Febreiro 27, 2004

As industrias galegas á cabeza da contaminación no Estado

Lendo vieiros.com:
"Dende esta semana está dispoñible en internet o Rexistro Europeo de Emisións de Substancias Contaminantes (EPER), co fin de que cidadáns, empresas e administracións saiban algo máis sobre os niveis de contaminación aos que estamos sometidos. Á cabeza deste desalentador ránquin figuran varias empresas galegas, entre as que destacan a central térmica das Pontes e a factoría de Alúmina en San Cibrao."...


..."Os informes facilitados polo EPER están estructurados segundo as substancias tóxicas emitidas polas diferentes factorías. En total, 44 listaxes diferentes nas que se contabiliza a cantidade en quilos de contaminantes emitidos anualmente ao aire e a auga, xa sexa directa ou indirectamente.

A central térmica que Endesa posúe nas Pontes figura á cabeza de varios destes apartados, sendo a que libera máis dióxido de carbono, PM10, óxidos de nitróxeno e óxidos de xofre en toda España. Con respecto a este último elemento, a nosa comunidade é a que máis contamina de todo o Estado ao emitir o 39,83% dos óxidos de xofre que se liberan ao ano.

Entre as empresas máis contaminantes de Galiza figuran ademais as centrais térmicas de Meirama e Sabón, a factoría de Alúmina en San Cibrao, a da Citroën de Vigo, a central de Ence en Pontevedra, Repsol YPF da Coruña ou Alcoa na Coruña. Todas elas están incluídas en varios apartados.

A listaxe elaborada polo EPER evidencia que non só as grandes empresas están a danar o medio. Neste rexistro tamén hai un oco para factorías máis pequenas como Aluminios Padrón, que libera case o mesmo cromo á auga cá mesmísima Citroën, ou Megasa, en Narón, que emite 651 quilos de cobre ao ano.
Detrás dela, nesta categoría, figuran Meirama con 197 e Alúmina con 73.

Un dos obxectivos do informe EPER pasa por concenciar os cidadáns do que está a ocorrer no seu contorno. Malia que a actividade destas factorías pode quedarlles a algúns moi lonxe, tamén figuran na listaxe empresas máis próximas á nosa vida cotiá. Así, no apartado correspondente ás emisións de fósforo e entre un total de 51 empresas, a fábrica que Hijos de Rivera posúe na Coruña ocupa o número 10. Isto débese a que verte á auga, indirectamente, 14.600 quilos desta substancia ao ano. Se cadra, algún o pensa mellor a próxima vez que pida unha cervexa."

Fonte: vieiros.com

Publicado por jmpello -- Febreiro 27, 2004 8:47 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31