|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
|
Marzo 25, 2004Nace nas Pontes a entidade Hospital de San Xoán de Estudios HistóricosLendo diariodeferrol.com: ..."Ata o momento, os traballos máis importantes foron realizados polo cronista da vila, Enrique Rivera Rouco, pero adolecían de escasa profundidade e rigor. Os textos de Rivera aproximaron a moitos ponteses á historia oral da vila, pero non chegan para estudiar máis fondamente a historia local. Durante os últimos meses foise avanzando nesta idea, e xa se celebraron varias reunións co obxectivo de comezar a plasmala. O vindeiro sábado, 3 de abril, terá lugar unha nova xuntanza, á que están convocadas tódalas asociacións do municipio e veciños que polo seu traballo ou estudios teñan interese no tema. Ese día ás 20.30 horas farase a presentación da nova entidade, que leva o nome dun emblemático hospital que existíu na vila deica o século XIX, e que atendía a pobres e peregrinos. O obxectivo prioritario da asociación é crear un fondo histórico cos datos existentes sobre As Pontes, que se poidan recoller nos arquivos históricos de España, do Reino de Galicia, e tamén das familias particulares, arquivos relixiosos e municipais. A documentación porase a disposición do público e estudiosos, como xeito de impulsar artigos e publicacións que permitan coñecer mellor o pasado do concello. Está previsto que de toda a documentación se realicen tres copias, que estarán na biblioteca municipal, no museo etnográfico do colexio Monte Caxado e na propia asociación, que actualmente non ten lugar propio. Sen embargo, xa ten cauces de colaboración con outras entidades, como a Fundación Federico Maciñeira de Ortigueira, o grupo editor da revista Cátedra eumesa, e o Instituto de Estudios Viveirenses. Este traballo de recopilación xa comenzou hai algúns meses, e permite comproba-la relevancia no concello de importantes familias nobiliarias, como os Lemos ou Montenegro, que era señores de boa parte destas terras. O día 3 tamén se procederá á apertura da primeira exposición que organiza a nova entidade, baixo o epígrafe “Memoria Santa”, e que estará centrada na Semana Santa pontesa, a través dunha serie de pezas da liturxia que datan dende o século XVI ó XX." Fonte: diariodeferrol.com Publicado por jmpello -- Marzo 25, 2004 9:48 AMComentarios
Parece un proxecto moi interesante, pois aínda que temos que agradecer moito ó libro de D. Enrique, a única referencia histórica que tiñamos ata agora, é certo que se botaba en falta algún estudio un pouco máis riguroso e extenso, pois algunha etapa histórica estaba pouco documentada. Por certo, ¿alguén sabe qué pasou con aquel estudio do megalitismo prehistórico que estaba a facer un instituto francés e que a Xunta paralizara? Publicado por : luilhi -- Marzo 25, 2004 10:03 AMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-Adrián López: “Tenemos que ganar el partido ante el Athletic”
-'Cenizas del cielo', de José Antonio Quirós -Ence avisa: si no hay concesión eólica se quedará 30 años más en la ría de Pontevedra -As pontesas Yaiza Paleo e Patricia Blanco adestrarán coa selección galega sub15 -OMAR PERCUSSION GROUP -Apple lanza la actualización 2.2 del firmware para el iPhone -O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III -As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición Arquivos
- Novembro 2008 (118)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||