II Xornadas técnicas de Software Libre Gulo - "A Internet Estándar"
GULO (Grupo de Usuarios Linux Ourense) organiza as II Xornadas técnicas de Software Libre Gulo - "A internet Estándar" que será impartido no Edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense do 26 ó 30 de Xuño.
Estas Xornadas pretenden facer unha difusión do Software Libre como estándar en Internet.
Trataranse contidos moi diversos, á vez que importantes e interesantes como: AJAX, routing con iptables, e-learning, multimedia, alternativas con ferramentas libres fronte ás propietarias, sistemas WIFI e moitos outros contidos.
Máis información en xornadas.gulo.es
Publicado por jmpello -- 26 de Xuño 2006 as 08:04 AM