|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1717) Axenda (355) Ciencia (20) Comarca (232) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (349) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (16) Hardware (548) Historia das Pontes (107) Humor (23) Linux/GNU (855) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (600) Música (525) Na Web (1043) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (105) Piratería? (147) Ponteses (66) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (329) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Xullo 17, 2006OS OFICIOS DE AS PONTES A TRAVÉS DO FONDO DOCUMENTAL DO ARQUIVO DIOCESANO DE MONDOÑEDOAinda que cómpre seguir traballando en protocolos nos arquivos, no Catastro da Ensenada e noutras moitas fontes documentais. Pareceume hora de presentarvos un “aperitivo” do que pode resultar ese traballo final. Realízoo fundamentalmente dende a documentación que ata agora fun publicando nesta sección de Historia de As Pontes en AMIGUS, e dende outros datos documentais recollidos, ata o de agora, no Arquivo Diocesano de Mondoñedo. Adico este presente artigo a José María López Ferro e ó Museo Etnográfico do Monte Caxado, co desexo de que esta lista sexa un día completada cos nomes daqueles traballadores que lembra a memoria popular da vila e que fixeron pobo nos séculos XIX e XX. AVOGADOS Joseph Pitta de Castro, “avogado vzº desta villa” que comprou o dereito de alcabalas dun muiño novo á muller de Bartholomé Rodríguez Aleas Poltro en 1757. Aparece nos documentos coma “Licdo. Dn Joseph Pita abogado de la Real Audiª de este Reyno, y vezino deesta villa”. Enfrentouse polo dereito dunha alcabala ó Bispo de Mondoñedo (16 de Septembro de 1757).
En 1267 era alcalde Juan Vermuiz, que nese ano asinou co Bispo de Mondoñedo don Munio un convenio acerca dos lindes entre As Pontes e o Burgo de Muras (Tumbo da Dignidade Episcopal de Mondoñedo publicado no Bolentín de Estudios Mariñas, Untia nº3, por D. Fernando Urgori Casado, 10 pp e ss. , o.c. – Dato facilitado polo investigador e prof. D. Carlos Breixo). En 1295 era alcalde Pedro Yannes Manna. Nese ano a vila de As Pontes todavía non estaba amurallada, resultaba vulnerable ante calquer ataque, por iso, don Pedro pediulle axuda ó Rei. (Dato da Conferencia do Prof. D. Carlos Breixo con motivo das II Xornadas de Estudios Históricos e Sociais da Asociación “Hume”). Xa no século XVI o goberno local estaba constituído por tres rexidores, entre os que se nomeaba a un alcalde e a un procurador xeral, tendo o seu mandato un ano de duración. En 1632 teniente de Meiriño do alcalde D. Pedro García de Arvá. Estaban como rexidores Diego Fernández de Ginzo, Fernán Gato e Luis Durán. (Conferencias de D. Carlos Breixo). En 1633 o alcalde era o escribano Juan da Pena, e os rexidores Rodrigo Maseda de Aguiar (veciño do Freixo), Alonso do Pico (de Porto Ferreiro) e Juan de Caveiro (da Balsa). (Conferencias de D. Carlos Breixo). Francisco Ramil – 1858, dirixiu entre ese ano e 1964 a Xunta de Beneficencia. (Cf. Arquivo Municipal de As Pontes, Anexo ó libro de Actas de 1901, fol 1 e ss.) A estos alcaldes mencionados, agrego os que houbo ata 1960, tal e como os presentou na súa páxina web o o grupo político local “Amigos das Pontes”. CALDEREROS Pacho –1811- (dato coñecido polo testamento de María Fernández, que morreu debéndolle 110 reais ó Caldereiro Pacho no 1811, fondo de testamentos documental da parroquia). CANTEIROS E ALBAÑÍS Salvador Lepina (Mestre Arquitecto), 1760, ata ese ano traballou na nave lateral do fronte da actual rectoral e na torre de campás da Igrexa de As Pontes. Faleceu, e cobrou a súa viuva por mediación do suboficial de obras. Realizou tamén a muralla que rodeaba a Igrexa, e a oseira. Juan Sueiro. 1772-1808. Era veciño de As Pontes. Deste canteiro consérvase unha factura que realizou para a parroquia no 1808, e que foi publicada no artigo “os comercios de As Pontes antes da Guerra Civil”, en AMIGUS. En 1772 xa lastrara a Igrexa parroquial. En 1792 fixo os pozos para asenta-las reixas do adro. En 1802 lousou o pórtico. Alexo Carballo. 1818. Mestre canteiro que branqueou a capela de San Vicente de Pontoibo, fixo a mesa de pedra onde se asenta actualmente o retablo de Pontoibo, e outros reparos na capela. Antonio Alén – 1819. Mestre canteiro que relousou a Igrexa. Manuel Fernández – 1853. Canteiro que baldosara a Igrexa e Sacristía de A Vilavella. Realizou tamén o muro de pedra que pecha a Vilavella e as tarimas do altar maior. Antonio Mosteiro – 1918. Mestre Canteiro que realiza a falsa bóveda da parroquia de Vilavella e amaños no coro. Andrés Fontao – 1897 – Da parroquia do Freixo, levantou con outro obreiro da mesma parroquia a muralla do adro e camposanto do Freixo que caera por varios sitios (libro de Fábrica do Freixo).
