Maio 31, 2005

Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible

Chéganos outra nota de prensa do CEIDA:
O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) inaugura hoxe, día 31 de maio, ás 20 horas a exposición 'Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible'.


Dita exposición xurde da colaboración do CEIDA coa Fundación 'Territori i Paisatge'.

Carlos Vales, director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e Jordi Sargatal director de la Fundación 'Territori i Paisatge' darán unha rolda ese mesmo día, martes 31, ás 12:30 horas para presentarlle aos medios de comunicación dita exposición.

Pasaron máis de dous anos dende a catástrofe ambiental do petroleiro Prestige, o 19 de novembro do 2002. O impacto deste suceso no medio natural e socio-económico foi evidente. A sociedade (voluntarios, mariñeiros, a plataforma Nunca Máis...) traballou para restablecer a normalidade.

O CEIDA e a Fundación Territori e Paisatge queren divulgar nesta exposición todo o que pasou por aquelas datas, axudando a descubrir o que debemos aprender todos para que estes feitos non se volvan repetir.

Esta exposición pretende dar a coñecer as consecuencias reais do vertido de fuel do Prestige para reflexionar sobre os problemas ambientais que provoca o noso consumo de enerxía. Ademáis quere estimular como fin último que os visitantes podan participar para propor novos comportamentos comprometidos que vaian cara un modelo enerxético máis sostible ambientalmente.

A exposición 'Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible' está composta por 14 paneis de 200 cm x 100 cm que falan das mareas negras, do Prestige: un barco antiguo, do transporte marítimo internacional, do que necesitamos cambiar, do impacto no medio natural e no medio socio-económico, da limpeza do fuel, da recuperación ambiental, do noso modelo enerxético baseado no petróleo, do petróleo dentro de 40 anos, da resposta da sociedade civil, do aforro, a eficiencia e as enerxías renovables, entre outros temas... ademáis a mostra inclúe unha proxección audiovisual que relata a crónica da traxedia, maquetas (sobre as aves mariñas afectadas e dun petroleiro de casco simple e dobre), dunha reproducción a escala dun barril de petróleo e panel explicativo da súa viaxe, dun módulo coa indumentaria dun voluntario e tamén un módulo de participación para que os visitantes asinen e fagan propostas.

A exposición permanecerá aberta ata finais de xuño de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas e os sábados de 11:30 a 14 horas.

CEIDA Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz s/n 15179 Liáns Oleiros
Tel. 981 630 618 Fax. 981 614 443
www.ceida.org
ceida@ceida.org

Publicado por jmpello -- Maio 31, 2005 8:26 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (11)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31