Setembro 9, 2006

O "ROTEIRO RENOVABLES 2006" CHEGARÁ O LUNS ÁS PONTES

O vindeiro luns, día 11 de Setembro, chegará á nosa vila o chamado Roteiro Renovables 2006. Así é coma o grupo ecoloxista Greenpeace denomina a este evento, consistente nunha "marcha sen CO2" polo norte de España.

Ponte en ruta. Marcha renovables 2006. Greenpeace.

Diversos colectivos locáis como a Asociación Cultural Choiva Ázeda, o Grupo Ecoloxista Niño do Azor ou os Guerrilleiros das Fragas, xa expresaron o seu apoio a esta movilización.


¿En que consiste o Roteiro Renovables 2006?

Trátase dunha iniciativa posta en funcionamento por Greenpeace-España, pola cal se pretende percorrer varias localidades da parte septentrional da península que conten con central térmica en funcionamento, tal como é o caso da central de Endesa no noso pobo, empregando pra cubrir ese traxecto medios de locomoción non contaminantes (vela, bicicleta, piragua, cabalo...).

A primeira etapa deste tour enerxético principia na cidade da Coruña o día 11 deste mes, navegando en vela durante a mañá pra chegar ó mediodía ó porto de Ferrol; xa pola tarde, farase o traxecto Ferrol - As Pontes en bicicleta. En torno ás 20.00h (hora aproximada de chegada ó noso pobo) haberá unha concentración pacífica diante da central térmica de Endesa.

Xa ó día seguinte, partirase hacia Sarria tamén en bicicleta. Será a segunda etapa dun total de 12 das que consta esta marcha ecolóxica, a cal acadará o seu final na localidade de Pasaia (Guipúzcoa) o día 22.


¿Que se demanda có Roteiro Renovables 2006?

España é o país europeo máis afectado polo cambio climático debido á queima de combustibles fósiles, coma o carbón, o petróleo e o gas, e ademáis é o país que está máis lonxe de acadar os seus obxectivos no Protocolo de Kioto. O que se demanda có Roteiro Renovables 2006 é:

- Unha aposta política decidida a favor das enerxías renovables, con obxectivos máis ambiciosos e maiores recursos económicos, e en detrimento das "enerxías sucias".

- Un aumento dos recursos destinados ás enerxías renovables e á eficiencia enerxética, por parte das compañías eléctricas.

- Retirada das subvencións ás compañías eléctricas na emisión de CO2.


¿Como podo participar no Roteiro Renovables 2006?

Todos e todas estamos convidados a sumarnos ó Roteiro Renovables 2006, na medida na que poidamos ou desexemos. Pódese percorrer parte ou a totalidade dos tramos, facer os fináis de etapa, recibir ós participantes ou sumarse ás concentracións.

Algúns dos colectivos que colabouran/apoian o evento: Asociación Cultural Choiva Ázeda, Grupo Ecoloxista Niño do Azor, Guerrilleiros das Fragas, ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia, Lapis Verde, Os Picos do Sol, Federación Ecoloxista Galega,...

Greenpeace.

Especiais grazas a anónimo.

Pra unha información máis ampla, podedes picar neste enlace.
Ou poñervos en contacto con Carmen a través do número 638101740.

Publicado por alismile -- Setembro 9, 2006 11:05 AM


Comentarios

Ánimo e todos á concentración!!! Ás 20h diante da térmica :)

Publicado por : AI2BO4 -- Setembro 9, 2006 3:31 PM

Muy bien la iniciativa de promover el uso de renovables y bajar las producción de centrales térmicas con emisión de gases efecto invernadero.
En nuestra comarca, muchas asociaciones, colectivos y ciudadanos en general apoyamos la iniciativa y esperamos que entre todos consigamos bajar las emisiones de C02.
Graciñas también a las entidades ecologistas de As Pontes, especialmente a Niño do Azor, Guerrillerios das Fragas y Choiva Azeda por la ayuda inestimable y fundamental en esta actividad.

Un abrazo, ánimo y gracias.

Antonio Garcia.

Publicado por : Antonio Gª -- Setembro 9, 2006 5:47 PM

hay q ir!

Publicado por : ecoloxito -- Setembro 10, 2006 12:28 PM

Plantexando diálogo: ¿É realmente positivo encher tódolos nosos montes de aeroxeradores? ¿Qué hai do impacto visual que estes producen? Non é por vir a defender agora as enerxías fósiles que todos sabemos dos seus inconvenientes... mais creo que sería mellor potenciá-la biomasa no canto dos eólicos ou a maremotriz... sí, producense combustións tamén... mais coa biomasa prodúcese enerxía de xeito "renovábel" e mais límpanse os montes... doble beneficio, ¿non?

Publicado por : Suso -- Setembro 11, 2006 3:42 PM

Efectivamente, Suso. Se te informas un pouco máis da campaña, poderás ver que se reclama exactamente iso que ti dis. En Galicia, eu opino coma ti, estase a abusar da colocación de eólicos en relación con outras comunidades; producindo máis danos que o simple impacto visual. Pero tamén se reclaman outros xeitos máis ecolóxicos de producir enerxía, como mediante a biomasa, a producción fotovoltaica, etc.
O que quero dicir é que non se centra en pedir sóamente eólicos en vez de enerxía producida por combustibles fósiles.
Tés máis info na web http://ponteenruta.greenpeace.org, e si queres máis, poderíache enviar cousas sobre a campaña.
Unha aperta!

Publicado por : AI2BO4 -- Setembro 11, 2006 11:35 PM

Ah vale! Gracias pola información! :)

Publicado por : Suso -- Setembro 12, 2006 1:09 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (112)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30