Pedro Gato 1773, carpinteiro, realizou unha porta e os seus marcos para a capela do Carme. Bentura González –1866- diferentes traballos para a o Carme. Manuel do Souto, 1881, realizou unha tarima para o altar do Carme. Juan do Caneiro – 1772, montaba o monumento de Xoves Santo e os bastidores para colocar o lienzo deste. Vicente Cebreiro – Aparece por primeira vez realizando as Andas de San Vicente de Pontoibo en 1789. Tamén aparece nas facturas de 1815, en que realiza o traballo de madeira para a obra da Igrexa. Entre 1816 e 1824 aparece montando a estructura do Monumento do Xoves Santo, en diferentes ocasións. Todavía en 1827 realizou unhas credencias pequenas para o altar maior. Fernando Cebreiro – Aparece en 1822 realizando a nova porta da capela de Pontoibo. José Pardo – 1819 – Compuxo as portas da parroquia. Jacobo do Souto – 1821 – recompuxo os bancos, e unha arca, e en 1823 montou o Monumento. Aparece tamén fabricando o monumento en, 1839, 43, 45, e ata o 1850, este último ano inclusive. José Blanco Rouco –1932- Fixo o mueble-mesado de castaño da sacristía de As Pontes onde se garda a roupa. Realizou tamén os anteriores bancos da Igrexa de As Pontes no 1937.
Domingo Ferreiro – 1819- Levou un carro de lousa para relousar a parroquia. Fructuoso Martínez – Freixo 1880.
1858 José Galán (Cf. Arquivo Municipal de As Pontes, Anexo ó libro de Actas de 1901, fol 1 e ss.)
Alº de Candamil – 1668 – cereiro ó que se levaba a refundi-la cera. En 1746 levábase a cera a “pte de heume”. Dende 1756 a cera lévase a Neda onde traballaban como cereiros Juan Antonio de Orozco, Balthasar Rodríguez (1752), e Juan Brandariz no 1859. Fco Nicolás López – 1852. Non sabemos si estaba en As Pontes. En 1871 a cera fabricábase en As Pontes, sendo cereiro don Pedro Paulino Pérez. Este cereiro aparece ata as contas de 1880.
Juan Thomas Rodríguez de Santiago. 1753. Mestre escultor que realizou o retablo maior da Igrexa de As Pontes.
Bentura Ledo – 1769. Axudou a cantar na Misa. Pagóuselle un real como axuda. FERREIROS Gaspar Fernández – 1769- Visagras e clavos para as cancelas do adro. Manuel de Castro –1790 – Realizou as “gradizelas” de ferro para as portas da entrada da Igrexa. 1907 por Antón Rodríguez Restrebada (forxa da Casa Pastor-Marraxón). Con anterioridade, no século XIX teríamos que falar de Pastor Rodríguez, ferreiro desta casa. Manuel Cabada – 1912 – coloca unha nova verxa para a pila bautismal na Vilavella.
