Febreiro 23, 2004

Dez visións de Compostela na entrada do CGAC ó Xacobeo

Lendo elcorreogallego.es:
"O uso da fotografía e o marcado interese pola reflexión arredor do cotián, pola paisaxe e pola arquitectura urbana e periférica unen ós dez artistas que o vindeiro 5 de marzo instalarán no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a súa visión de Compostela.
O propio director do CGAC, Miguel Fernández-Cid convidou como comisario da mostra a un grupo de artistas a vencellar o seu proxecto á cidade e á súa historia. O resultado son dez historias entrelazadas que compoñen un conxunto significativo de obras inéditas e en dúas delas o tempo proposto interferiu con obras."...


..."Xunto á fotografía, o vídeo, a animación por ordenador, xorden nos traballos outros medios artísticos, que parten de escenarios diversificados e alleos á representación convencional de Compostela.
Un dos artistas, Beat Streuli (Altdorf, Suíza, 1957), documenta a presencia humana nos espacios urbanos, captando sen artificios e coa cámara de vídeo as persoas que conflúen en puntos de referencia da cidade, tentando marcar a súa singularidade.
Desde a posición dun artista especializado que vais máis alá do patrimonio monumental, Gabrielle Basilico (Milán, 1944) proporá no CGAC unha ollada alargada do territorio que chega ás zonas polas que a cidade medra.
A animación por ordenador é a técnica que o artista sueco Lars Arrhenius utiliza nunha obra inédita na que relata a súa versión pictográfica da cotianeidade.
O proxecto do alemán Günter Förg (Füssen, 1952) céntrase na arquitectura de Álvaro Siza da facultade de Ciencias da Comunicación nun xogo de espellos e ventás que estende o concepto inicial.
Lorena Simpson (Brooklyn, Nueva York, 1960), unha das máis controvertidas do momento, convida a cuestionar determinados clixés relacionados co feminismo, o racismo ou as relacións sociais, incitándonos a permanecer alerta sobre a información á que acudimos para lexitimar o coñecemento que temos do mundo.
A catalana Montserrat Soto (Barcelona, 1961) presenta unha instalación fotográfica baseada en imaxes de escenarios paisaxísticos composteláns, que acompaña con outras procedentes doutras xeografías.
Tras unha mostra individual, Roland Fischer (Múnich, 1958) volve ó CGAC para percorrer a cidade capturando os seus persoais retratos, condensando e fragmentando a arquitectura.
Rubén Ramos Balsa, (Compostela, 1978) ofrece unha poética visión de Santiago a partir de obras resultado da exposición prolongada das súas cámaras manuais.
O arxentino Humberto Rivas é o único que se inspira directamente no contorno da arquitectua histórica, co seu peculiar xeito de tratar a imaxe.
Finalmente, Peter Wüthrich (Berna, 1962) reconstrúe situacións a partir de libros, presenta un proxecto realizado na Biblioteca de América da USC."

Fonte: elcorreogallego.es

Publicado por jmpello -- Febreiro 23, 2004 8:03 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31