Febreiro 25, 2004

A Xunta aposta polo 'software' libre e decide instalar Linux nos institutos

Lendo lavozdegalicia.com:
"Galicia convertiuse no novo campo de batalla da guerra que dende fai tempo manteñen Linux e Windows no mercado dos sistemas operativos informáticos. Un enfrentamento aparentemente desigual, no que os opoñentes son Microsoft, a empresa presidida polo todopoderoso Bill Gates, e os defensores do software libre, a comunidade de usuarios de Linux á que non respalda ningunha empresa."...


..."A pugna entre os dous sistemas é intensa tanto para gañarse a confianza dos particulares, entre os que o ascenso de Linux é constante, como en empresas e administracións públicas. E é precisamente neste terreo no que a Xunta acaba de dar un paso significativo en favor do software libre ó decidir dotar ós centros de ensinanza públicos co sistema Linux, ademáis do xa habitual Windows.

No que vai de ano, repartíronse xa 500 novos ordenadores en institutos de toda Galicia dotados do denominado arranque dual. Isto significa que os usuarios, profesores e alumnos, terán a posibilidade de elixir entre Windows e Linux. Néstor Valcárcel, secretario xeral da Consellería de Educación, explica que o obxectivo é 'garanti-la liberdade de elección, pero sendo conscientes de que non todo o mundo sabe manexar Linux'. Para paliar este problema, a Xunta organizará cursos de formación para profesionais da ensinanza.

Libertade de elección

Este modelo podería exportarse ó resto da Administración galega. Polo de agora, o modelo de Linux xa suplantou a Microsoft no que se refire ós servidores, xa que os técnicos considérano máis seguros e máis estables. Estas medidas seguen o exemplo doutras comunidades e gobernos que xa adoptaron Linux.

As consecuencias desta medida van máis aló do aforro que poida supoñer no pago de licencias, xa que estaría compensado polo custe de formación de persoal. O que está en xogo é a liberdade de elección dos usuarios e a posibilidade de dispor de sistemas máis flexibles e sen someterse ós designios dun único proveedor."

Fonte: lavozdegalicia.com

Publicado por jmpello -- Febreiro 25, 2004 12:27 PM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31