Contamos con presencia de gaiteiros na documentación dende 1645, pero só se nomean dous: 1664. Contratouse ó Gaiteiro “Araelas” para a festa do Corpus. Páxina 74 do libro II a Cofraría do Santísimo. E en 1839 menciónase a Fran(co) Carballeira na festa de San Roque e San Caetano, libro da Cofraría de San Roque e San Caetano. HOSPITALEIROS (Datos dunha publicación que realicei, basándome nun documento parroquial de aluguer do hospital de San Xoán, para o libro das Festas do Carme e da Fraga 2004, “Un hospital para pobres, peregrinos y viandantes”, páxinas 21-29). Segundo estos datos aportados sabemos dos seguintes: Blas González – 1810. Maiordomo do Hospital de San Xoán. Non figura nese artigo pero aparece no testamento dun transeunte madrileño procedente de Sn Salvador de Couzadoiro (José Landeiro), o Hospitalero que o cuidou nese Hospital no 1814, e que era don Manuel Tojeiro. (fondo de testamentos da parroquia). FIDALGOS (A completar. Polo libro de Ana María Cuba Regueira sabemos de O Aparral; cf. o.c. 535 p): Francisco Saavedra – 1709 – O Aparral, era xuiz ordinario no coto de Roupar. ALGÚNS LABRADORES Era a maior parte da poboación, pero vou citar algúns dos que se garda copia de testamentos no fondo documental da parroquia, e que apareceran no artigo adicado ós testamentos. Miguel do Barro e a súa muller María Cruces y Fernández – 1789
Fernando José Piñeiro – En 1825 axudou a catar a Misa do Carme, e aparece nominado coma “Maestro de primeras letras”. En 1820 tamén aparece un mestre que cantaba a Misa, que posiblemente sexa xa este. MUIÑEIROS Pendiente de completar polo catastro da Ensenada. Ana María Cuba Regueira, no seu libro “O Condado de Vilalba no Antigo Réxime”, publicado pola Xunta de Galicia no 2005, presenta os de Aparral, dado que esta parroquia pertencía ó Condado de Vilalba (cf. px 524). Os de Aparral en 1753 serían: Antonio Cabarcos (Cabeza de Fornos) Polo libro de Luis M. Torrente Bellas, O Muíño de Alende, Acea das Maciñeiras, Muiños de As Pontes, Concello de As Pontes 1994, coñecemos ós vellos propietarios do de Alende, muíño anterior a 1805: Domingo Bogal Veiras e a súa muller Francisca Mosquera Soto (propietarios do Muiño de Alende que en 1871 mercou o crego Ramón Varela López, en principio eran propietarios, pero non sabemos se exercían a profesión).
Vidal Martiz – Notario do Rei en As Pontes no 1295. Ramón Penela Roca – 1871 – nese ano aparece nos documentos como “Notario del Colegio Territorial de La Coruña con residencia en la villa de Puentes”, (cf. Luis M. Torrente Bellas, O Muiño de Alende, o.c., 16 p).
Antº Enrique de Prado – 1771- Pintou nese ano o retablo maior de As Pontes. Manuel Vidal e Aguiar – 1781 - Pintor de santos, retocou imáxes da capela do Carme, en 1782 pintou a Igrexa. Pintou tamén os retablos laterais da parroquia que hoxe se trasladaron no 1908 ó Caneiro e a Yllade e que foran confeccionados no 1775. Ramón Cibreiro – 1821. Pintou a parte frontal do Altar. Alejo Carvallo – 1823. Branqueou a Igrexa. José Martínez –1851- retocou a imaxe da Virxe do Carme. José Barro – 1909 – Era de Ribadeume e pintou a Igrexa da Vilavella.
Liz de Orbazay – finais do XVIII- prateiro afincado en Lugo que realizou unha gran lámpara e unha custodia para a parroquia de Puentes, sendo párroco don Felipe de Neira. A lámpara foi roubada, e a custodia preséntoa a continuación:
Vicente Jerónimo Varela – 1800. Prateiro mindoniense que realizou moitos traballos para As Pontes. Antonio Medina – 1909, realiza amaños na cruz parroquial de Vilavella (dorar e reparos de consideración) que fora realizada a finais do XVIII por “Espiño” en Ferrol. TABERNEIROS (Por completar, ofrezco só os datos do libro de Ana María Cuba Regueira referentes a O Aparral, cf. px 523): Manuel Fernández (Pedregás- O Aparral) 1753.
