Agosto 20, 2006

Case 600.000 galegos viven hoxe en día baixo o limiar da pobreza

Lendo galicia-hoxe.com:
"A media da comunidade sitúase no 21,2 por cento do total da poboación fronte o 19,9% estatal, segundo os datos de UXT. Máis de 1.500 cidadáns están sen teito e a maioría non percibe a axuda social de emerxencia.
En Galicia viven por debaixo do limiar da pobreza un total de 583.208 persoas, o que representa o 21,2 do total da poboación, e máis de 1.500 galegos sen teito, segundo alertou onte UXT a partir dos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en decembro de 2005. No conxunto do Estado, a porcentaxe de poboación nesta situación diminúe ata o 19,9%."...


..."O sindicato UXT indicou nun comunicado que as actuais prestacións para estas persoas, a Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e a Axuda de Emerxencia Social (AES), eran percibidas a abril do 2006 por un total de 4.532 persoas, o que supón un 0,77% da poboación que se encontra en situación de necesidade.

Así mesmo UXT criticou que a dotación media das prestacións na actualidade é "só" de 328,11 euros, e que o seu incremento no período 2004-2006 foi do 5,45%, "por debaixo do incremento do IPC, que nese momento foi do 6,90%".

Estes datos mostran, para o sindicato, que ademais de "tratarse dunha contía moi baixa" esta "medra por debaixo do incremento dos prezos" o que provoca que "o poder de compra deste colectivo quede moi diminuído".

UXT resaltou, así mesmo, que estas prestacións están "feminizadas", pois o 66,31% dos perceptores da Risga son mulleres, porcentaxe que se eleva ata o 71% no caso da AES. Para o sindicato "urxe" un cambio de modelo "de loita contra a pobreza e a exclusión social". Neste sentido, levará ó Dialogo Social a proposta de implantar un "salario social" como "dereito subxectivo" cunha contía mínima equivalente ó Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e non suxeito a dotación orzamentaria. "...

Fonte: galicia-hoxe.com

Publicado por jmpello -- Agosto 20, 2006 8:51 AM


Comentarios

Estaría ben facer un estudio da situación en As Pontes.
Considérase umbral da pobreza a metade da renda media/habitante do país.
Seguramente moitos xóvenes traballadores con fillos se encontran baixo ese umbral, se cadra non en condicións de pobreza grave, pero sí en situación de precariedade social (35-50% da renda media/habitante).
E non fai falta ir ás empresas privadas máis cutres, hainos no Concello, donde o reparto en salarios do presuposto de persoal garda unha desproporción de escándalo.

Publicado por : isaac -- Agosto 20, 2006 10:28 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30