Xuño 27, 2004

A UE e EEUU asinan un acordo para facer totalmente compatibles os sistemas Galileo e GPS

Lendo elmundo.es:
"A vicepresidenta da Comisión Europea, Loyola de Palacio, e o secretario de Estado de EEUU, Colin Powell, asinaron hoxe na cumbre entre Europa e EEUU un 'importantísimo acordo' que garantizará a compatibilidade e interoperabilidade dos sistemas de navegación por satélite Galileo e GPS."...

galileo02580A4,1.jpg


..."Este acordo é 'unha boa nova', indicou Palacio. Permitirá 'dobla-lo número de satélites compatibles' entre os dous sistemas, considerou pola súa parte Powell.

O acordo permitirá que as sinais en aberto do futuro sistema europeo Galileo e do estadounidense GPS (Global Positioning System) sexan compatibles, polo que os usuarios poderán recibir ámbalas dúas cun mesmo receptor.

O texto acordado tras catro anos de negociacións detalla tódolos aspectos técnicos da colaboración con EEUU para o desenvolvemento do sistema europeo galileo, que debe estar operativo en 2008.

O acordo establece o reparto de frecuencias, que era o principal punto de fricción xa que as autoridades estadounidenses non querían perde-la situación de monopolio que manteñen na actualidade co seu sistema militar GPS.

Ámbolos dous sistemas serán interoperativos 'ata o maior mivel posible' na súa utilización civil, mediante a adopción dunha estructura base común de sinais para os seus respectivos servicios abertos.

Disporán de estándares interoperativos de tempo e geodesia (os métodos de medición de obxectos no espacio a traveso de sinais electromagnéticas) para facilita-lo uso conxunto dos sistemas.

O acordo sinala ademáis que 'excepto por razóns de seguridade nacional' ámbalas dúas partes non restrinxirán o uso ou acceso á información dos seus servicios abertos e só no caso de situacións de crise haberá que desenvolver un acordo específico."...

Fonte: elmundo.es

Publicado por jmpello -- Xuño 27, 2004 8:32 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (118)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30