Gonzalo Díaz de Aguiar y Pardo – párroco de Stª Mª de As Pontes entre 1645 e ¿1649?, donou un altar anterior ó actual da parroquia de As Pontes, do que se conservan fragmentos no actual retablo. Fran(co) Cabanillas de Balcarce – Párroco de As Pontes entre 1649 e 1656. Rodrigo Maseda y Aguiar – Párroco de As Pontes entre o 1656 e o 1670. Feliphe de la Peña y Vaamonde – Párroco de As Pontes entre 1671 e o 1692. Rosendo López de Parga – Párroco de As Pontes entre 1693 e o 1705. Joseph de Aguirre – Párroco de As Pontes en 1706. Pedro Faustino S.Thome y Aguiar 1736-1761 – párroco Stª Mª de As Pontes – fundador da Capela e Cofraría do Carme. Ynocente Piñeiro 1738 – párroco de Sta María de Vilavella Antonio Cabarcos, - 1753 - cura natural de Aparral con propiedades na mesma parroquia de 551,08 ferrados dos que estaban aforados 465,16, percibindo anualmente por eles 99 reais (Datos de Ana María Cuba Reigueira, o.c. 505 e 546 pp). Pedro Bueno y Quindós – 1753 – crego de Aparral e Roupar que tiña 5 vacas, 15 ovellas e 8 cabras. (Datos de Ana María Cuba Regueira, o.c. 517 p). Jacinto da Fraga – 1753 – crego de Ribadeume que tiña 36 vacas e 6 cabras. (Datos de Ana María Cuba Regueira, o.c. 518 p). Agustín López Santhome -1754 coadjutor de Pedro Faustino S. Thome e logo párroco de Sta María de As Pontes Joseph Fernández de la Peña y Raña – celebraba na capellanía da Virxe das dores da parroquia no 1754. Phelipe Ynocente Piñeiro – 1754 párroco de Sta Mª de Vilavella Juan Cebreiro – 1754 –natural da vila Juan Manuel Maseda y Vermúdez – 1754- párroco de O Freixo Juan Pita de Castro e Gonzalo Pita – 1754- naturais, veciños e Patróns en capellanías da Concepción e S. Miguel, respectivamente, de O Freixo. Pedro García – 1754 – veciño de Viveiro, encargado da capellanía da nosa Señora do Rosario, fillo de D. Pedro Pardo de Cela, veciño de Viveiro e que co seu irmán (tamén crego) atendían tamén as capellanías de San Antonio, San Roque e a Concepción. Antonio Francisco Cabarcos –1754- párroco de Aparral e capelán da ermida da Santa do Carballo. Luis Fernández de Coyra – 1754 – párroco de Espiñaredo Juan de Soto Mesia y Alfeirán – 1794 – aparece como maiordomo do Carme neste ano, pero está presente asinando en moitos documentos da época. A súa familia está vinculada ós Alfeirán de Viveiro, patróns da Capela da Misericordia. Luis Antonio López de Romero –1789- Párroco de Vilavella ata 1802, en que quedará vacante a parroquia ata que en 1804 chegue Modesto Perrote, que permanecerá en Vilavella como párroco ata 1815 en que tomará posesión Antonio Ron y Ruiz, que permanecerá no cargo ata 1856 en que o será Yndalecio Valles. Os seguintes, foron todos párrocos de As Pontes e xa foron presentados no artigo de AMIGUS, “Os diezmos dos cregos ponteses e do Marqués de San Saturnino nos séculos XVII e XVIII”: 1770-1791 – Alexandro de Bouza y Maseda – realizou un debuxo dun mapa de As Pontes que se conserva no Archivo Histórico Nacional e que don Enrique recolle no seu libro. SACRISTÁNS Antonio López Nogueiro – campaneiro e sacristán en 1755, aparece tamén nas contas dos anos 1757, 58, 60, 61 e 71. XUICES Dn Pedro Franco de Pico y Ulloa, “Juez y Juntta hordinaria enestta Villa de las Puentes degra. rrez”. 1770 (Cf. Artigo de AMIGUS, “A desamortización en As Pontes). AS ALCABALAS A alcabala, era o imposto indirecto rexio cobrado nos territorios pertenecentes á Coroa de Castela (incluida-las posesións hispanas en América a partires do século XVI), dende a Baixa Idade Media ata o século XIX. Cando había mercado o encargado de cobrar alcabalas recollía ese imposto, quedaba cun ínterés para sí e entregaba a alcabala ás autoridades. As autoridades eclesiásticas quixeron ter o control sobre as alcabalas e contar coas ganancias que supoñían, polo que recomendaron ás cofrarías das parroquias que puxaran por ser as xestionadoras das alcabalas dos mercados das vilas. En As Pontes os cobradores das alcabalas elixíanse a puxas, e os cobradores de alcabalas o eran por tres anos. Había tres alcabalas, tal e como recolle o libro de Contas da Cofraría do Santísimo, de donde saen os datos que aporto a continuación. Esas tres alcalas eran: a da facenda forárea (cobrábase na compra-venta de terras, casas ou gados), a do viño e a dos zapatos. ALGÚNS “ALCABALEIROS” Francisco Sardina – 1740, alcabala dos zapatos
Comentarios
