Xuño 25, 2006

"ESPÍRITU 25-J"

San Xoan: NO COMMENT

Ai vai un anticipo do 25 de xullo, este modo de disfrute, esténdese a calquera día do ano xa; Viva o plastico negro, a porcallada, e o pouco respeto cos lugares da vila e co resto da xente.

Pregunta: as fichas dos permisos de cada lugar para que serven ?

IMG_6699.jpg

IMG_6679.jpg


IMG_6682.jpg


IMG_6685.jpg


IMG_6686.jpg


IMG_6688.jpg


IMG_6694.jpg


IMG_6697.jpg


IMG_6701.jpg


IMG_6702.jpg


IMG_6703.jpg


IMG_6704.jpg


IMG_6705.jpg


IMG_6706.jpg


IMG_6707.jpg


IMG_6709.jpg


IMG_6712.jpg


IMG_6713.jpg


IMG_6715.jpg


IMG_6716.jpg


IMG_6717.jpg


IMG_6718.jpg


IMG_6720.jpg


IMG_6722.jpg


IMG_6727.jpg


IMG_6728.jpg


IMG_6729.jpg


IMG_6732.jpg


IMG_6733.jpg

Publicado por hugolate -- Xuño 25, 2006 9:00 AM


Comentarios

A verdade é que vendo o visto... tamén puideron queimar as mesas e o sofá. Así xa non quedaban probas (por se acaso os multan...)

Saude!
Vemo-nos mañá!

Publicado por : Moncho do Orzán -- Xuño 25, 2006 12:12 AM

Multa o canto pra todos os porcalláns eses.

Publicado por : Recnak -- Xuño 25, 2006 1:42 AM

Pois é verdade... ¡foron ben parvos non queimalo todo!

Publicado por : Suso -- Xuño 25, 2006 10:06 AM

Segun publicaba recentemente "La Voz de Galicia" soamente tres concellos da comarca, (Ferrol, Cedeira e As Pontes), levan control e obligan a sacar permiso para a realizacion das luminarias do San xoan.
Bueno, pois no caso do noso concello, o do control, mais ben...descontrol, e o dos permisos, pois non acabo de pillalo tampouco...
¿pero non seria mellor coma fan por exemplo na praia de Riazor na coruña? Cada un fai o que lle parece, pero a primeira hora da maña, estan as brigadas do concello listas pra deixar todo coma estaba o dia anterior.
Pero claro, eiqui, non e chollo do concello, que xa limparan os que estan de festa...Si xa se ve...
Noraboa por o reportaxe fotografico de Hugo.

Publicado por : Jose A. Blanco -- Xuño 25, 2006 1:01 PM

e penoso ver esas imaxes..........:(

Publicado por : paco jarel -- Xuño 25, 2006 3:22 PM

Paseando por estas zonas na noite de San Xoán, ¿alguén podía dubidar que estabamos ante unha reinterpretación da Fraga? Sustituiuse a "tradición" das xestas polas fogueiras, pero todo o demais repitese, e ahí están as fotografías do día despois para confirmalo.
Pero comecemos polo principio: ¿que é o que autoriza o Concello? Pois as nosas autoridades permiten os foleóns en zonas VERDES, para disfrute e coidado de todo o pobo. Pero a autorización do noso goberno non só implica face-lo foleón correspondente e a responsabilidade de limpar (ja!), o permiso inclue situar as fogueiras preto de árbores e de torretas de electricidade, de acumular lumeiradas en poucos centos de metros, senon o máis importante, converter o canal 4 nunha reinterpretación da Fraga: cabanos de plástico negro coas súas correspondentes comodidades (colchóns, neveiras, sofás, etc.) a carón de cada "foleón tradicional". Bueno, e parking municipal, por suposto. Había máis coches aparcados no campo que en todo o pobo.
E sigamos: a xente que organizou a festa rachada, a que acudiu a disfrutala ¿eran nenos sen valor das consecuencias do que estaban a facer?. Eu diría que non, pero se non se coidan outros bens públicos ¿por que habiamos coidar as zonas verdes do pobo? Total, vivimos no medio do monte, se o que nos sobra é campo ¿non?
Rematando: todos puidemos ver como se montaban os cabanos e as lumeiradas, como se "disfrutaba" da festa, como son os días despois... ¿onde estaban os axentes públicos para controlar/vixiar que se cumprisen uns mínimos de respeto.
Coma sempre ¿quen quere poñerlle o cascabel ó gato?

