30 de Xuño 2006

Novo partido político local

Coméntase, rumoréase, escóitase ... que se está a crear un novo partido político a nivel local con xoves de esquerdas (BNG e PSOE principalmente) da vila.


Publicado por monalisa -- 30 de Xuño 2006 as 08:55 AM


Comentarios

Supoño que algúns do BNG están buscando acubillo noutras formacións, non sexa que o ano que ven lles quiten o postiño no concello... Algún mesmo pode pasarse ao seu terceiro partido político nos últimos anos... Eso é ter as ideas claras: onde máis posibilidades teña de "pillar cacho".

Publicado por : nando -- 30 de Xuño 2006 as 11:20 AM

Supoño que algúns do BNG están buscando acubillo noutras formacións, non sexa que o ano que ven lles quiten o postiño no concello... Algún mesmo pode pasarse ao seu terceiro partido político nos últimos anos... Eso é ter as ideas claras: onde máis posibilidades teña de "pillar cacho".

Publicado por : nando -- 30 de Xuño 2006 as 11:21 AM

A falta de confirmación da creación dese partido e de saber quen o forma, se é certo que son xente nova alégrome, polo menos de entrada; xa estou ata o gorro de ver ós mesmos de sempre no concello, coas súas batalliñas de "tonto - tonto tú - tú mas ...", e vai sendo hora de que nos goberne unha nova xeración, que ogallá teña maior altura de miras e poña o interés colectivo antes que o particular (xa sei que isto é unha utopía, pero por pedir ...) . Pois nada, a esperar, e a ver se sae adiante o asunto .

Publicado por : Jose Varela -- 30 de Xuño 2006 as 02:25 PM

comezarían ben pronunciandose sobre a falta de sensibilidade e a posta en marcha do respecto polo patrimonio histórico material e inmaterial, e non facer animaladas tipo: ponte dos cornos enriba do ex-sitio mais bonito da vila, ou corta-lo ex-carballo máis vello da fraga e Dona Rita en perfecto estado de saude e 200 anos... vamos, creo que non é moito pedir...

Publicado por : hugolate -- 30 de Xuño 2006 as 04:45 PM

De ser certo estariamos ante un novo punto de inflexión no panorama político do noso concello. Mais os rumores e os bulos teñen todos as mesmas intencións particulares de fondo. Supoño que o bulo quedarase so en iso, nun bulo. Mais un bulo ben botado, se serve para que algún se remexa na súa poltrona, e replantexe a súa política desgastada e consumida.
En todo caso, ánimo a esa xente, o meu voto téñeno.

Publicado por : palleiro -- 30 de Xuño 2006 as 05:18 PM

Si é o que penso, a creación dese partido é un rumor con orixe en conversas de cachondeo ó respecto.
Se ben é certo que é frecuente nas conversas sobre política da xente, falar da necesidade de algo novo no ámbito local.
Dádevos conta da gran cantidade de xóvenes preparados que hai neste pobo, que sinten que é a súa hora, que teñen ganas de facer cousas, e sen embargo non atopan lugar no actual espectro político de As Pontes, ou non lles apetece ceder a súa independencia a ningunhas siglas.
Fixádevos qué enferruxada está a sociedade pontesa, que é prácticamente imposible mover un dedo para facer calquera cousa sen ser escudriñado e tildado de pertencer a un de dous bandos en guerra.
É unha atmósfera irrespirable para unha xuventude deseosa de facer cousas, de facerse valer, de tomar o pulso do presente.
É un imperdoable desperdicio do mellor que ten un pobo, o seu mellor patrimonio, a xente con todo o seu valor e capacidade.


Publicado por : Brais -- 30 de Xuño 2006 as 09:27 PM

hostia ,,,,beno coidao ,,,eu son "o nando"
nada que ver con "nando",este nando vamos ,,,,,so por se algen se confunde ,,,,,inda que a decir verdade tou completamente de acordo co que di :0))
beno averdade xa se nota nas maneiras de expresarse que e outro ,,,:o)))))))))

Publicado por : o nando -- 1 de Xullo 2006 as 02:22 AM

De tódolos xeitos, anque se trate dun rumor, non quita de que se poda facer realidade se a xente así o quere.
Está ben o que di palleiro, daría xenio ver algún remexérselle o cu na poltrona. Xa por iso pagaría a pena.

