|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1717) Axenda (355) Ciencia (20) Comarca (232) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (349) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (16) Hardware (548) Historia das Pontes (107) Humor (23) Linux/GNU (855) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (600) Música (525) Na Web (1043) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (105) Piratería? (147) Ponteses (66) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (329) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Abril 29, 2006AXENDA 21 EUROEUMEComo xa puxemos no seu coñecemento, dentro do marco da Asociación para o Desenvolvemento Rural EuroEume; os concellos de Vilarmaior, Monfero, A Capela, Cabanas, Pontedeume, San Sadurniño e Moeche, atópanse inmersos no proceso de implantación da Axenda Local 21. No momento actual, estase a rematar a recollida de información para elaborar un Diagnóstico de situación de cada un dos concellos e, por ende, do conxunto do territorio, dándolle unha perspectiva integrada que permitirá a elaboración dun Plan de Acción. Este Diagnóstico (e o posterior Plan de Acción), aséntase en dúas liñas de traballo complementarias: 1. Auditoría Técnica: consiste na recollida de datos obxectivos referidos a unha serie de dimensións de análise (Medio Ambiente, Ordenación do Terriotorio, Desenvolvemento Económico, realidade Sociocultural,..). Unha vez obtidos os datos, analízanse desde a perspectiva do desenvolvemento sustentable, cara á elaboración dun diagnóstico sobre a realidade que presentan os distintos concellos e o territorio EuroEume no seu conxunto. 2. Plan de Participación Cidadá: consiste na implicación do tecido social na elaboración desta reflexión diagnóstica, aportando e contrastando as diferentes perspectivas sociais que están presentes no territorio, nun proceso de construción de sinerxias para a implementación da Axenda 21. O Plan de Participación Cidadá aséntase centralmente na celebración de Foros nos distintos municipios, aos que se convoca aos veciños e veciñas. Na súa primeira edición, realízase unha primeira definición conxunta dos horizontes “desexados” cara o futuro do municipio, así como unha identificación das cuestións ás que cómpre dedicar unha atención prioritaria no diagnóstico e no Plan de Acción da Axenda 21. Entre finais de Marzo e mediados de Abril, foron convocados os Foros Locais en cada un dos sete concellos implicados, valorándose como moi satisfactorio o seu resultado tanto por parte do equipo técnico da Axenda como dos concellos; a aportación de ideas por parte dos veciños e veciñas asistentes permitiu obter gran cantidade de orientacións acerca da situación local. Nestes Foros participaron un total de 135 persoas, das cales, aproximadamente, a metade eran membros dalgunha asociación. A partir da próxima semana, os concellos disporán dun borrador do Diagnóstico, elaborado a partir da integración dos datos recollidos tanto na Auditoría Técnica como no Plan de Participación Cidadá. Realizado este seguimento, o borrador será contrastado nun Foro territorial, ao que se convocarán aos veciños e veciñas dos sete concellos. Así validado, o documento definitivo de Diagnóstico estará concluído a finais de Maio. O posterior paso, será o de comezar coa elaboración do Plan de Acción da Axenda 21 Local. Asdo: Jorge Fente Comentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III
-As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición -As Pontes organiza un taller de fotografía para jóvenes en Navidad -Fernando Blanco: "La eólica marina carece de sentido en una costa como la nuestra" -Belen vivinte para o Nadal -Seara organiza unas jornadas sobre las problemáticas de la empresa en As Pontes -La pontesa Arteixo Telecom presenta un localizador para dependientes y discapacitados -El Ayuntamiento de As Pontes convoca dos plazas de policía local Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||