembro 2012 (93)
- Novembro 2012 (104)
- Outubro 2012 (116)
- Setembro 2012 (102)
- Agosto 2012 (106)
- Xullo 2012 (116)
- Xuño 2012 (105)
- Maio 2012 (126)
- Abril 2012 (106)
- Marzo 2012 (122)
- Febreiro 2012 (103)
- Xaneiro 2012 (117)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (118)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (102)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xullo 2014
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    




Xerado con
Movable Type 5.2.3