9 de Xullo 2006

Unhas imaxes da Fraga de hoxe

O amigu José Blanco envíanos unhas imaxes sobre a Fraga a día de hoxe, e coméntanos o seguinte:

Para alguns, a fraga non pode estar verde nin ter cespede. Bueno, por todo iso da botanica e a luz solar, etc. Estas son por tanto as fotos do imposibel...a fraga verde. Disfrutade destas vistas. Quedalle pouco de estar asi.

fraga 1.jpg


fraga 2.jpg

fraga 3.jpg

fraga 4.jpg

fraga 5.jpg

fraga 6.jpg

fraga 7.jpg

fraga 8.jpg

Publicado por jmpello -- 9 de Xullo 2006 as 05:31 PM


Comentarios

Por desgracia el martes comienza el asalto a la Fraga...

Publicado por : CyberMODE -- 9 de Xullo 2006 as 06:18 PM

Ese non é o estado natural dun chan dunha fraga, é un estado inducido... sonche cousas de que sexa unha carballeira urbana. Estará todo a bonita que queira a quen lle guste que esteña así, pero que non diga que ese é o seu estado natural... unha carballeira tería no chan máis fentos que herba... hai demasiados choros que se abandeiran en que ten que estar así, cando que se van a unha fraga que non esteña nun entorno tan hostil verán unha cousa moi distinta. Poden defender que lles guste vela así... pero se defenden que ese é o seu estado natural estarán faltando á verdade.

Publicado por : Suso -- 9 de Xullo 2006 as 06:25 PM

en dos palabras impre sionante

Publicado por : ala -- 9 de Xullo 2006 as 06:59 PM


Vale hoxe hai herba, ¿e qué? ¿hai toda a que debería haber? ¿canto tempo durará esa cuberta? ¿e canto tempo é a duración media dun césped?
Porque imaxino que si botan un césped será para que dure o que é razoable que dure un césped ¿non? Non os tentará o demo de pensar que é un cultivo anual.
E imaxino que votarían unha mezcla de Festuca arundinacea, Lolium perenne, e Poa pratense. A Festuca arundinacea é das cespitosas a especie máis rústica e resistente ó pisoteo e arrancamento, por eso se bota en campos deportivos, e céspedes que van a ser pisados.´

Non me preocupa que non me crean, pero sí invítovos a que vos informedes por vos mesmos.
E invítovos a que visitedes algún prado dalgún gandeiro (que puido costar como moito 400-500 euros/Ha), e comparade o grado de colonización e cuberta do solo.

Estamos a falar de algo que hai que valorar nun horizonte plurianual. ¿Que importa que a foto de hoxe che pareza tan impresionante? (que non o é)
¿Vai ser capaz de cumplir a súa función durante anos? Tapizar completamente de verde o chan da carballeira
¿Acaso non vedes XA consecuencias das condicións de umbría?
¿vedes esas manchas marrons?
¿vedes esas calvas no terreo?
Aprecianse na foto, canto máis in situ.
Eso a día de hoxe, dende que se sementou, é inconcebible nunha implantación dun césped nunha marxe razoable de calidade.
¿sabedes cómo colonizan as gramineas o terreo?
de cada semente nace unha planta, e a partir do estado de 4 follas, afilla, é decir exténdese lateralmente emitindo rizomas ou estolóns (dependendo da especie), instalándose "fillos" ó seu arredor.
O afillamento é un proceso fortemente dependente do fotoperiodo e a iluminación. Velahí unha das razóns polas que as gramineas non toleran as condicións de umbría dos bosques. Se non nai afillamento normal, non hai colonización total da superficie, os ocos van a ser ocupadas de forma espontánea por plantas mellor adaptadas a esas condicións. Tempo ó tempo.
Dentro das variedades que se empregan para céspede hai algunhas das que se afirma ter tolerancia á sombra, pero ainda así, é unha afirmación moi relativa porque as gramíneas son plantas heliófilas, e non van en condicións de umbría. Eso non significa que unha semente non vaia xerminar, a vida sempre loita por abrirse paso, outra cousa é que consiga dominar un entorno coa súa presencia.

Publicado por : Ingmar -- 9 de Xullo 2006 as 11:59 PM

Quedo abraiado coa erudición sobre as sementes e a Fraga. Lamento que tanta erudición agrícola quede reducida á barbarie o 25 de Xullo. Sic transit gloria mundi. Mentres tanto salut e força al canut.