Publicado por : Brais -- 1 de Xullo 2006 as 12:53 PM

"Somos demasiados y no podrán pasar
por encima de los años que tuvimos que callar
por los libros prohibidos y las entradas secretas
Por todos los que un día se atrevieron a gritar
que la Tierra era redonda y que había algo mas
que dragones y abismos donde acababan los mapas
Por las noches de vacío cuando te ibas a dormir
esperando que la suerte vuelva a sonreir
con los ojos abiertos esperando un milagro

Siento que llegó nuestra hora
esta es nuestra revolución

Somos demasiados y no podrán pasar
por encima de la vida que queremos heredar
donde no tenga miedo de decir lo que pienso
por todas las canciones que empiezan a nacer
para no ser escuchadas y al fin lo van a ser
cantadas con rabia por los que siempre callaron

Siento que llegó nuestra hora
esta es nuestra revolución
Somos una luz cegadora
fuerte, mas brilante que el sol
(Revolución, este es el día de la revolución)

Por todas las canciones que empiezan a nacer
para no ser escuchadas y ala fin lo van a ser
cantadas con rabia por los que siempre callaron

Siento que llegó nuestra hora
esta es nuestra revolución
porque siento que este es el momento
de olvidar lo que nos separó y pensar en lo que nos une
(Revolución, este es el día de la revolución)
Esta es nuestra revolución"

Revolución. AMARAL

Publicado por : Ada -- 1 de Xullo 2006 as 01:13 PM

ta ben amaral,,,lastima que so se quede niso ,unha cancion,por que a himno non chega....
veña chicos animadevos imoslle facer a gerra a eses perdidos co as suas propias armas,,que temblen.....
se algen me quere ,ofrezome como concelleiro de cultura ,,,e o mais propio pa min digo eu :o)))))))))),,,,,,,,,,,,,,,
ostia ,,,paseime un pobo,,como carallo se borrara isto ....a xa sei .
.
.
.
.
.vaya penso que non era asi ,,,,uuuuppppsssssss

Publicado por : nando -- 2 de Xullo 2006 as 02:02 AM

Pois bueno, parece que é posible.
O rumor que suscitou esta nova nesta páxina ten unha orixe diferente da que pensaba.
O cal ven a ratificar que existe inquedanza, que rebule un palpitar na xuventude que non se identifica co panorama político actual.
Quizá lles sexa tarde para as próximas eleccións, pero poden ir traballando en moitos temas, darse a coñecer e mostrar o seu facer.
Anque lograran formar candidatura para as próximas, coido que o terían dificil.
Teñen que contar que se meten nunha selva, e que van a levar hostias antes de empezar. Hai moito depredador nese mundillo, e non van soltar o festín polas boas.

Publicado por : Brais -- 2 de Xullo 2006 as 05:49 PM

A min gostariame que se presentase mais xente. Gostariame por pedir unha inesa banes pontesa.
Que sexa un partido con xente xoven esta moi ben pero o ideal sería ter un goberno municipal que represente a todo o mundo os maiores, a os mais pequenos, os prexubilados, as mulleres, a xente xoven, as asociacion de veciños, os empresarios e os asalariados incluso os prexubilados. Necisitariamos por unha vez un Concello que nos representase a maioria, máis aberto e transparente, capaz de poñer paz e mans a obra.

Estamos fartos de discusións antigas. Temos dunha vez todos pasar o seculo xix que non vai ser o de as autovías nen o das minas a ceo aberto. Que loitaremos para que sexa o da ecoloxía, a solidaridade, a globalización, a investigación, as culturas e os pobos.

E se non hai opcions a min tocarame abstenerme ou votar en branco, por que os que votamos quedou claros estes meses que a min nin me representan, nin me escoitan.

Publicado por : enbranco -- 2 de Xullo 2006 as 08:08 PM

Claro claro tes razón, é máis correcto falar de xente "nova" en lugar de "xoven", no sentido de renovar e ter novas opcións.
E si están pensando en partido independente, aconsellaríalles non empeñarse nun espectro ideolóxico moi reducido, que a nivel local dadas as competencias non ten moito sentido.
Con que sexan verdadeiros demócratas e traballadores, poden darse cun canto nos dentes.
Ánimo.

Publicado por : Brais -- 2 de Xullo 2006 as 10:24 PM

O millor é que non sexa local, que sexa visitante. Xente xoven e de esquerdas parece ben, pero non confundir, por favor, co BNG, partido de dereita nacionalista (unha redundancia), e co PSOE, partido progresista e liberal, pero non de esquerdas.

Publicado por : concheiros -- 10 de Xullo 2006 as 09:53 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xaneiro 2009 (28)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xaneiro 2009
D L M M X VS
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31