Publicado por : Koreander -- Xuño 25, 2006 5:34 PM

As Pontes tamén dá xente coma tí. benquerido Hugo
Noraboa pola páxina, polo que fás, pola tenda na Coruña -haber si o dia que pase a tés aberta- pola tua traiectoria.

Publicado por : manolo camba gayoso -- Xuño 25, 2006 9:57 PM

Penoso, galiza merece mellor xente. O concello mira coma sempre pa outro lado. ¿Q é o q pasa? ¿fracasou a educación?

Publicado por : pablo -- Xuño 26, 2006 12:17 AM

Hoxe miro esta foto e vénseme á cabeza un escrito que leín onte sobre a merda...a merda está na vida diaria, no bar, no parque, no que consumes, no que escoitas, na natureza, na xente...para min esta imaxe é un claro exemplo de merda na natureza e na cabeza.

Publicado por : s195 -- Xuño 26, 2006 9:09 AM

O que me sorprende e que algún diga que a función do Concello e limpar a merda que outros deixan no espacio público.
Non eu recollo o meu e voe como a maioria de xente xoven e maior tamen o fai. Espero que os cartos do Concello invirtanse en preservar, mellorar e aumentar o nosos parques, non en andar recollendo as cacolas dos veciños mal educados e sucios.
Pasalo ben, liala ben gorda non significa destruir, manchar e rirse dos demais salvo para os moi...
Penso que unhas multas poden ser solución pero tamen un listado dos infractores para que os poidan leer os seus veciños, pais, nais e avos e para que o ano próximo o foleon o fagan na casa.

Publicado por : branca -- Xuño 26, 2006 10:21 AM

Penoso. Ó ver estas fotografías tan desgraciadamente coñecidas e repetidas no noso pobo, e país en xeral, cáeseme a alma ó chan.
¿Qué é o que falla na nosa sociedade? O primeiro xa é a educación e o respeto. Respeto de cara ós outros e á propia natureza, e isto pódese traballar xa na escola desde meniños. E é que as mates e a ximnasia están moi ben, pero o primeiro é o primeiro, e isto sempre é a educación e o respecto cos demáis e co entorno que nos rodea e no que, non nos esquezamos, TODOS vivimos. Eu penso desde o meu humilde punto de vista que todo falla na base. Se de nenos nos inculcasen o valor do noso e o fermoso que é ter todo o que nos rodea en bo estado, todas estas cousas non pasarían.
E é que a solución é ésta e non pasar un camión de recollida pola praia (como dicía un compañeiro que fan na Coruña) qué é amañar o mal feito e non evitalo. Non se trata de recoller (solución menos mala), senón de non emporcar, e é que non é máis limpo o que máis recolle, senón o que menos emporca.
Unha vez vin unha reportaxe dun país nórdico (penso que era Suecia) no que se falaba un pouco das xentes do país e onde se podían ver familias enteiras nas zonas verdes dos parques (sí, estas onde aquí en España teñen que poñer proteccións para que a xente non vaia rompe-las flores para pasalo tempo). Estas xentes estaban pasando unha agradable tarde de merenda cos nenos. O que me chamou a atención é que alí, a pesares de ver así á xente, estaba todo LIMPÍSIMO. A xente ía ós parques, non rompía as flores nin maltrataba as árbores e logo ó marcharen para as súas casas, recollían o pouco que puideran ter ensuciado. Según teño oído por familiares, o mesmo pasa noutros países máis cercanos a nós, coma por exemplo Alemaña ou Suíza. E eu pregúntome unha cousa, ¿¿¿por qué eles sí e nos non???
Por desgracia, mentres que noutros países a xente parece saber o importante que é ter todo limpo, non rompe-las cousas e ter educación e respeto cos veciños, no noso país parece que a xente só pensa en como foder ó veciño ou en sacar beneficio persoal a costa dos demáis e, a poder ser, sen ser visto.

Para rematar, eu penso que a solución a todos estos actos bandálicos e a outros problemas semellantes pódense resumir en tres únicas e fermosas palabras das que levo falado ata o de agora. Son: EDUCACIÓN, EDUCACIÓN e EDUCACIÓN.

Saúdos.

