27 de Marzo 2006

Innovación e Industria convoca o seu programa de axudas para o desenvolvemento das TIC nas empresas galegas

A Consellaría de Innovación e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que convoca as axudas públicas para a incentivación de actuacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e para o desenvolvemento de aplicacións e servizos relacionados coa integración das tecnoloxías da información e as comunicacións no ámbito empresarial. O departamento dirixido por Fernando X. Blanco destinará a este programa de axudas cinco millóns de euros, distribuídos en tres anualidades de 3,3 millóns (ano 2006), un millón (ano 2007) e 700.000 euros (ano 2008) e cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).


A orde publicada hoxe no DOG establece dúas liñas de actuación para optar a estas subvencións: o acceso á Sociedade da Información e o desenvolvemento do sector das TIC. Así, os empresarios interesados en solicitar unha axuda englobada na primeira liña deberán presentar proxectos encamiñados a acadar a dixitalización da empresa a través da mellora nos elementos centrais do seu sistema de información. Os interesados deberán contemplar a implantación ou mellora da rede de datos interna da empresa, a implantación de aplicacións informáticas realizadas „a medida‰ para o solicitante, a instalación de aplicacións informáticas que faciliten as transaccións electrónicas de produtos ou servizos, ou como complemento das actuacións anteriores poderase contemplar tamén o desenvolvemento de páxinas web para a promoción comercial no exterior.

Para as subvencións ao desenvolvemento TIC, contémplanse aqueles proxectos que vaian ser executados por empresas que teñen a súa actividade empresarial e o obxecto do seu negocio especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións e será obxecto de axuda a realización de proxectos orientados á xeración e oferta ao mercado de novos produtos ou servizos no ámbito das TIC, a obtención de certificacións en metodoloxía de desenvolvemento de software e a promoción e comercialización de produtos e servizos propios.

A consellería, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, establece con carácter xeral para estas axudas unha contía máxima do 30% do investimento subvencionable para cada proxecto, se ben aqueles proxectos que sexan realizados con soporte de código aberto poderán ver elevada a achega ata o 40%. Así mesmo, cando os beneficiarios sexan micropemes ou pequenas empresas, a contía poderá ser incrementada ata dez puntos porcentuais. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 28 de abril.

Implantación das novas tecnoloxías no comercio
O DOG tamén publica hoxe outra orde de Innovación e Industria na que se convoca o programa de axudas para a incorporación das novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos comerciais retallistas. A consellería, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, achega 1,33 millóns de euros para este programa e o prazo de solicitudes para o mesmo estará aberto ata o 15 de maio.

Os comerciantes interesados ˆcuxo establecemento non pode superar os 300 m2 nin dar emprego a máis de dez traballadoresˆ poderán solicitar estas axudas para a dotación de equipos para o proceso de información e aplicacións informáticas destinados a aplicacións de contabilidade, facturación, almacén e automatización das vendas, así como para o deseño e implantación de sistemas de venda non presenciais (comercio electrónico) ou páxinas web promocionais. De igual xeito, poderán ser subvencionable a adquisición de caixas rexistradoras, terminais de punto de venda, lectores ópticos de códigos de barras, sistemas de medición e pesaxe de mercadorías, sistemas de etiquetaxe, sistemas de alarma e equipos anti-furto incorporados ao produto, equipos para o tratamento de temperatura dos produtos e equipos portátiles no caso dos vendedores ambulantes ou naqueles que se acredite suficientemente a súa necesidade polo tipo de actividade comercial.

A contía mínima de investimento subvencionable será de 1.000 euros e a máxima de 12.000, salvo no caso de deseño de sistemas de venda non presenciais e páxinas web, nas cales o investimento máximo subvencionable será de 3.000 euros. A subvención será do 40% do investimento subvencionado se ben poderá alcanzar o 50% no caso de investimentos vinculados á incorporación por parte do solicitante a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que asuman conxuntamente a posta en marcha de actuacións relativas a medios de pago, planos de fidelización, acceso a Internet, operacións de comercio electrónico, e centrais de compras e servizos, que deberán ter o visto e prace previo da consellería.

Publicado por CyberMODE -- 27 de Marzo 2006 as 08:42 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xaneiro 2009 (28)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xaneiro 2009
D L M M X VS
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31