|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
|
Abril 27, 2004EFECTOS CONTAMINANTES DUNHA CENTRAL DE CICLO COMBINADONo mes de Marzal deste ano saía a exposición pública o proxecto da central de ciclo combinado de As Pontes. O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas no seu afán por conquerir un medio de calidade, e protexe-los valores ambientais que son patrimonio de tódolos ponteses, presentou unha serie de alegacións a dito proxecto. Consideramos importante tamén facelas chegar a cidadanía para que cada un de nos teña a oportunidade de manter unha postura ante un proxecto que a noso xuízo, de non ser modificado sería un perigo para o entorno natural e a saúde dos ponteses. En primeiro lugar queremos resaltar que o noso concello ten a posibilidade de xulgar se o proxecto da central é axeitado para os ponteses e o noso entorno . O Decreto 2414/1961 establece a competencia do alcalde na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. O mesmo decreto establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000m de calquera núcleo urbano, este proxecto da central ubica as instalacións a escasos 300m do núcleo urbano de As Pontes Unha das circunstancias do proxecto que condiciona en gran medida os efectos contaminantes da central é que esta autorizada a operar con gasóleo sen establecer ningun límite, tendo en conta que se reflexa que o consumo de este combustible, sendo de 62.860Kg/h para operación con gasóleo, temos un consumo aproximado de 75m3/h. Supoñendo tamén que o aporte de gasóleo á central efecturase con camións cisterna de 40m3 de capacidade, xa que tampouco se di no proxecto. Cunha operación a gasóleo de 45dias/año teriamos un tráfico de camións de 46 ó día aportando este combustible. No proxecto non se analiza o impacto que este trasiego de camións tería sobre o medio ni sobre a poboación. Si di o proxecto que operando con gas natural todo o ano, menos 45días/ano con gasóleo cúmprese o Real Decreto 1073/2002, con emisións de NO2 de 176,41µg/m3 sendo o limite 200µg/m3.Temos que supoñer pois que superando os 45dias/ano operando con gasóleo non se cumpriría o Real Decreto. Cremos estrictamente necesario que se concreten e se limiten as horas de operación da central con gasóleo antes de conceder la licencia de operación. Repítese continuamente no proxecto que o gasóleo a utilizar terá un 0,005% de Azufre, co que a contaminación por este composto será moi reducida dado o seu escaso porcentaxe. Tendo en conta que o gasóleo na actualidade ronda los 3,5% en Azufre, é necesario que se especifique quen suministrará este combustible tan pobre en azufre e con que garantías, porque senón as emisións contaminantes serían moito maiores. Respecto as emisións gaseosas aínda sendo este apartado moi completo no proxecto, non permite valorar as emisións nin a procedencia ou non de incorporar tecnoloxías de control e eliminación da mesmas. A presentación dos valores en termos relativos (concentracións, tasas de emisión) ou comparativos (gas vs. carbón) deixan de lado que tasa de emisión baixas poden supoñer valores de emisión absolutos elevados. Defendese que o uso de gas natural como combustible supón unha reducción das tasas de emisión de CO2 por unidade de producción fronte a outros combustibles fósiles. Isto é así se non se ten en conta a tasa de fugas do gas natural durante o proceso de extracción e o transporte ata a central, pois unha molécula de metano ( CH4 compoñente casi exclusivo do gas natural) ten o mesmo impacto sobre o efecto invernadoiro que 24 moléculas de CO2. A tasa de fugas foi estimada nun 1% do gas transportado o cal merma significativamente as ventaxas do gas natural. En calquera caso, sen contar coa aportación do metano, as emisións de CO2 anuais desta central chegarán a 3 millos de toneladas, presentar isto como unha contribución á loita conta o efecto invernadoiro é algo que raia co esperpento. O protocolo de Kyoto non esta a conquerir a reducción de emisións de CO2 en España en gran medida debido a instalacións de centrais térmicas como a proxectada, xa que a producción de electricidade é un dos máximos responsables do aumento de