Publicado por : César -- Xuño 27, 2006 5:04 AM

Si home, claro que é preciso a educación... pero parece que vostede nunca vise un alemán ou un suízo fora do seu país... porque eu saio moito de carallada con estranxeiros e, en canto a civismo, deixan tanto que desexar coma nós. Se sacas á ovella do redil que o aborrega e descobre que hai outras cousas é probable que esas cousas lle gusten. ¡Cantos alemáns me teñen dito que se queren vir a vivir a España!
Educación sí... pero cando coñecen outras cousas ben que lles gustan.
Os suizos dan noxo, non deixan nin tirar da cadea do water tra-la medianoite. Iso non o consiguen grazas á educación, educación e educación, senón á REPRESIÓN, REPRESIÓN E REPRESIÓN. Seino porque mo contan de primeira man, non son especulacións miñas nin cousas que vexo na tele, onde todos sabemos que os españois sempre aparecemos bailanto sevillanas, toreando e dicindo ¡ole!

Publicado por : Suso -- Xuño 28, 2006 12:10 AM

Ola de novo.
Cita: "Os suizos dan noxo, non deixan nin tirar da cadea do water tra-la medianoite. Iso non o consiguen grazas á educación, educación e educación, senón á REPRESIÓN, REPRESIÓN E REPRESIÓN."

Pregunto. ¿parécelle mal que despois da medianoite non se faga ruido nas casas? Eu non sei qué entende vostede por liberdade ou represión, pero eu desde logo penso que un bo exemplo de educación e ó mesmo tempo tamén liberdade é poder durmir polas noites sen ter que aturar o balbordo dos veciños ás 4 da mañá... ¿Represión de quen? Eu só coñezo a dous extranxeiros en persoa pero a min nunca me teñen contado que lles vaia ninguén coa vara detrás por tirar da cadea do vater despois de medianoite, así que non entendo o que lle chama vostede represión. Estaría gustoso de escoitar o que afirma saber de primeira man (e non o dubido) respecto á represión en Suíza. Eu creo que non existe tal represión na Europa democrática na que estamos. Xa non hai toque de queda nas cidades europeas e non existe a represión como ten habido nos escuros anos pasados das dictaduras europeas. O que sí que vexo eu é que, aínda sabendo que non lles vaia entrar a Xestapo pola porta, en gran parte dos países europeos (excepto Italia que ben se sabe que son coma nós) hai respeto polos demáis e, gústenos ou non, desgraciadamente aquí en España non sucede. E é que aínda que moitos non o saiban, neste país está prohibido facer ruido a partir das 12 da noite, e isto MOITAS veces non se cumpre. ¿Por qué outros europeos tendo a mesma norma ca nós sí que a cumpren, como ben di vostede coa cadea por exemplo?

En canto a que os extranxeiros veñen aquí a pasa-lo bomba, pois é normal porque España é o país do vicio jeje e o tabaco e o alcohol está moito máis barato que noutros países europeos. ¿É malo isto? Non. Que veñan aquí, que o pasen ben e nos deixen os cartos. Pero isto xa se sae un pouco do tema inicial. Por outra banda, e xa aparte do xeral da poboación destes países dos que estamos a falar, quixera falar tamén dos chamados 'hooligans' ingleses (home, algo malo tiñan que ter tamén por ahí fora) que xa veñen con intención de destruir. A estes sí que lles hai que para-los pés porque son delincuentes. Pequeno porcentaxe que, coma non, ten que haber en tódolos sitios e que penso que non se pode dicir que tódolos europeos son irrespetuosos porque veña aquí unha pequena porcentaxe (4000 hooligans por exemplo) aquí a dar a nota na champions...


Saúdos.

Publicado por : César -- Xuño 28, 2006 7:16 AM

Home meu! Tampouco dicía que fose ir Hitler en persoa a darlles unhas vareadas! XD
Pero se che dan as de cagar ás 12:30 é unha porcallada deixar iso ahí toda a noite... ¿e se logo outro da familia quere cagar tamén? ¿Que fan... xuntan merda pra que logo se atasque o water? ¿E se teñen gastroenterite? ¡Hostia, menudo marrón! (nunca mellor dito! XD)
O que fan nestes casos os veciños é chamar á policía, que se presenta de súpeto á porta da casa e, segundo o nivel de ruído que consideren que se está a facer, poñerase a multa convinte (home, se foi pouco só é un aviso... ¿pero a que acolloaría ver un suizo, altos como son, uniformado e mirándote coma a un delincuente?)

