Xullo 29, 2004

O Museo do Mar dialoga entre Santiago e o Mar

Lendo elcorreogallego.es:
"O conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, inaugurou esta tarde no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a exposición do Xacobeo 2004 Ata o confín do mundo. Diálogos entre Santiago e o Mar.
A mostra reúne máis de 150 pezas procedentes de museos galegos, españois e de Sudamérica e indaga na historia da tradición marítima Jacobea.
Na súa intervención, Pérez Varela cualificou "de proxecto magnífico'' esta exposición e asegurou que está organizada para a cidade de Vigo e para toda Galicia."...


..."Así, o conselleiro referiuse á relación "intensa e afectiva'' que mantén Galicia co mar e os seus camiños e á importancia deste vínculo en Vigo, cidade que segundo lembrou, foi a urbe con maior crecemento xeográfico de Europa no século XX.

Pola súa parte, a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, subliñou a importancia desta mostra para dar a coñecer as peregrinacións marítimas que cualificou como "as máis utilizadas, pero tamén as máis esquecidas'' da historia xacobea.
O delegado do Consorcio da Zona Franca, Francisco López Peña, referiuse ás importantes pezas que integran esta montaxe, algunhas pertencentes á Idade de Bronce, que foron achadas no Castro vigués e que se se expoñen por primeira vez ó público.

Ademais, a mostra inclúe o importante depósito arqueolóxico que se localizou durante a construción do Museo do Mar, situado no barrio vigués de Alcabre.
A exposición, organizada pola Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, permanecerá aberta ó público ata o 30 de setembro.
O seu contido expositivo se reparte en cinco áreas diferenciadas: Os camiños do mar e a Romanización, A Cristianización, As tradicións Jacobeas, as peregrinacións marítimas, Galicia e Portugal na época dos descubrimentos e o xogo de espellos Santiago, Galicia e América.
Con anterioridade á inauguración, o Padroado do Museo do Mar mantivo un encontro presidido por primeira vez pola alcaldesa de Vigo, Corina Porro.
No transcurso desta reunión tratáronse aspectos relativos á futura programación do museo , entre eles, a preparación da exposición permanente, cuxa inauguración está prevista antes de final de ano."

Fonte: elcorreogallego.es

Publicado por jmpello -- Xullo 29, 2004 8:08 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (118)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30