5 de Maio 2004

Tipos de usuarios de ordenadores

Lendo laflecha.net:
"O comunicativo, o kamikaze, o místico, o gafe ou o sospeitoso, son varios dos diferentes usuarios de ordenador cos que nos podemos topar. Aquí tedes unha pequena descripción de cada un deles para ser precavidos á hora de enfrentarnos cun destos 'especímenes'."...


..."
O comunicativo.

'Intentei face-lo de sempre, xa sabes, e non funciona. Ah si, e tampouco me imprime.'

Ventaxas: Presenta interesantes retos comunicativos. Inconvintes: Os orangutáns tamén. Síntomas: Completa incapacidade para usar nomes propios. Tratamento: Tercer grao. Mímica. Se todo falla, hai que recorrer ó Pictionary.

O manipulador loco:

'Pulsei ALT-F6, SHIFT-F9, CTRL-Pausa, F8 e Esc, pero non puiden arranxa-lo problema.'

Ventaxas: Trata sempre de atopa-la solución por sí mesmo. Inconvintes: Trata sempre de atopa-la solución por sí mesmo. Síntomas: Soe ter unhas 15 aplicacións abertas. En calquera documento seu de Word, a taxa de caracteres tecleados a caracteres escritos supera 6:1. Tratamento: Sedantes. Obrigarlle a usa-lo rato, caso de que sexa posible deixalo razoablemente limpo de telarañas.

O kamikaze:

'Non funcionou cos datos que eu quería, así que lle metín a receita de tarta de arándanos da miña avoa a ver qué pasaba.'

Ventaxas: Xeralmente arranxa o problema. Inconvintes: Estou usando a palabra 'arranxar' nun senso MOI amplo. Síntomas: Tende a borra-las liñas de código que dan erros en vez de buscalos. Tratamento: Inútil. É un reincidente crónico. Cando o volva a facer hai que procurar estart lonxe.

O místico:

'A semana pasada, cando a lua estaba en cuarto menguante, había nubes, e Aldebarán estaba por riba do horizonte, fixen o mesmo e funcionoume.'

Ventaxas: Leccións gratis sobre mitoloxía primitiva. Inconvintes: Poucos responsables de sistemas son licenciados en antropoloxía. Síntomas: Preguntas frecuentes sobre feitos completamente irrelevantes. Tratamento: Hai que convencelo de que as Estrelas están na Posición correcta. Acepta amuletos. Tamén se pode sacrificar unha galiña.

O Gurú:

'Deume o erro 14787, que significa que a librería que implementa a clase WindowPane::CreateFnord() detectou un conflicto de rangos de memoria, dígocho por si acaso.'
Ventaxas: Da unha serie de detalles precisos acerca do que cree que pasa. Inconvintes: Oféndese profundamente cando non os usamos. Síntomas: Ten problemas para permanecer calado. Soe citar estándares, RFCs, documentos ISO e/ou código fonte. Tratamento: Contestarlle en hexadecimal, notación polaca inversa e/ou quechúa. Calmarase no momento no que comprenda o que dicimos.

O gafe:

'Non o entendo, asegúroche que ata que viñeches non funcionaba.'

Ventaxas: Fará o que lle digamos sen rechistar, a cambio de tres desexos. Inconvintes: Córtanos mechóns de pelo a escondidas. Soe dexenerar no Tipo 4. Síntomas: Séguenos a todas partes e imita o que facemos. Funda un clube de seguidores. Tratamento: Cando non mire, valeirar unha lata de Pepsi no seu equipo.
Lamentarse logo de que perdemos O Poder debido á presencia de kryptonita nos arredores.

O temerario:

'Teño aquí un documento de MacWrite. Quero pasalo a Excel, cargalo nunha máquina Unix, convertilo a JPEG, baixarmo ó meu Commodore 64 e imprimilo a tres columnas polo fax. ¿Cómo o faigo?.'

Ventaxas: Novos e sorprendentes desafíos. Inconvintes: Que farían palidecer a David Copperfield. Síntomas: Inasequible o desalento. Insistente. Tendencia a obrigar ás máquinas a facer cousas que non queren. Tratamento: A aplicación repetida dun mazo de marisco fai maravillas.

O director de orquestra:

'Primeiro senteime, así, e encendín a máquina, e esperei ata que saliu o cadro de rede, e escribín o meu contrasinal, deste modo, e logo fixen doble clic na icona do editor; a continuación erguinme, mirei a ver se tiña as chaves do coche no peto dereito, que así era, e volvínme a sentar, fun ó menú Arquivo...'

Ventaxas: Disposto a contar exactamente o que fixo para obte-lo erro. Inconvintes: Durante polo menos catro horas. Síntomas: Sordera selectiva. Afecta ás frases do estilo 'Sí, moi ben, pero ¿cal foi concretamente o erro?' Tratamento: De choque. Contra un camión cisterna, por exemplo.

A princesa:

(é inxusto, porque soen ser abrumadoramente varóns...) 'Encantaríame ter un Mac, e unha impresora de sublimación, e sería estupendo un monitor de 34 pulgadas como o que ten o Vicepresidente Adxunto. ¿Non llo poderías arrebatar vilmente?.'

Ventaxas: Apabúllanos coa súa habilidade para halaga-los nosos oídos. Inconvintes: Apabúllanos coa súa habilidade para ignora-las necesidades do resto do universo. Síntomas: Incapacidade de comunicarse excepto por medio de queixas. Tratamento: Colocar un espello de corpo enteiro ó seu alcance.

O sospeitoso:

'Non o toquei, non instalei nada, nin siquiera estaba aquí, eu non fun, ninguén me veu, non ten probas.'

Ventaxas: Interesantes exercicios de adestramento dialéctico. Inconvintes: Que duran o bastante para convencernos de entrar na Brigada de Estupefacentes. Síntomas: Inquietude. Sudores. Fuma sen cesar. Revolea os ollos e márcase uns visaxes que xa os quixera Ford Coppola para 'O Padriño'. Tratamento: Privación de sono, pentotal sódico intravenoso e detector de mentiras."

Fonte: laflecha.net

Publicado por jmpello -- 5 de Maio 2004 as 11:16 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12