|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
|
Abril 7, 2005EUROEUME SUBVENCIONARÁ O MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELAO Centro de Desenvolvemento Rural aposta pola valorización do patrimonio e polo impulso da xestión conxunta dos recursos patrimoniais do territorio. A Xunta Directiva do Grupo de Acción Local EuroEume, reunida en sesión ordinaria, aprobou a sinatura dun novo contrato de axuda dentro da iniciativa comunitaria Leader +, para o traslado do Museo Etnográfico de A Capela a súa nova ubicación, na Casa Rectoral da parroquia de Santiago de A Capela, no lugar de O Pazo. Este lugar ubicase nunha das entradas históricas ás Fragas do Eume, na cal comeza o sendeiro medieval que leva ó “Mosteiro de Caaveiro”. A dotación de fondos para este proxecto é superior aos 150.000 €. O investimento dirixirase á rehabilitación e acondicionamento deste local, que foi cedido polo Arzebispado de Santiago ao Padroado do Museo Etnográfico de A Capela por un periodo de 30 anos. O fin deste proxecto é salvagardar e dar a coñecer tanto a cultura tradicional galega, como as formas de vida características do noso país ata ben entrados os anos 70. A colección, que consta de mais de 1000 pezas, carece a día de hoxe dunhas instalacións axeitadas para realizar a súa mostra, e atópase almacenada no C.I.E.P. “Mosteiro de Caaveiro”, lugar no que naceu esta iniciativa. Tamén se aprobou a realización dun “Estudo do comercio local” do territorio que abrangue Euroeume. Este estudo ten como obxectivo obter un diagnóstico real da situación do comercio do territorio, para trazar posteriormente un Plan de Desenvolvemento centrado en buscar solucións para as principais debilidades do comercio polo miúdo. Ademais da aprobación destes proxectos, o equipo técnico de Euroeume informou á Xunta Directiva do contido do Programa Equal Muller XXI, presentado pola Deputación de A Coruña conxuntamente con diferentes ONG´s, fundacións, empresas, e no que Euroeume constitúe o único Grupo de Acción Local envolto no mesmo. Este proxecto, ademais das características actuacións de formación, accións de difusión e estudos sobre cuestións de conciliación da vida familiar e laboral, inclúe un apartado de cooperación transnacional con Italia e Polonia. Outro dos asuntos tratados nesta sesión foi a apertura dun proceso de selección de ofertas para a contratación dunha asistencia técnica de arquitectura, para a supervisión e control dos proxectos presentados ó aveiro da Iniciativa Comunitaria Leader +. Por outra parte, no transcurso da reunión acordouse celebrar a vindeira Asamblea Xeral de Euroeume na Casa da Cultura de A Capela o vindeiro 5 de maio ás 19.30 h. Na mesma, ademais de presentarse as contas do ano anterior e facer un resumo das actividades realizadas ó longo do pasado exercicio, vanse trazar as liñas estratéxicas fundamentais para o seguinte exercicio. Publicado por CyberMODE -- Abril 7, 2005 12:00 PMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III
-As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición -As Pontes organiza un taller de fotografía para jóvenes en Navidad -Fernando Blanco: "La eólica marina carece de sentido en una costa como la nuestra" -Belen vivinte para o Nadal -Seara organiza unas jornadas sobre las problemáticas de la empresa en As Pontes -La pontesa Arteixo Telecom presenta un localizador para dependientes y discapacitados -El Ayuntamiento de As Pontes convoca dos plazas de policía local Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||