|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (154)
ArTe (103) As Pontes (1474) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (190) Conexións (298) Cultura (162) Deportes (247) Ecoloxía (24) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (80) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (539) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (838) Log #irc (11) Mundo (258) Mundo Apple (588) Música (504) Na Web (1010) Natureza (86) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (142) Ponteses (46) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (284) SenFios (206) Software (471) SOS Mourela (192) Tecnoloxía (505) Tutoriais (7) Video Dixital (322) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Xullo 3, 2006COFRARIAS PONTESAS DENDE O SECULO XV (3ª Parte)A COFRARÍA E AS FESTAS DE SAN ROQUE E SAN CAETANO Xunto ás festas da Virxe da Asunción destacaban en As Pontes as festas a San Roque (16 de Agosto) e San Caetano (7 de Agosto). Polo libro desta cofraría que se conserva no arquivo da Parroquia de Santa María de As Pontes atopámonos con que sempre existíu un músico ou un gaiteiro para ameniza-la festa, e acompaña-la procesión, pero en 1820 dícesenos que tamén “el Maestro dela Escuela, y quatro Estudiantes que aiudaron a cantar la Misa de San Roque”. Dende 1783 aparece constantemente a participación de estudiantes nas celebracións. ![]() San Roque e San Caetano en procesión levados por nenos na década dos 30. A imaxe de San Roque ó fondo, consérvase na parroquia, non así a de San Caetano. O San Caetano que hoxe hai na parroquial procede da antiga Capela de Illade. (Foto Vila) No 1835 dícese “ocho rs que dio al gaitero que tocó en la festividad de San Roque. O mesmo en 1836. No resto de anos aparece a palabra músico. Ata que en 1839 faise constar que: “ocho rs qe pagó a Fran(co) Carballeira por tocar la gaita gallega el mismo dia”. En 1941 fálase tamén de “ocho rs al musico qe tocó la gaita gallega en dcho dia”. En 1842 aparece “ocho rs que tambien dio al gaitero qe toco en dha funcion”. En 1845 se dice “ocho rs al gaitero que tocó en la festividad de San Roque”. O gaiteiro Fran(co) Carballeira, non foi o primeiro gaiteiro que amenizou as festas en As Pontes. Era típico, e xa dende mediados de 1700 aparece a presencia de gaiteiros na festa pontesa en adicación a San Roque. Pero o gaiteiro Carballeira é un dos máis antigos testemuños de música en As Pontes que nos atopamos. Segundo me facilitaron os seus descendentes, era do Paraño, ía a tocar acompañado ó tambor polo seu fillo, e tiña sempre a teima de dicir que tódalas gaitas soaban igual, que o que cambiaba era o gaiteiro que a tocaba.
Por este libro puiden atopar que en 1821 quedaban todavía en As Pontes parte das murallas antigas ou polo menos a forte lembranza das mesmas, dado que se nos di: “por maiordomo entrante a Jose Ferreiro, delos extramuros de esta Villa”. San Roque non saía á rúa so na súa festa en Agosto, senón que tiña 12 procesións (polas anotacións, é probable que saira á rúa o último domingo de cada mes) ó longo do ano, como demostran as contas que se lle pagaban ó crego no 1823. En 1824 un pintor cobrou 12 reais por retocar a imaxe de San Caetano, santo que, segundo parece polas contas deste libro, foi pasando a un segundo plano a finais do XIX para deixar protagonismo a San Roque. En 1787 aparece como data: “1º Primeram(te) da en Data setenta y cinco reales de cinco libras decera blanca quefue buscar a la Billa de Neda pª la cofradia aquinze rs cada una”. E aparece unha mención ós gastos da festa: “6ª lo mismo ocho reales al musico ogaitero que toco en la fiesta de Sn Roque”, o que nos amosa que a gaita estaba presente xa nas