Maio 29, 2004

O Concello xa está a prepara-la festa da Fraga

[RTVi-As Pontes] O Concello das Pontes trata de involucrar a toda a cidadanía na organización da Romaría da Fraga. A dous meses da celebración desta Festa popular, onte abriuse un ciclo de reunións cos distintos sectores da poboación. O primeiro contacto foi cos presidentes das asociacións.


Unha comisión formada polos concelleiros de Cultura, Participación Veciñal e Deportes acudiu onte á Casa Dopeso para escoita-las proposicións dos responsables das asociacións con respecto á romaría da Fraga.

Non houbo conclusións, pero sí compromisos por parte do grupo de goberno de seguir traballando na mesma liña, de convocar a tódolos sectores da sociedade, cun único fin, que as medidas que se adopten obteñan o consenso, senón unánime sí da maioría. Onte estiveron moitos dos responsables das asociacións, cerca dunha trintena, pero non todos. Sobre todo botouse en falla a representación da xuventude.

As suxerencias dos asistentes á reunión centráronse en dous temas, a limpeza do parque da Fraga e a capacidade do recinto. En canto á limpeza, a reunión de onte serviu para bota-la vista atráis e recorda-lo aspecto no que queda esta área de esparcemento ano tras ano.

E é que aínda que cada vez hai máis romeiros que recollen a parcela que ocupan o 25 de Xullo, o certo é que todavía hai moita máis xente que non se preocupa de elimina-los restos das súas merendas, tendo que encargarse deste cometido o persoal do Concello. Estes traballos prolónganse normalmente ata finais do mes de Agosto, e mentras tanto o Parque da Fraga aseméllase máis a un vertedoiro incontrolado.

En canto á capacidade do recinto falouse de que a Romaría da Fraga recibe cada ano maior cantidade de romeiros, e polo tanto o Parque quédase pequeno para acoller a tal cantidade de público. E é que desde que foi declarada Festa de Interese Turístico, a sona da nosa romaría estendeuse por todo o país. De continuar esta tendencia á alza, chegará o momento de buscar solucións ó problema do espacio.

Nas próximas dúas semanas convocaranse novas reunións para seguir falando da romaría da Fraga. As seguintes xuntanzas faranse coa xuventude nos IES Castro da Uz e Moncho Valcarce e tamén no Colexio Monte Caxado.

aspontes.org

Publicado por jmpello -- Maio 29, 2004 8:40 AM


Comentarios

pareceme ben que haiba estas xuntanzas para mirar polo porvir do noso pobo, pero eu creo que moitas veces a xente non acode porque non se enteran, como no meu caso, tamen os hai que pasan de todo; pero, eu por exemplo, estudio fora e non teño a facilidade de enterarme de todo o que ocorre no me pobo, e gustariame ser participe de actividades que estan a acontecer ahi. espero que a festa da fraga teña un bo ano, hai que ter unha boa organizacion e pensar no ben do pobo, hai que volver os seus anos polos que brilaba con luz propia!! un cordial saudo

Publicado por : pontesiña -- Xuño 4, 2004 2:31 PM

k no token los cojones kn kambiar la sesion bermu para el oto lado k la dejen dnd estubo siempre.xk abra muxas protestas

Publicado por : yo -- Xuño 14, 2006 11:17 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (118)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30