|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (149)
ArTe (103) As Pontes (1430) Axenda (296) Ciencia (20) Comarca (175) Conexións (297) Cultura (161) Deportes (235) Ecoloxía (9) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (36) EuroEume (78) Fotografía (130) Gastronomía (14) Hardware (537) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (823) Log #irc (10) Mundo (258) Mundo Apple (584) Música (493) Na Web (996) Natureza (68) Novas (12) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (102) Piratería? (139) Ponteses (40) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (282) SenFios (206) Software (469) SOS Mourela (191) Tecnoloxía (501) Tutoriais (7) Video Dixital (319) Videoteca (22) Windows (266) Zona Gamers (382) |
Xullo 26, 200438.-REFEITAS DE VIÑOS.-de Murillon para tratamento da astenia (debilidade): Deixar amolecer, en viño branco seco, morillón refén collido; engadir azucre ó gusto e deixar ó sol ata que fermente o zume das baias. Tomar un vaso ó día. -de Nogueira para a ictericia: 3 o 4 g de follas de Nogueira secas pulverizadas, desfeitas en 150 g de viño branco. -para úlceras: A un litro de viño tinto engádeselle unha boa presa de follas secas de Agrimonia, deixando ferver uns cinco minutos. Deixar repousar e arrefriar. Lavar co líquido resultante as úlceras, chagas e varices. Si se fai unha decocción na auga pódese utilizar como aditivo na auga do baño. A mesma decocción vale para aplicar como apósito sobre erupcións dérmicas. -aperitivo e dixestivo de Asente: Deixar amolecer unha presa de sumidades florais de Asente nun litro de viño branco durante unha semana. Tomar una copiña antes ou despois das comidas, segundo se desexe como aperitivo ou dixestivo. -tónico e estimulante de Camedrio: Para elaborar un excelente viño, amolecer durante nove días 30 gramos de sumidades florais de Camedrio en viño de Xerez, ou calquera outro viño xeneroso. Tomase antes das comidas previamente filtrado. -estimulante, de Borralla: Déixanse amolecer uns 50 gramos de flores de borralla nun litro de viño branco durante dez días. Filtrar antes de tomar. -de Boldo: Estomacal, excita a fame, carminativo, contra xaquecas, cefaleas, reumatismo, reconforta os nervios: Esmagar ben 90 g de Boldo e botar nun recepente de vidro onde se lle engaden 60 g de alcohol de uva e un litro de viño branco xeneroso. Deixar amolecer durante dez días e filtrar. Tomar cinco copiñas diarias. contraindicacións: O consumo de Boldo nas súas diferentes formas está contraindicado no caso de obstrucción das vías biliares e enfermidades hepáticas graves, xa que nestes casos, aconsellase o repouso dixestivo. Pola presencia de alcaloides, non debe tomarse durante a preñez, a lactación e na nenez. -astrinxente de Bistorta contra a diarrea: pódese facer un axeitado viño astrinxente contra a diarrea, deixando amolecer en viño branco ou de Xerez, durante 15 días, 1/4 Kg. de rizoma trochado de Bistorta. Tódolos días hai que mover o envase. No caso de diarrea filtrar e tomar un vasiño. -quente antigripal e sudorífero: Ferver en 300 g de bo viño tinto, mellor se é vello, 5-10 g de Canela y 5-10 g de Cravo. Deixase ferver a boullón durante tres minutos, coase e engádense 20-40 g de azucre. Bebese moi quente. Doses: unha cunca grande de viño antes de durmirse. -de Cebolas: diurética, cura a nefrites e a albumina: Poñer en 600 g de viño branco seco, 300 g de Cebolas frescas e 100 g de mel. Deixar repousar durante un par de horas e pasar por un coador. Doses: 3 ou 4 culleradas ó día, lonxe das comidas. duración: non ten limite. -aperitivo de Milfollas: Nun litro de viño branco de Xerez ou xeneroso, engadir 50 gramos de sumidades florais de Milfollas e deixar amolecer durante 15 días. Filtrar e tomar unhas tres copiñas ó día, antes das comidas para obter o efecto aperitivo. -tónico de Sauce chorón: Preparase cun bo viño branco ó que se lle engaden 30 gramos de carapela (unha cullerada sopeira). Deixase a remollo por nove días, remexendo regularmente o amolecemento. Beber unha copiña antes de cada comida. -de Xarxa: Un litro de bo viño branco e 50 gramos de Xarxa. Deixase amolecendo por nove días, coase e espremese ben o pouso. Volvese a filtrar e tomase