Publicado por : concheiros -- 10 de Xullo 2006 as 12:21 AM

Quedo abraiado coa erudición sobre as sementes e a Fraga. Lamento que tanta erudición agrícola quede reducida á barbarie o 25 de Xullo. Sic transit gloria mundi. Mentres tanto salut e força al canut.

Publicado por : concheiros -- 10 de Xullo 2006 as 12:22 AM

Sí, tomádeo a cachondeo.
Non vexas qué gracia me fai ver dilapidar os cartos.

Publicado por : Ingmar -- 10 de Xullo 2006 as 12:29 AM

neste caso polo menos: unha imaxe vale máis ca 1000 palabras

Publicado por : fismi -- 10 de Xullo 2006 as 09:28 AM

E unha visita ó lugar vale máis que 1000 fotos.

Era de esperar, a maneira de pensar a base de dicotomías:
posible-imposible
luz-oscuridade
pecado-virtude
...
pero estamos falando de seres vivos, o seu desenvolvemento está suxeito á presencia de condicións e recursos dentro dunhas márxenes. Calquer factor importante que se atope en cuantía lonxe do óptimo, vai limitar o desenvolvemento, anque non lle impida unha estresada vida no curto prazo. A mellor adaptabilidade de outras especies fará o resto para facerse co lugar.
Ninguén dixo que a 9 de Xullo do 2006 non poderíades sacar esas fotos da fraga, senon que baixo unha carballeira madura un cesped non ten futuro, á marxe do ben ou mal que o traten o 25 de Xullo. O que se viña a decir é que non hai xustificación técnica nin económica para invertir 4 millóns de pesetas en césped na fraga.
Non é coherente máxime cando hai zonas de maior valor ornamental no pobo e con mellores condicións que teñen o césped visiblemente deteriorado e plagado de malas herbas.

Outra cousa é que á xente lle parezca xustificable tal gasto, por regalarse a vista un tempiño. Eu calificoo de luxo e despilfarro.
Se a xente lle parece que o pobo se pode permitir eso, alá eles.
Vos mesmos.

Os da xeración de meu abó, acadaban mellores prados apañando semente do fondo dos palleiros.

Publicado por : Ingmar -- 10 de Xullo 2006 as 11:00 AM

¡¡Eu estou con Ingmar!! O que reivindique esta chapuza como algo bó só está a amosa-la súa ignorancia.

¡Vexo que Ingmar debeu de sacar moito mellores notas cá min en botánica! hahaha... pero meu, eu sei do que falas que todo iso o tiven que estudar eu ;) Máis claro do que tí o dixeches non o podería dicir eu.

E en canto ós do concello... ¿preguntáronlle a alguén que soubese do tema en vez de botarse a facer chafalladas pra calar a boca duns poucos "ecoloxistas" ignorantes? Eu pénsovos que non... se a resposta fose que sí... ¿ese paisano estoudou algo de botanica? Iso é unha asignatura de primeiro de carreira...

Publicado por : Suso -- 10 de Xullo 2006 as 04:48 PM

Suso, coido que predicamos no deserto.
Non sexas moi duro, que han querer darnos 'leches' ata no carné de identidade ;)

Publicado por : Ingmar -- 10 de Xullo 2006 as 09:08 PM

¿qué estudias Suso?

Publicado por : Ingmar -- 11 de Xullo 2006 as 03:22 PM

TEMOS QUE CONSEGUI QUE A COMISIÓN DE FESTAS DO ANO PRÓXIMO DE PREMIOS AS CABANAS MAIS SENCILLAS E ORIXINAIS NIN PISOS NIN FARRAPO DE GAITAS
SERÍA:

1º PREMIO A CABANA MÁIS SECILLA E ORIXINAL.

2º " " " " ORIXINAL

3º " " " " SECILLA

E DESPOIS DA FESTA:

1º PREMIO AO RECINTO MÁIS LIMPO E COUIDADO.

2º " " " " " .

3º " " " LIMPO.

VIVA A FESTA DA FRAGA

POR UNHA FRAGA E SEU ENTORNO LIBRE DE CALQUE BASURA E ESTROPICIO.

POR UNHA FRAGA MELLOR.

Publicado por : GUANABO -- 20 de Xullo 2006 as 01:09 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xaneiro 2009 (28)
- Decembro 2008 (141)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (178)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xaneiro 2009
D L M M X VS
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31