|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1717) Axenda (355) Ciencia (20) Comarca (232) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (349) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (16) Hardware (548) Historia das Pontes (107) Humor (23) Linux/GNU (855) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (600) Música (525) Na Web (1043) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (105) Piratería? (147) Ponteses (66) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (329) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Marzo 31, 2006O goberno galego incorporarase á rede internacional das administracións públicas do software lbreSantiago de Compostela, 30 de marzo de 2006. A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria, Elena Veiguela Martínez, manifestou a vontade da Xunta de incorporarse á "Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre" na reunión que se celebrou hoxe con representantes da Secretaria de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya, e Marcelo Branco, responsábel da "Rede Internacional das Administracións Públicas polo Software Libre" coordenada pola Generalitat de Catalunya e a "Fundació Observatori per a la Societat de la Informació de Catalunya (FOBSIC)". A Rede nace da reunión que se celebrou en Barcelona o pasado mes de xuño na que participaron 22 administracións. Nese encontro acordouse dar continuidade á "Declaración de Barcelona para o avance do software libre" mediante a creación dunha Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. As comunidades autónomas que participaron nesta reunión son Andalucía, Estremadura, Madrid, Valencia, Euskadi e Catalunya. A incorporación do Goberno galego á Rede será a primeira dun Goberno autonómico despois do encontro de Catalunya. O obxectivo da Rede é fortalecer as relacións político-institucionais entre aquelas administracións que teñen o compromiso de consolidar o uso do Software Libre, deixando constancia da necesidade de traballar de xeito conxunto para difundir, estimular, desenvolver e promocionar o Software Libre como unha das ferramentas máis importantes das que dispón a sociedade para transmitir o seu coñecemento. A Consellaría de Innovación e Industria desexa aproveitar e participar nas experiencias de traballo de colaboración coas outras administracións públicas presentes na Rede. A Rede inspírase na lóxica do principal motivo de éxito da comunidade do software libre: a cooperación entre as diferentes administración públicas. O Secretario de Telecomunicacions i Societat de la Informació da Generalitat de Catalunya, D. Oriol Ferran, celebrou a incorporación á Rede da Xunta. Ferran cre que para Galiza, que empeza agora unha nova política de fomento do Software Libre, pode ser moi útil compartir experiencias con outras administracións. Publicado por CyberMODE -- Marzo 31, 2006 10:44 AM |
Novas Recentes
-O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III
-As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición -As Pontes organiza un taller de fotografía para jóvenes en Navidad -Fernando Blanco: "La eólica marina carece de sentido en una costa como la nuestra" -Belen vivinte para o Nadal -Seara organiza unas jornadas sobre las problemáticas de la empresa en As Pontes -La pontesa Arteixo Telecom presenta un localizador para dependientes y discapacitados -El Ayuntamiento de As Pontes convoca dos plazas de policía local Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||