emisións. España é o pais de Europa que maior grado de incumprimento acumula con respecto o fixado no protocolo de Kyoto, xa que entre 1990 e 2000 incrementou as emisións de CO2 máis dun 34% cando se lle concedera un aumento máximo do 15% ata o 2010. A escala local e rexional, os óxidos de nitróxeno (NOx) serán o principal contaminante atmosférico que emita a Central. Os NOx e o SO2 son os principais causantes das choivas ácidas reaccionando co vapor de auga na superficie das partículas de po e formando gotas microscópicas de ácido que o reagruparse forman a choiva. Asimesmo os NOx teñen gran poder contaminante debido á súa forte absorción de radiación ultravioleta. O resultado da conxunción NOx, Hidrocarburos e luz solar, constitúe o chamado “smog” fotoquímico causante de problemas respiratorios e danos nos ollos, amén de corrosión nos materiais. Hai estudios de Impacto Sanitario, como o feito para unha central de ciclo combinado en Catadau (Valencia) polo Hospital “La Fe” de Valencia, que determinan como resultados que este tipo de centrais: 1- Xeran contaminantes físicos e Químicos moi perigosos. Entre as instalacións da central inclúense tanques de almacenamento de productos químicos tóxicos e perigosos como hipoclorito sódico, fosfato sódico, hidracina, alcalinizantes(aminas), Hidróxeno, gasóleo…é necesario pola seguridade da poboación e do medio, que se precisen as capacidades e condicións de almacenamento de todos estes productos e especialmente, das balsas onde se almacenarán as augas de lavado químico das caldeiras e turbinas de gas, para la recollida por un xestor autorizado. Esta central térmica é innecesaria dende o punto de vista enerxético, nin dende o ámbito autonómico nin nacional. Hai que ter en conta que a comunidade autónoma de Galicia é excedentaria de enerxía exportando el 40 % de la producción. Non se considerou a proximidade da central de ciclo combinado á térmica de 1.400Mw tamén de ENDESA, sen especificar se existen incompatibilidades legais ou técnicas que prohiban a instalación da nova central. A proximidade de dúas instalacións destas características significará un aumento do risco socio ambiental en caso dun accidente nalgunha das dúas centrais. Tampouco se especifica se a central ou algunha sección dela se someterá a algún sistema de xestión ambiental como a ISO 14.001 ou EMAS, o cal seria unha boa garantía de responsabilidade ambiental e social por parte da empresa e para a conservación do medio algo importante. Dende Guerrilleiros das Fragas consideramos os argumentos expostos suficientes para opoñernos o proxecto redactado para instalación desta central térmica, que non a instalación dunha industria deste tipo sempre e cando se ráspete o medio ambiente e a saúde da cidadanía. Correo electrónico: xeneta@hotmail.com Publicado por redaccion -- Abril 27, 2004 8:56 AMComentarios
komo siempre la mierda siempre tiene ke andar tokando las narices...... Publicado por : neno -- Abril 27, 2004 11:47 AMQué bien... Debe ser que no nos llega con la contaminación que ya hay... Que tienen que aumentarla, poner en riesgo nuestra salud y aún por encima no cumplir con la ley... ¬¬ :/ Publicado por : alismile -- Abril 27, 2004 2:55 PMneno, non tes idea do que falas. ¿Tocando las narices? Eso dis. Claro, é mellor poñer unha industria perigosa a 300 metros do núcleo urbán e non a 2 km, como manda a lei. o gas natural se necesita para a calecfación e moi importante non podeis utilizalo moito si non se esgotará. Publicado por : judith -- Xaneiro 27, 2006 10:51 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-Adrián López: “Tenemos que ganar el partido ante el Athletic”
-'Cenizas del cielo', de José Antonio Quirós -Ence avisa: si no hay concesión eólica se quedará 30 años más en la ría de Pontevedra -As pontesas Yaiza Paleo e Patricia Blanco adestrarán coa selección galega sub15 -OMAR PERCUSSION GROUP -Apple lanza la actualización 2.2 del firmware para el iPhone -O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III -As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición Arquivos
- Novembro 2008 (118)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||