16 de Maio 2005

WOL (Wake on LAN)

Lendo gentoo-es.org:
"Wake-on-LAN é un estándar de redes que permite encender ordenadores remotamente. Para poder encender un ordenador remotamente, é preciso que a placa base e a tarxeta de rede soporten dito estándar.
O funcionamento consiste en envia-lo que se chama paquete 'máxico' á dirección MAC da tarxeta que está no ordenador que queremos encender. Cando unha tarxeta que está á escoita recibe dito paquete encende o ordenador no que se atopa."...


..."En linux hai varios programas que permiten o envío destos paquetes. Estos son os pasos que seguín para instalar WOL no meu Gentoo.

No ordenador que quero encender:

* Activar na BIOS tódalas opcións relativas a WOL. Algunhas tarxetas requiren ademáis conectar á placa base un cable de tre fios que normalmente inclúen.
* Instalar sys-apps/ethtool. Este programa serve para averiguar moitas funcionalidades da tarxeta de rede e modificar algunhas delas:
# emerge ethtool -av
* Comprobar se a tarxeta soporta WOL e en caso afirmativo ver se está activado:
# ethtool eth0
...
Supports Wake-on: g
Wake-on: d
Fixándonos nas dúas últimas liñas, vemos que a tarxeta soporta WOL en modo g (Supports Wake-on: g), que corresponde co modo "Wake on MagicPacket(tm)" pero non o ten activado (Wake-on: d, d = disabled). Para máis información sobre os modos consulta
# man ethtool
* Activa-lo modo WOL da tarxeta
# ethtool -s eth0 wol g
En caso de que a nosa tarxeta soporte máis modos que nos interesen podemos activalos tamén engadíndoos á liña anterior.
* Por algunha extraña razón, a maioría de drivers de rede de GNU/Linux non deixan en modo de "Escoita WOL" á tarxeta de rede, algo que non pasa en Windows. Para facer que cada vez que apaguemo-lo ordenador se quede activado o modo WOL hai que engadi-lo comando do paso anterior ó arquivo /etc/conf.d/local.stop
# echo -e "ethtool -s eth0 wol g |n" >> /etc/conf.d/local.stop
Outra posibilidade sería engadilo ó principio do arquivo /etc/init.d/shutdown.sh pero non sei por qué non funciona.
* Só falta averigua-la dirección MAC da nosa tarxeta que é a última que aparece ó executar
# ifconfig | grep HWaddr
eth0 Link encap:Ethernet HWaddr 00:01:12:FE:82:5F


No ordenador que quero usar para encende-lo ordenador anterior:
* Instala-lo paquete net-misc/wol
# emerge net-misc/wol -av
Tamén poderiamos ter instalado o mesmo paquete ethtool, pero preferín usar net-misc/wol (actualmente dispoñible para arquitecturas ~x86 ~amd64 e ~ppc) por se a súa sintaxe máis sinxela e o seu nome máis fácil de lembrar.
* Para encende-lo ordenador remoto, con esta simple orde basta
# wol 00:01:12:FE:82:5F
(00:01:12:FE:82:5F é a dirección MAC da tarxeta que averiguamos no bloque anterior).

Stolz"

Fonte: gentoo-es.org

Publicado por jmpello -- 16 de Maio 2005 as 08:20 AM 0 comentarios




Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Febreiro 2012 (25)
- Xaneiro 2012 (116)
- Decembro 2011 (113)
- Novembro 2011 (132)
- Outubro 2011 (117)
- Setembro 2011 (107)
- Agosto 2011 (89)
- Xullo 2011 (99)
- Xuño 2011 (138)
- Maio 2011 (149)
- Abril 2011 (113)
- Marzo 2011 (141)
- Febreiro 2011 (149)
- Xaneiro 2011 (146)
- Decembro 2010 (133)
- Novembro 2010 (134)
- Outubro 2010 (198)
- Setembro 2010 (109)
- Agosto 2010 (90)
- Xullo 2010 (124)
- Xuño 2010 (119)
- Maio 2010 (136)
- Abril 2010 (122)
- Marzo 2010 (112)
- Febreiro 2010 (110)
- Xaneiro 2010 (152)
- Decembro 2009 (91)
- Novembro 2009 (111)
- Outubro 2009 (118)
- Setembro 2009 (91)
- Agosto 2009 (88)
- Xullo 2009 (92)
- Xuño 2009 (124)
- Maio 2009 (217)
- Abril 2009 (212)
- Marzo 2009 (155)
- Febreiro 2009 (150)
- Xaneiro 2009 (149)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (165)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Febreiro 2012
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29      




Xerado con
Movable Type 5.12