festas pontesas no 1787. Todo este tema da cera nos está a amosar un intercambio comercial coa vila de Neda, onde traballaron en 1752 os cereiros de Santa María de Neda Juan Antonio de Orozco e Balthasar Rodríguez, e no 1859 Juan Brandariz (Cf. Antonio Vázquez Rey, Cronicas Nedenses y otros temas, Diputación de A Coruña, Neda 1994, 187-208 pp). A pratería presente nas parroquias nos reafirma neste intercambio comercial. En 1790 aparece tamén a cera que se traía de Neda: “1ª Primeram(te) da en data cinquenta y cinco reales ynporte dequatro libras decera que conpro para la cofradia, su coste qua(ta) reales, ...y los quatro restantes desu condución de la Billa de Neda aesta”. E nese mesmo ano segue aparecendo o pago ó gaiteiro pola festa: “6º tambien pago ocho reales al Musico o gaitero que toco en la fiesta segn costumbre”. En 1791 segue aparecendo que “por la conduccion de ella (cera) àla villa de Neda”. Neste caso fálase de levar cera vella para branquexar ós cereiros de Neda. En 1792 faise mención ó “musico o Gaitero que toco en la fiesta segn costumbre”. En 1793 se dice “y en ocho rs del Gaitero o musico que toco en la fiesta”. Igual en 1794. En 1795 síguese falando de ir a busca-la cera a Neda. Polas contas de 1796 podemos saber que a cofraría gardaba nunha arca a cera. En 1802 dirásenos que a arca estaba pechada porque gastáronse “ocho rrs dela fechadura dela Arca”. En 1897 roubaron o contido de esa arca, e dícese que estaba situada no coro da Igrexa. Tamén no 1796 dásenos o dato de que se gastáron dous reais por “composición dela Cruz del Guion”. Ese guión aparece en 1847, en que se di que “catorce rs que tubo la tela y conpostª del guion opendon de la cofradia”.
Podedes ver o documento orixinal premendo neste enlace FOTO DO INCENSARIO FOTO DA NAVETA En 1800, sendo párroco de As Pontes Dn Felipe Neira, a cofraría de San Roque e San Caetano mércalle a un prateiro mindoniense (Vicente Jerónimo Varela) un incensario e a naveta para transportar o incenso. A mercadoría de productos en prata en As Pontes e no seu entorno fíxose a prateiros moi diversos, tanto de Neda (Domingo de Chao no 1699, que tiña a marca de prateiro “Vazquez”) -, coma de Viveiro e Galdo (Julian Albo), así coma a Mondoñedo (Jerónimo Varela). O crego don Felipe Neira, chegou a encargar materiais coma unha lámpada de prata ó prestixioso prateiro lucense Liz de Orbazay, como publiquei nun anterior artigo. Por unha factura que se conserva na parroquia sabemos o valor total destas pezas (incensario e naveta), foi de 770 reais, das que esta cofraría aportou “ciento v(te) y tres rs con Diez y seis mrs”. Nese mesmo ano houbo obras na Igrexa que precisaron do traballo dun Carpinteiro, e pagóuselle catro reais a “Gaspar Fdz Cabarcos por componer ferraxe pª la Iglª”. Apórtasenos así o nome dun ferreiro de As Pontes no 1800. Tamén se nos aporta o nome dun carpinteiro pontés que en 1815 realizou varios reparos na Igrexa “Vicente Cebreiro, Maestro Carpintero”. En 1804 foi a Visita Pastoral do Bispo e como anecdótico quedou constancia de que algúns fondos da cofraría se destinaban a causas sociais, deste xeito dísenos: “alim(to) delos Inocentes, expositos abandonados y de su seme(jantes) y propios Padres, para cubrir sus excesos y prostitu(n)”. Nese ano, séguese levando a cera a branquexar á Vila de Neda. Non é o único caso no que se ve o carácter de axuda social de esta cofraría, senón que en 1807 apórtanse tres reais para a “latancia delos niños expositos dela Ciu(d) de Mondoñedo. No 1806 a cofraría colaborou con 151 reais para axuda dunha nova campá na Igrexa de As Pontes, dado que a anterior campá se rompera. En 1848 rematan as contas neste libro, ainda que en 1919 