|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
|
Abril 27, 20042.-COMO TRATA-LAS PLANTAS.Dependendo de cada especie de planta medicinal, recóllense determinadas partes da mesma, anque algunhas, pola diversificación das substancias activas, aprovéitanse na súa totalidade. As partes susceptibles de recollida son as seguintes: brotes (gemma), follas (folium), partes leñosas (lignum), cortezas (cortex), flores (flos), estigmas (stigma); froitos (fructus), baias (bacca), talos (caulis), pedúnculos (estipes), sementes (semen), raices (radix), tubérculos (tuber), rizomas (rhizoma), bulbos (bulbus), zumes (sucus), pólas (herba), resinas (resinae). Na axedrea aprovéitanse preferentemente as follas e talos. Follas: Non e axeitado desprove-la planta de tódalas follas, xa que son os órganos que precisa para asimilación, permitindo deste xeito, ter sempre unha producción asegurada. As follas recóllense no comezo da floración, momento no que conteñen maior cantidade de substancias activas. Débense escoller sempre as suculentas e novas, sen manchas, as cales son sempre sospeitosas dalgunha enfermidade viral; igualmente, enteiras, sen danar e sen insectos. O secado das follas ha que facelo en capas finas evitando o sol intenso; isto é especialmente importante nas plantas con alto contido en aceites esenciais. Durante a colleita ou previo o seu secado, non se deben amontoar ou engurrar as follas, xa que moitas especies estráganse ou requeiman doadamente, como as follas de malva, llantén, fresa ou groselleira; outras como as follas da dixital perden incluso os glicósidos que conteñen. Na árnica aproveitarase especialmente a flor, anque o rizoma tamén ten aplicacións medicinais. Sumidades: As sumidades (conxunto ou mazo), son os pedúnculos foliados das plantas, nas ocasións floridas. Recolleranse sempre as partes mais frescas e novas; se son moi longas colleranse uns 20 cm. dos extremos das pólas; se son partes rastreiras deberanse lavar convenientemente para elimina-la terra e impurezas. Para cortalas usaranse navallas ou tesoiras de xardín, evitando partilas, que as prexudican notablemente. Deixar sempre as raíces na terra para asegurar a súa rexeneración. Secado e conservación: O secado e almacenamento das plantas medicinais ata o momento da súa utilización, require unha serie de técnicas aplicables incluso a outro tipo de plantas, coma as especias ou as de uso industrial, pero especialmente importante nas medicinais, as cales, dado o fin que se lles vai dar, precisan conserva-las substancias activas no seu máximo grao de efectividade. A época de recolleita das apreciadas baias do morillón é a finais do verán, cando a planta deixou de medrar e as follas están formadas e os froitos maduros. O secado: O secado dunha planta non á mais ca o proceso de sacarlle a humidade que conten, para evitar que podreza, enferme ou perda as substancias activas, ademais de permitir o seu almacenamento por un certo tempo antes da súa utilización. En moitas ocasións, antes de seca-las plantas, réganse incluso para limpalas de terra ou po; prepáranse, sepáranse, trónzanse, etc., segundo sexa o caso, para de seguido proceder o secado propiamente dito. Este pódese facer con calor natural ou artificial; sexa cal sexa o sistema, o propósito é eliminar progresivamente a humidade contida nas partes útiles, mediante técnicas axeitadas a cada especie de xeito que non se perdan ou deprecien as substancias que se pretenden reter. Algunhas especias das que se aproveitan pólas ou froitos, como a sarxa, poden ser secados no seu propio lugar de cultivo se as preservamos do sol. O sistema do secado: O calor natural é o sistema de secado mais axeitado, e o que da sempre os mellores resultados. Obviamente, con este sistema tense industrialmente un rendemento inferior, xa que se está a limitar á época do verán. Neste caso recorrese a secadoiros onde a ventilación, temperatura e humidade poden ser regulados e mantidos a un réxime constante. No inverno é preciso quentar o lugar habilitado como secadoiro. No verán, sen embargo, pódense alcanzar altos réximes de secado. As flores, por exemplo, se as mantemos con calor natural en lugares pechados, con sombra e preto dun oco de ventilación, poden alcanzar o punto óptimo entre 3 e 8 días; as follas entre 4 e 6; as pólas precisan períodos mais longos. Algunhas especias das que se aproveitan as pólas ou froitos (fiúncho, alcaraván, sarxa, mellorana, axedrea, etc.), poden incluso secarse no seu propio lugar de cultivo, pero coa precaución de que estean afastadas do sol e da choiva. Algunhas especias requiren tratamentos especiais. A flor do gordolobo, por exemplo, ademais de moi sensible á humidade ambiental (higroscópica), perde doadamente a súa cor se descoidamos o proceso do secado. As partes a secar deben colocarse en capas finas, bandexas ou caixas de madeira que dispoñan de ocos por onde circule o ar; isto é especialmente importante se as caixas se van amontoar. Se o volume de plantas a secar é moi alto, aconsellase dispoñer de estantes que permitan removelas, có obxecto de que o secado sexa proporcional en todo o conxunto. Non se aconsella deposita-los productos directamente sobre do chan, nin tampouco sobre follas de papel impreso coma xornais ou revistas; debe utilizarse sempre papel branco e moi limpo. Almaceamento e conservación: Para o almaceamento deben evitarse as bolsas e caixas de plástico. Si son cantidades moi importantes utilizaranse sacos de papel, caixas forradas de papel tratado, ou sacos de tela; sempre protexidos da luz e da humidade. Periodicamente débense revisar as plantas almacenadas, comprobando calquera alteración no nivel de humidade, mofo, insectos, etc. Se desexa conservar as plantas enteiras, poden secarse a xeito de mollos, atándoas xuntas po-los estremos cortados e colgándoas coas flores boca abaixo próximas a unha corrente de ar seco, por exemplo unha fiestra, ou simplemente ao ar libre. Este sistema é o utilizado normalmente para as flores secas coma cardos ou semprevivas). Existen especias que deben preservarse da luz pola súa especial sensibilidade, é o exemplo das sementes do cólquico, raíz de ruibarbo ou glándula de lúpulo. Igualmente, algunhas outras perden doadamente a súa cor inicial si se descoida o proceso do secado, como é o caso do gordolobo. O secado de sementes e froitos non adoita dar problemas, xa que son escasos en auga; nembargantes, determinadas especia son especialmente sensibles á humidade ambiental (as chamadas higroscópicas), por iso, unha vez desecadas deben conservarse en tarros de vidro escuros con tapas tratadas quimicamente e ben pechados; ademais, non deben conservarse por tempo superior a un ano; especias higroscópicas son por exemplo, o malvavisco, flor de gordolobo, fieito macho, raíz de perexil, raíz de anxélica, etc. As plantas que conteñen aceites esenciais débense tratar con especial coidado. Unha vez que teñan entrado no proceso de secado deben conservar sempre intactas as partes aéreas, incluso durante o seu almaceamento, o que non deberá superar mais dun ano. Publicado por Ferloxe -- Abril 27, 2004 12:11 PMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Adrián López: “Tenemos que ganar el partido ante el Athletic”
-'Cenizas del cielo', de José Antonio Quirós -Ence avisa: si no hay concesión eólica se quedará 30 años más en la ría de Pontevedra -As pontesas Yaiza Paleo e Patricia Blanco adestrarán coa selección galega sub15 -OMAR PERCUSSION GROUP -Apple lanza la actualización 2.2 del firmware para el iPhone -O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III -As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición Arquivos
- Novembro 2008 (118)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||