Graciñas Xabier polo teu artigo, no nome do Museo Etnográfico do Monte Caxado e no meu. Coido que é de agradecer que saques á luz os nomes da xente que realmente fixo pobo ó longo dos séculos co seu traballo do día a día. Graciñas tamén pola túa loboura de amosarnos as nosas raíces, segue así. Unha aperta. Publicado por : José María López Ferro -- Xullo 18, 2006 10:22 AMNovos Datos de Oficios en As Pontes: CARPINTEIROS En 1683 Antonio Amarelo, carpinteiro veciño de Aparral realizou traballos para o Hospital de Santa Cathalina de Vilalba: "68 rs de once días que a su costa andubo Antonio Amarelo, vecino de Aparral, haciendo el corredor del hospital, a respecto cada día, a quatro rs, y un oficial suio que trabaxo ocho días, por cada día le pagó a tres rs". (do libro I do Hospital de Santa Catalina de Vilalba, Arquivo Diocesano de Mondoñedo). CIRUXANOS 1740 Fran(co) Basanta y Robinos, nese ano queda viudo de Dona María Domª (Libro de Defuncións I de As Pontes, folio 76v). ESCRIBANOS 1731-1738 Clemente del Corral, "Esº de SM" (Libro I de Defuntos da Parroquia de As Pontes, folio 17. Arquivo Diocesano de Mondoñedo). HOSPITALEIROS 11 de Agosto de 1733. Pº Díaz Pousadela "Maiordomo del hospital de dha Villa no ha presentado sulibro en la Visita, aunque, de aviso para ello por el Fabricario dela Parroquia. De Orden ael Excusador: por tanto la multa su Illmª vez de aora en veinte y dos reales de vellon aplicados para reparos del Santuario de Nª Sª de los Remedios sita extramuros de la ciudad de Mondoñedo". 1742, Juº do Cal, era un hospitaleiro pobre que coidaba dos que pasaban polo hospital, e que vivía nel. Faleceu o 30 de Setembro de 1742 (Libro de Defuntos I de As Pontes, folio 86). MILITARES 1731 Rosendo Pardo, soldado. Morreu o 13 de Agosto de ese ano (Libro de Defuncións I de As Pontes, folio 17. Arquivo Diocesano de Mondoñedo). Publicado por : xabier -- Agosto 9, 2006 8:03 PMbusco informacion desde argentina,de familiares de micaela bajo de pacho,para entablar comunicacion Publicado por : bajo juan -- Xuño 29, 2007 7:02 PMbusco informacion desde argentina,de familiares de micaela bajo de pacho,para entablar comunicacion Publicado por : bajo juan -- Xuño 29, 2007 7:02 PMbusco informacion desde argentina,de familiares de micaela bajo de pacho,para entablar comunicacion Publicado por : pacho liliana -- Xuño 29, 2007 7:03 PMbusco informacion desde argentina, de micaela bajo de pacho y familia para comunicarme Publicado por : pacho liliana -- Xuño 29, 2007 7:06 PMbusco informacion desde argentina, de micaela bajo de pacho y familia para comunicarme Publicado por : pacho liliana -- Xuño 29, 2007 7:07 PMestoy interesada en saber los párrocos que hubieron en Fernan Nuñez (Córdoba)a partir del año 1840. Gracias Publicado por : inmaculada rojo -- Agosto 13, 2007 1:01 PMMe complace informarle que Narciso Cabacos Bellas (1862-1939), propietario de ferretria "Casa Cabarcos",emplazada actualmente en Av. de Galicia, nº26, coresponde actualmente con "CASA CABARCOS" y No con Comercial "FERPU". Su descendientes que continuarón con el comercio de ferreteria fueron Pura Cabarcos Ledo, posteriormente su hijo Narciso Lorenzo Cabarcos y su esposa Antonia Duran Carreira ("Toñita de Cabarcos"), y finalmente sus hijos Fernando y Antonio("Toñin") que continuan con el negocio en la distancia. Publicado por : Fernan -- Outubro 4, 2007 7:15 PMGostaria conseguir informacao de Francisco Pires de Sousa azoriano do Pico fundador entrte outros azorianos da cidade de San Carlos no Uruguay em 1763.O nome da sua eswposa era Josefa Bitancurt.Gostaria tambem conhecer possìveis descendentes deles. Publicado por : Jeannette Pìriz Pus -- Outubro 28, 2007 12:47 AMnecesito informacion sobre los cabeiro en la Coruña. gracias Publicado por : jose maria cabeiro -- Outubro 31, 2007 10:42 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III
-As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición -As Pontes organiza un taller de fotografía para jóvenes en Navidad -Fernando Blanco: "La eólica marina carece de sentido en una costa como la nuestra" -Belen vivinte para o Nadal -Seara organiza unas jornadas sobre las problemáticas de la empresa en As Pontes -La pontesa Arteixo Telecom presenta un localizador para dependientes y discapacitados -El Ayuntamiento de As Pontes convoca dos plazas de policía local Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||