comezan a anotarse os nomes dalgúns dos cofrades que entran a formar parte. Estas anotacións perduraron ata 1924 en que se deixou de facer anotacións no libro da cofraría. Existen, nembargantes, na metade de libro, novas anotacións que nos indican, como xa dixen, que a Cofraría deixou de ser de San Caetano dende mediados do século XIX, tomando o protagonismo San Roque. Entre as anotacións figura un listado de Cofrades de San Roque que inicia en 1860 e que transcribo a continuación, nel vanse recollendo os cofrades que morreron por anos, neste caso no ano 1860. DOCUMENTO ORIXINAL
TRANSCRIPCIÓN: Libro de Cofrades – San Roque 1860 A continuación, van aparecendo cofrades novos entre os anos 1860 e 1883. E algunhas notas de compras (sacras, libros, manteles... para a Cofraría) entre as que cabería salientar que en 1897 aconteceu que non houbo función solemne de San Roque porque lle “Robaron la limosna toda de la Arca del Coro”. Para rematar preséntovos, a modo de exemplo, o inicio do libro e a parte máis antiga de anotacións de gastos das festas no libro da Cofraría. Comeza no ano de 1783, e dado que se nos fala neste libro dun libro vello, atopámonos cunha cofraría que se fundou con moita anterioridade, e cunhas festas que tiñan tradición e arraigo na Vila. Voltarei próximamente ó tema das Cofrarías, pero dado que nos estamos a achegar ás festas patronais que hoxe permanecen, no vindeiro artigo presentareivos a documentación fundacional do Carme, xunto cos artigos publicados por don Enrique Rivera Rouco sobre o tema. Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico LIBRO DA COFRARÍA DE SAN ROQUE E SAN CAETANO
TRANSCRIPCIÓN DO INICIO DO LIBRO (COMO EXEMPLO) Sn Roque y Sn Cayetano Stª Maria delas Puentes de Grª R(ez) Tiene principio este libro el presente año de mil setez(tos) ochenta y tres, siendo Cura de esta Parroquia delas Puentes Dn Alexandro deBouza y Maseda; sus Escusadores Dn Domingo Antº Fern(z) Cabarcos, y Dn Genaro Bentura Ledo (ilexible) y Maiordomo actual de la Cofradía de Sn Roque y Sn Cayetano Angel Gaspar Fern(z) el actual Año de 1783 Quenta qe sethoma à Ang(l) Gasp(r) Fr(ez) Cabarcos maiordomo qe hasido enel año de 1783. En la casa Rectoral dela Villa y fra. desta Maria delas Puentes de Gra. Rodrig(z) a ocho dias del mes de Septi(e) año demil setez(os) ochenta y tres Dn Alexandro de Bouza y Masseda Cura, y Retor propio dela expres(da) Villa y fra. para haver de tomar la quenta delos haveres dela Cofrad(a) des(n) Roque, y sn. Caietº., Ynclusa en esta Parroq(l) à Angel Gasp)r) Fr(ez) Cabarcos, maiordomo, qe hasido enel pres(te) año de òchenta y tres, que feneciò en diez y seis de Agosto del corr(te); nombró p(r) contadores para haver de hacerlo a Manuel Antº de Ossa y Castro, Patricio Ledo, y Josef Messia, vznos todos de esta predha villa, q(ns) con asistencia de dho Cura y mas Cofrades lo hicieron con cargo, y dacta, enla manera sig(te) Cargo 1ª Primeramen(te) sele pone p(r) cargo nuebecientos ochenta y siete rrs con doce mrs., que debió percibir de Manuel Antº de Ossa y Castro, maiordomo anterior, segn consta dela ultima quenta.......987... Descargo 1ª Primeramen(te) diò y sele admitiò en descargo trª rr(s), que tubo de coste este libro, pª tomar lasquentas, y lomas q(e) sea necesario....30 Cargo de cera Ponese p(r) Cargo àeste maiordomo doce libras de cera y dos onzas en belas, fachas, y Vallo, que costan de la ultima quenta....12—2 Data Diò de consumo en el discurso del año pª las funciones de S(n) Roque, S(n) Caietº, Juebes S(to) y Cofrades muertos cinco libras, menos de onza..................4—18 (onzs) Cargo................1371—19 Alexandro de Bouza y Maseda Quenta quese toma a Luis do Castro de Brandián Año