Eu teño viaxado por uns cantos países, e iso de te-las calles impecables como as teñen que tanto impresiona ós españois non é consecuencia do civismo, senón das multas. Tirar un papel ó chan tanto, mexar contra unha árbore tanto, cuspir na rúa tanto, beber na rúa tanto,... É así como consiguen telos controladiños, non mediante a educación. Non anda a xestapo detrás, pero sí policías que te miran como a un delincuente e che poñen multas á mínima. E en Alemaña por exemplo, pobre de tí que leves unha camiseta ou algo que poña Policía... hostias! és un inimigo da orde pública!!

Como vostede dí España é o país do Vicio con maiúscula, e orgulloso que estou diso... de ser un festas e non un paisano gris. Como vostede dí non é malo, veñen a deixar os cartos, e índa por riba a eles sáelles tirado de precio. Inda me lembro o primeiro día que levei a uns italianos, uns alemáns, uns ingleses e un checo a unha cervexería a tomar unhas cañas, que custaban 1€ e quedaron todos alucinados.

En canto descobren que se pode troulear até que é de día, mexar contra unha árbore no parque (consecuencia da ausencia de baños públicos), e facer botellón... amiguiño... renegan do seu país coma do demo!

Eu non quero ser europeo... os europeos son uns tipos que se erguen pra ir traballar, están na oficina, comen na oficina, seguen na oficina, voltan á casa, pensan no traballo, van cear á casa dos veciños (ás 5 ou 6 da tarde), voltan á casa, ven a tele, e van pra a cama ás 10.
Un español chega pedindo desculpas ó xefe porque quedou durmido, traballa, vai tomar un café ó bar (ou unha cervexa se traballa na construcción ou similares), come nun bar ou no seu defecto un bó bocadillo de xamón serrano, chega á casa, chama ós colegas, baixa tomar unhas cañas, cea por ahí de pinchos e cando se decata ten que ir a correr á casa que mañá ten que madrugar.

Spain is different, and that's the reason cause everybody loves it!
(¡España é diferente, i esa é a razón pola que a todo o mundo lle gusta!)

Publicado por : Suso -- Xuño 28, 2006 2:02 PM

Asi nos vai, susiño, prefiro ser un tipo gris q non ter todo cheo d merda. Por iso estamos á cola do estado español en todo. Por pensar así. Galiza merece máis.

Publicado por : pablo -- Xuño 28, 2006 8:24 PM

Buah pabliño! ahí sí que a cagaches!
Este xeito de pensar do que eu estou a falar dase en toda España, e no levante e máis en Andalucía moito máis que na zona norte... así que xa me dirá vostede a qué carallo ven esa reflexión sobre a forma de pensar.

O que nos ten atrasados en Galiza é o olvido que tivo o Estado para con nós durante moito tempo e a merda de políticos gobernantes, que en vez de esixir o que merecemos din que sí a todo e punto. ¿Ou vé vostede que se leve a cabo o Plan Galiza entre outras moitas cousas?
Levar lévase... pasa xusto por enriba do círculo lítico da Mourela... e quenes se moveron foron os cidadáns, non os políticos.

¡Por un mundo en cor!

Publicado por : Suso -- Xuño 29, 2006 1:48 AM

Desde la lejania de un pontés, me da un poco de pena al ver estas fotografías; que tiempos aquellos en que los foleones eran otra cosa, y digo otra cosa porque antes nos preocupabamos por recoger todo, dejar el foleón bien apagado y sobre todo pasarlo bien sin fastidiar a nadie. Por favor, un poco de civismo que la Fiesta de A Fraga está a la vuelta de la esquina y me gustaría desde donde estoy ver las fotos de una fiesta increible que va a más,y no la dejadez y la despreocupación de la juventud pontesa(o por lo menos una parte) que se la suda todo. Gracias. Un saludo.

Publicado por : julius -- Xullo 1, 2006 1:51 AM

O que máis sorprende é a sorpresa. Levamos así decenas de anos. A Fraga é aínda pior. Se o que queres é que a tropa gregaria bata records de animalidade, non te podes queixar despois. A festa da Fraga está montada para desfasar: de qué carallo nos imos queixar?

Publicado por : concheiros -- Xullo 10, 2006 10:09 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30