|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1718) Axenda (356) Ciencia (20) Comarca (232) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (350) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (16) Hardware (548) Historia das Pontes (107) Humor (23) Linux/GNU (855) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (601) Música (525) Na Web (1043) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (105) Piratería? (147) Ponteses (66) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (330) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Novembro 26, 2006Concurso Fotográfico sobre o Feísmo nas PontesXa queda pouco más de dúas semanas para que remate o prazo de presentación de fotografías sobre o feísmo no noso Concello. E polo tanto, queremos animar a participar a toda a xente que lle interese. De momento xa entregaron 7 persoas os seus sobres pechados, pero a Asociación desexa que o número de participantes aumente nos derradeiros días (como soe pasar neste país sempre que hai que entregar algo). Nós consideramos que o número de participantes tamén pode ser un síntoma da inquietude e da preocupación que a xente ten sobre o tema do urbanismo descontrolado e caótico que nos tocou vivir nos últimos decenios. Xa nos chegaron bastantes felicitacións pola iniciativa deste concurso, agora gustaríanos que éstas se manifestasen nunha boa cantidade de fotografías que mostren o estropicio arquitectónico, urbanístico e ambiental das Pontes. Máis info na web de Choiva Azeda Publicado por CyberMODE -- Novembro 26, 2006 8:27 AM Comentarios
Moi boi idea de choiva azeda. Estou preparando as miñas fotos. En As Pontes cousa máis fea que o complexo mina-central térmica non hai. Así que veña, correde a fotografiar chabolos...todo por Galicia. Hola ,queria decirlle a AFRICA ,que gracias a esa MONSTRUOSIDADE(endesa)neste pobo vivimos moitas persoas Ese progreso non é o que parece. A empresa puido ter deixado algo máis a unha vila na que deixa un bo furado. Ese pan, puido ser a costa da morte de moita xente, pode que nunha etapa da empresa se desen moitos casos de cancros na poboación de vilas cercanas donde o índice de afectados podería ser, casualmente maior. Incluso se poñemos en consonancia esta contaminación coa de Alumina Aluminio, e nos achegamos a certas zonas de confluencia entre ambas empresas. Don dinero, ás veces cálanos demasiado a boca... Á empresa impórtalle un carallo a nosa vila. Publicado por : generoso -- Novembro 27, 2006 12:26 AMClaro que sí anónimo, claro que viven moitas persoas da mina e da central. Unha cousa non quita outra. O que quería decir é que me parecería inxusto que apareceran nese concuros infinidade de fotos de chavolos, cabanos e demáis e non aparecera nin unha sola foto das mil e unha construccións e transformacións infames da paisaxe autoría de Endesa neste municipio. Saúdos Publicado por : africa -- Novembro 27, 2006 9:49 AME por certo Endesa non veu aquí a darnos nada, veu a explotar unhos recursos. Toda empresa precisa man de obra, e o intercambio da relación laboral de cada empleado: traballo por diñeiro, non pode ter a consideración de xenerosidade para co pobo por parte da empresa. E xa veredes co furado da mina e a escombrera. menos palabras, que tanto discurso é infumable, e máis fotos do que falades. :) Publicado por : raul -- Novembro 27, 2006 10:51 AMclaro raúl, tí es máis de comics ¿non sí? Publicado por : africa -- Novembro 27, 2006 2:56 PMPois non sei, pero eu penso que o feismo é algo máis o impacto medioambiental na paisaxe. Para empezar, a térmica das Pontes é fermosa a nivel de deseño, non só pola rotundidade das súas proporcións; e iso é algo que aprecia calquera que veña de fóra, porque nós estamos demasiado acostumados a vela e a tela presente. O feísmo refírese máis ben a esas construccións que, podendo ter unha imaxe aceptable e en consonancia co medio no que se atopa, é unha auténtica chapuza e denota unha enorme falta de interese polo entorno: dende casas sen pintar e co ladrillo á vista ou mistura de elementos como o aceiro en casas vellas, ata a colocación de sinais e carteis de dubidoso gusto. Impresionante!!!. E ben certo, africa. ¿a central fea?, oxtia, e unha termica de carbon!!, se fose unha queixeria, ainda se podia pintar de branco. Todo segun o mires. Non vou ser eu quen che quite a razon, mais cando parte da tua explicacion pareceme defendible e coerente. Soamente, dicir que eu, coma fillo de traballador de endesa tampouco vou tirar pedras contra o meu tellado. Pra enterdernos, creo que o que Endesa leva dado a este pobo e directamente