Maio 31, 2004

14.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (IX)

19-INFERTILIDADE MASCULINA OU FEMININA: A infertilidade é a incapacidade que teñen a muller e mailo home para producir descendencia.


19-INFERTILIDADE MASCULINA OU FEMININA: A infertilidade é a incapacidade que teñen a muller e mailo home para producir descendencia.

Síntomas: Incapacidade de chegar ao embarazo: Despois de moitas tentativas, a muller segue mantendo ó período sen quedar preñada. Cifrase temporalmente nun período dun ano mantendo relacións sexuais, sen que se haxa utilizado ningún método anticonceptivo.

Causas: Moitas poden ser as causas que poden levar á infertilidade. Estas poden darse tanto no home como na muller. Entre as mais comúns na muller teríamos as seguintes: alteracións anatómicas, coma úteros demasiado grandes ou demasiado pequenos; inexistencia das trompas de falopio, ovarios deficientes que no producen óvulos; alteracións hormonais, como a existencia de demasiadas hormonas masculinas que leva a unha falla de ovulación, a escaseza dea hormona proxesterona, que non permite o sostemento do embarazo e outros feitos, como a menopausa, ou amenorrea, o vaxinismo, os quistes ou tumores.
No home, entre das principais causas, mentaremos as seguintes: a impotencia ou incapacidade de manter o membro dereito, o que impide a penetración, a falla de espermatozoides (azoospermia) ou pouca cantidade dos mesmos no líquido seminal (ligozoospermia), veas varicosas no escroto (varicocele), testículos que non baixaron dabondo ao escroto (criptorquidia) ou que teñen sufrido algún proceso de torcedura, conductos seminais bloqueados, existencia de demasiada calor no escroto, inxestión de fármacos, drogas ou productos químicos que sofre unha baixada dos espermatozoides, presencia de tumores testiculares, as enfermidades de transmisión sexual, etc.
Calquera evento que impida unha axeitada refrixeración dos testículos inflúe na fertilidade masculina. Así, por exemplo, levar prendas desaxeitadas que premen demasiado os testículos, como ocorre cos pantalóns vaqueiros moi axustados, traballar moitas horas sentado coa conseguinte compresión dos mesmos, ou telos moito tempo en contacto con algunha fonte de calor ou auga quente, son causas que se relacionan cunha diminución da fertilidade ao aumenta-la temperatura testicular e facer que os espermatozoides teñan unha capacidade menor de movemento.
Námbolos casos a presencia de problemas emocionais poden conducir á infertilidade ao impedir unha ovulación axeitada na muller ou a unha producción deficiente de espermatozoides no home. O exceso de peso ou extremada delgadeza producida nas dietas de adelgazamento ou en certas patoloxías, como a anorexia, son responsables da diminución da fertilidade en moitos casos.
A inxestión de tabaco, alcohol ou café pode levar a unha diminución da fertilidade. O alcohol durante o embarazo é responsable de algúns casos nos que este non chegue a bo fin. De igual xeito, o consumo de alcohol en varóns, fai aumenta-la temperatura dos testículos polo que reduce a mobilidade dos espermatozoides. O café reduce as probabilidades de embarazo na muller. De igual xeito a inxestión de alimentos que conteñen cafeína poden supor as mesmas consecuencias (a cafeína é un alcaloide presente en plantas coma o café (Coffea arábica), o té (Camellia sinensis), a herba mate (Ilex paraguensis), o cacao (Theobroma cacao); a laranxa, (Citrus sinensis), o limón (Citrus limon). Excitan o sistema nervioso, aumenta o ritmo cardíaco e favorece a eliminación do mexo. Un uso prolongado e abondoso produce sobreexcitación, impide sono e irrita a mucosa gástrica.)

Fitoterapia: No caso de atoparse con este problema, a parella deberá acudir a un especialista para dictaminar que non existe ningunha anomalía das anteriormente enumeradas. Así, por exemplo, faise moi axeitado, un estudio para comproba-la riqueza e mobilidade dos espermatozoides no home ou a presencia de óvulos na muller.
A nivel de parella aconsellase aproveitar os períodos de ovulación mais fortes para realiza-lo coito con vistas ao embarazo. Unha ducha con auga fresca antes do mesmo axuda a relaxarse e diminúe a temperatura do escroto. As temperaturas altas do mesmo prexudican ós espermatozoides.
A función principal da fitoterapia consistirá en utilizar aquelas plantas cuxa finalidade traducirase en: Influír nas hormonas para que produzan mais óvulos e espermatozoides. Axudar a supera-los problemas emocionais, tranquilizando á parella. Influír externamente na acidez do Ph vaxinal.

Uso Interno:
-Sauzgatillo: (Vitex agnus-castus) Infertilidade feminina porque regula as hormonas femininas, reducindo o nivel dos estróxenos, ao mesmo tempo que incrementa a producción de leite materna no caso das nais que dan o peito (40 gotas de extracto líquido) (Non tomar durante o embarazo ou se hai dubidas sobre a súa posible existencia).
-Xinseng panax: (Panax ginseng) Utilizado como recurso tradicional para aumenta-la capacidade productiva do esperma, aínda que os resultados non estean suficientemente demostrados. (Tomar comprimidos preparados). Dadas-las moitas contraindicacións desta planta, especialmente se se teñen problemas cardíacos, hipertensión ou problemas estomacais e no caso de embarazo, recomendase consultar cós especialistas).
-Té: (Magnolia sinensis): Pola súa riqueza en arginina que parece ter unha influencia no aumento dos espermatozoides (Infusións da planta seca).
-Sarxa: (Salvia officinalis) pola súa riqueza en zinc que inflúe na producción de testosterona (Infusións das sumidades florais).

Alimentación e infertilidade: Unha alimentación axeitada pode axudar a favorecer a maior fertilidade dos elementos da parella. Entre dos compoñentes que aumentan a fertilidade teríamos os seguintes:

Ácido ascórbico: (Vitamina C) Aumenta a calidade do esperma ao impedir a súa oxidación e a evitar o seu apelmazamento en forma de gromos. Entre estes os principais alimentos que conteñen esta vitamina teríamos os seguintes: os cítricos (limóns, laranxas e pomelos); verduras como as borrallas, os allos, as cebolas; froitos tenros, como as fresas, os ananas, os anacardos ou as papaias e froitos secos, como as avelas ou as améndoas.

Arginina: Contribúe á creación de espermatozoides. Alimentos ricos neste compoñente son: as cebolas, os allos, os espárragos, a avea, as coles, os pementos, as laranxas, as zenouras, as leitugas, as mazas, as améndoas, as patacas, as fabas, as espinacas, etc.

Carnitina: Aumenta a testosterona, hormona reproductiva masculina. Alimentos ricos en carnitina son: os allos, as cebolas, os pementos, as papaias, a avea, os cocos, os cítricos (limóns, laranxas e pomelos) os cogombros, as coles, cabazas, peras.

O triptófano: é un aminoácido considerado coma o mellor relaxante natural. É o precursor da serotonina, un neurotransmisor. Algúns alimentos que conteñen este compoñente: o allo, a cebola, os anacardos, a avea, a col, cabazas, castañas, cítricos en xeral, o tomate, os figos, as fabas, o mango, etc.

O zinc: Aumenta a testosterona, hormona reproductiva masculina. Alimentos ricos en zinc son: o apio, os espárragos, as borrallas, os figos, as patacas, as berenxenas, etc.

Publicado por Ferloxe -- Maio 31, 2004 10:22 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (118)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30