un vasiño de 100 cc tódolos días. Para curar feridas (uso externo) e como hipoglicemiante, emenagogo, tónico dixestivo. -de Escaramuxo tónico e vitamínico: Nun litro de viño tinto de alta graduación engadir uns 100 gramos de froitos secos (escaramuxos). Deixar amolecer durante 15 días. Filtrar e tomar unha ou dúas copiñas ó día. É vigorizante e aumenta as reservas de vitamina C. -para a uricemia: Poñer en remollo durante tres días, nun litro de viño branco, 300 g de Cebola cru cortada a rodas. Doses: dous vasiños ó día. duración do tratamento: non ten limite. -de Romeo: Diurético e estimulante. Amolecer durante 24 horas nun litro de viño branco vello, 30 g de follas de Romeo e despois filtrar moi ben e conservalo nunha botella de vidro ben pechada. Doses: Dous vasos o día, un pola mañá e outro á noite soamente cando se precise. -de Xarxa: tónico dixestivo: Deixar amolecer durante unha semana e nun litro de viño branco: 80 g de follas, despois filtrar e conservar nunha botella ben pechada. Doses: un vasiño despois das comidas principais durante todo o período que se teñan trastornos. -de Xarxa para tratamento da diabetes: Férvense durante dous minutos nun litro de viño branco seco, 100 g de follas de Xarxa. Deixar que repouse e filtrar. Un vasiño o día. -de Consolda antediarreico e reconstituente: Poñer a amolecer 70 g de rizoma nun litro de viño seco de xerez. Deixalo repousar durante 8 días e despois filtrar. Tomar dous vasiños o día antes das comidas. -para tratamento da gota: Mesturar 30 g de follas e froitos de Carapulla nun litro de viño branco, deixar amolecer durante unha semana e despois filtrar. Bebese a vasiños pola maña antes de comer. -diurético: Deixar amolecer en frío durante oito días, polo menos, 80 g de raíces de Galceran nun litro de viño branco seco. Filtrar e pasar a unha botella con tapón. Pode tomarse a culleradiñas ou vasiños, segundo se precise. -diurético: Amolecer 80-90 g de rizoma fresco de Lirio e cortado moi miudo nun litro de viño, mellor se é branco e seco. Tomar 50-60 g, unhas catro ou cinco veces o día. -de Xenebreriro: dixestivo para reumatismos: Deixar en infusión 60 g de baias de Xenebreiro e 10 g de carapela de limón durante uns 10 días nun litro de viño branco. Tomar un vasiño despois das comidas. -para cistites vesical: Poñer a amolecer durante 2 ou 3 días 130 g de carapela de polas de Sabugueiro nun litro de viño branco seco. Coar e tomar 2 ou 3 vasiños o día -anteanémico: Deixar en infusión durante 24 horas 100 g de de raíz de Herba santa con un anaco de carapela dde laranxa amarga nun litro de viño tinto. Filtrar moi ben antes de usar. Tomar 2 ou 3 vasiños o día. Publicado por Ferloxe -- Xullo 26, 2004 9:30 AMComentarios
graciñas polos "segredos" realmente moi interesante, A estas alturas e de supoñer que xa teras conseguido os murillons, pero se non e asi, podes atopalos pola zona das buliqueiras, tamen os teño visto no lado dereito do pantano, tirando pa enriba..... e por suposto se os queres mais doados, pero mais caros... hainos no gadis, en tempada e de granxa.... Publicado por : Serdin -- Setembro 29, 2007 1:14 PMA estas alturas e de supoñer que xa teras conseguido os murillons, pero se non e asi, podes atopalos pola zona das buliqueiras, tamen os teño visto no lado dereito do pantano, tirando pa enriba..... e por suposto se os queres mais doados, pero mais caros... hainos no gadis, en tempada e de granxa.... Publicado por : Serdin -- Setembro 29, 2007 1:15 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-La Guardia y Cómplices, hoy, y Efecto Mariposa, mañana
-El ´tsunami´ que viene -La beta de Opera Mobile 9.5, disponible para descarga -Google está preparando un cambio en su servicio Gmail que proporcionará a los usuarios mayor control sobre sus listas de contactos -As Pontes inició sus fiestas a ritmo de guitarreo -Narón, Valdoviño y As Pontes recibieron a 27 niños saharauis -Adega alerta de que llenar de agua la mina de As Pontes puede provocar un tsunami -Adega exige investigar las prácticas de Endesa en el Eume -Euroeume modifica os seus estatutos na Asemblea Xeral da Asociación -Codeka Arquivos
- Xullo 2008 (109)
- Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||