de 1784 En la Villa delas Puentes de Garcia R(ez) a veinte dias del mes desep(te). año de mil sett(os) ochenta y quatro Dn Alexandro de Bouza y Maseda Cura y Repttor Propio destta mesma Viª y frª pasa haber de tomar la quenta de los aberes que ti(e) la Cofradia de los Gloriosos S(n) Roque y S(n) Caetano Ynclusa enestta Paroquia, a Luis do Castro Maiordomo quela serbio nombro por contadores a Manuel Antº de Osa Anjel Gaspar Fr(s) Cabarcos y Joseph Mesia Vez(nos) desta propia villa los mesmos que con asisttª del S(or) Cura sela thomaron con cargo y Dacta en la manera siguiente. Cargo 1ª Primeramente sele ponen Por Cargo settez(os) settenta y siette rr(s) v(on) con siete mr(s) Alq(e) liquido en q(e) salio Alcanzado Anjel Gaspar Fr(z) Cabarcos su Antezesor may(mo) dequien los debio percibir qe por lo mismo sele cargan.......777-07 Dactta y descargo 1º Primeramen(te) dio en Dactta y descargo cientto quar(ta) y nuebe rr(s) y mº. Coste de Doze libras y mª. y dos honzas de Zera blanca que conpro para dha cofradia en cuia parttida ban yncluidos quattro rr(s) del ttrabaxo de hir abuscarlas a la villa de neda y por lo mismo sele abonan....................149. Suma la Data ademetida por estemaiordomo se reconoce delas cinco partidas la cantid(ad) de doszientos trª y tres rrs v(on) con diez y siete mrs que rebajados de los un mil rrs del cargo parece sale alcanzado en la cantid(d) de settez(os) ses(a) y seis rrs v(on) con diez y siete mrs los mesmos que seobligo con su p(na) y () entregar al auctual may(mo). Damos por fenezida dha quenta salbamos yerro no la firma dho may(mo) por no saber hazerlo los contadores con dho may(mo) por no saber hazerlo los contadores con dho Sºr Cura Cargo..........................1000 Alexandro de Bouza y Maseda
En la Billa delas Puentes de García Rodríguez aquatro dias del mes de setie año de milsetezientos ochenta y cinco Dn Alexandro de Bouza y Maseda Cura y retor propio dehesta Billa y Frª pº aver de Thomar la quenta al Maiordomo Andres do chao que loasido dela Cofradia desn Roque y Sn Caetano del pres(te) año fenezido en diez y seis de agosto del mismo nombro por contadores pº aver de azerlo a Patrizio An() ledo Joseph Mesia y Manuel Co(s)a, quienes asistª del señor Cura quenes con asistª la hizieron con Cargo y Data en la manª sig(te)... Publicado por xabier -- Xullo 3, 2006 9:00 AMComentarios
Neste artigo díxenvos que "Por este libro puiden atopar que en 1821 quedaban todavía en As Pontes parte das murallas antigas ou polo menos a forte lembranza das mesmas, dado que se nos di: “por maiordomo entrante a Jose Ferreiro, delos extramuros de esta Villa”. Algo teño preparado sobre o tema das murallas na vila, tema do que xa nos falou Carlos Breixo nas xornadas de historia local do pasado ano. Adiantarvos so que en 1761 probablemente todavía estaba en pé a porta da Vila, pois no libro I da Cofraría do Carme, fálase dun maiordomo da Capela do Carme que se chamaba Juan López e que era oriundo de "la Puerta de la Villa". Publicado por : xabier -- Xullo 3, 2006 2:26 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-Xornada AmiguSoft-Libre
-Primeiro día de Party -Arteixo Telecom presenta un GPS para caballos de carreras de larga distancia -Galicia declarará bien de interés cultural 48 yacimientos megalíticos -La gran proyección de Rochela -El DNI electrónico se podrá usar en 14 países europeos -CampusMac 2008: Entrevista a KBG -La industria de los videojuegos amenaza a 25.000 británicos por compartir juegos en Red -Medio Ambiente replica a Verdegaia que si cierra las térmicas se acabará la luz -Portugal 0 España 1. Rochela titular Arquivos
- Agosto 2008 (66)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||