Xuño 16, 2006

Mesa redonda “As pedras tamén morren”

Espazo en directo para a emisora local RadioEume
Sábado 17, ás 11 da mañá, no salón de actos da Casa Dopeso

Debido á destrucción patrimonial que se está a producir no lugar da Mourela, entorno ao xacemento megalítico máis importante do noso concello, nas obras do treito As Pontes-Cabreiros da Autovía Ferrol-Vilalba, consideramos necesaria a apertura dun debate local con tódalas forzas sociais das Pontes, onde xurdan unha serie de medidas encamiñadas á protección e defensa do noso patrimonio.

Dende a plataforma entendemos que este problema é un problema de todos, non só dos veciños senón tamén dos que nos representan. Por iso convocamos a todos a participar desta mesa redonda o vindeiro sábado.

Plataforma Cidadá na defensa do Círculo Lítico da Mourela


Publicado por CyberMODE -- Xuño 16, 2006 9:00 AM


Comentarios

HAY QUE ESTA TODOS ALI, ESE DÍA PARA PARA PELEXAR POLO QUE NOSO E O DE TODOS.

PARA PROTEXER NOSO PATRIMONIO E O DE TODOS

Plataforma Cidadá na defensa do
Círculo Lítico da Mourela

Publicado por : guicuba15 -- Xuño 15, 2006 12:30 AM

Hai moita mais xente sensibilizada do que se pensa, penso que facendo as cousas ben se podia haber evitar a desfeita, creo que o verdadeiro patrimonio somos nós defendendo o patrimonio, sin nós non hai patrimonio e sin patrimonio tampouco somos nós. Ánimo pensade que agora é cando se está xerando un movemento de indignación polo ocurrido, porque antes moitos non estabamos enterados, que nos sirva de lección para que non volva a ocurrir e si é certo que hai unha moratoria de 25 dias, é porque o poder está esperando a reacción, sin non hai reacción acabouse, plantear alternativas, solucións pra o que se poida salvar, espero un día de estos facer unha visita a zona para sentir dende o lugar. Unha aperta a tod@s e ánimo

Publicado por : Enrique Toba -- Xuño 15, 2006 11:53 AM

Eu non vou poder estar, pois teño un compromiso sindical en Carnota, mais propondría tomar iniciativas concretas coa apertura de varias frontes de traballo.
Tocar o mundo empresarial, pollítico, cultural, dende a frente das relacións institucionais.
Facer cousas moi concretas e populares, dende o frente do movimento activo... lúdico? un festival de música tradicional?
Idear unha publicación gratuita para difundir masivamene. é un sistema que crea sensibilidade e de feito, compromiso.
Hai moitas... veña, ideas aumentnando para discutilas!!!

Publicado por : manuel camba gayoso -- Xuño 15, 2006 9:25 PM

Gustaríame acompañarvos nesa mesa redonda, pero vaime a resultar imposible. Dalgún xeito estarei por aí, e procurarei informarme sobre o acontecido na mesma. Ánimo a tódolos membros da Plataforma e a tódolos veciños de As Pontes e de Galicia, que non deben quedar en silencio ante intervencións sobre o noso Patrimonio coma as que se están a realizar. Contade con todo o meu apoio.
Síntome profundamente avergoñado daqueles que nos toman de incautos e iñorantes e que pretenden campar ás súas anchas cos seus intereses, pisoteando a historia e faltando ó respeto ós nosos devanceiros.
A Primavera do 2006 fixo xermolar algo novo na valoración dos ponteses polo seu propio patrimonio. Probablemente en Galicia, ningunha vila sufríu un maltrato cara á súa propia historia e patrimonio como sufriron as vilas desaparecidas en As Pontes dende a década dos setenta. Cómpre non caer nos mesmos erros e deixar ás futuras xeracións o testemuño da conservación e valoración do que é noso.
Non nacín en As Pontes, pero levo algo de pontés, porque aquí naceron os avós que me ensinaron a querer e valorar as cousas vellas.

Por iso, agora e sempre, estou con todos vós.

Xabier Martínez, sempre haberá un Círculo Lítico xirando na miña obra. Os círculos ensínanme que a historia se repite cando nós o permitimos.

Publicado por : xabier -- Xuño 17, 2006 2:52 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30