proporcional o que nos leva roubado. :)) O discursiño este sobre Endesa é o mesmo que escoitamos nos anos setenta. Probablemente nin siquera moitos de nós falariamos de As Pontes neste blog. Probablemente estariamos en Fuerteventura e a xente de Fuerteventura falaría de nós coma Africa dos que van alá a construir pisos para alemáns. C'est la vie. Publicado por : con cheiros -- Novembro 27, 2006 11:20 PMEu non creo q endesa nos dera tudo o q nos quitou. Para empezar, Endesa é unha empresa q un dos seus pilares no estado, nos noventa, foi a termica das pontes. Gustariame poder calcular o q sacou e o q deixou, pero a cifra será moi desproporcionada, claro q nos deixou cousas, pero como dí africa polo seu interés. Así nos vai con ese conformismo da dereita galega. Publicado por : fillo de traballador de endesa -- Novembro 28, 2006 1:14 AM.... pois a esquerda do concello das Pontes, sindicatos etc etc etc ...... Publicado por : traballa... -- Novembro 28, 2006 1:31 AMPois como ben indica o meu nick eu non son nin traballador de endesa nin fillo dun traballador de endesa,e coma ben di africa pago cos meus impostos algo o que nunca tiben acceso coma son as casas do poboado, de calqueira deles. Non sei se algun cree que eso é xusto, pero non creo que faiga falta espremer moito a cabeziña para chegar a unha conclusión.Jose A. Blanco, eu me pregunto que vas sacar o dia de maña de endesa, porque si é certo que teu pai e traballador de Endesa, ou foi, pero ti non e o dia de maña vas ter as mesmas ventaxas ca min, ningunha. Que me deixou a min Endesa? Un lago!!!! Ostia!! Que chapuzos me vou pegar!!!! Por dios que nin comunicacions decentes temos!! Eas queparecia que ian vir boas estan a caer a cachos ou nos destrozan parte do noso patrimonio!!Pero claro, penso que a culpa non e da xente dehoxe en dia, porque esta é unha loita perdida hai moito tempo co conformismo, que se lle vai reclamar hoxe a endesa que de as pontes xa non saca tanto como sacou? Agora so queda apretar moito o cu para que non no la siguan metendo por detras. Publicado por : Eu non son de Endesa -- Novembro 28, 2006 8:49 AMNon concheiros, non era ou non pretendía ser o clásico discurso "ecologístilla" simplón, nin político-localista. Tén razón o que decía "menos palabras", porque o que pretendía expresar pódese resumir en duas frases: - Hay formas e formas de explotar os recursos, de tratar o entorno (natural, social, cultural), e de transformar a paisaxe. Non sei se alguen acorda como era as pontes no ano 1976 en que chegaron os foráneos. Era un grandísmo berzal, con rúas a penas asfaltadas, coas beirarrúas rotas ou inexistentes (lembrade os murallóns da avenida de Galicia cando baixabamos da Academia), cheo de xente nova, xovencísima disposta a comer o mundo. O pobo non sería nin a centésima parte do que é agora. Pode ser que non haxa que agradecer nada: non é necesario, pero é xusto e razonable recoñecer que Endesa aportou unha cualidade de vida incomparable co resto do país. E os que non traballaron en Endesa puideron aproveitarse da riqueza que foi xerando no tecido de as pontes. Agora ben: puido ter influido de xeito máis sólido coa construcción dun tecido industrial máis diferenciado, pero non houbo unha política por parte dos sucesivos gobernos locais para aproveitarse das sinerxias da central e da mina. Houbo curto prazo, salarios altísimos, condicións laborais extraordinarias (en comparación con outras empresas), beneficios sociais moi notables que contribuiron á formación de varias xeneracións de xoves. Pero tal vez non houbo (nin haberá) unha política de expansión socio económica fóra de Endesa: velaí o noso déficit eterno. gustaríame poder terciar neste debate, xa que estou convencido de que hai moita razón en todas as posturas. Pero, quero falar como socio de choiva azeda e solicitaros que participedes con boas fotografías, (xa que todos sodes xente preocupada e atenta co pasa ao redor), e reflexar o que é para vos o lado oscuro da ordenación territorial (dános completamente igual se é a central, chavolos ou o cerre dunha finca). Esperamos as vosas aportacións no enderezo de Choiva azeda ou no bar super8. Publicado por : ismael -- Novembro 28, 2006 4:37 PM.....vos si que sodes feísimos..... si non hai diñeiro, como collóns vanse facer casas bonitas? que pague a Xunta o amaño das casas, xa verás como así si que non hai feismo O amigo Edu pide cartos á Xunta ó tempo que berra Forza Depor. Haberá algo máis inconsecuente? Publicado por : concheiros -- Novembro 30, 2006 5:14 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-'Cenizas del cielo', de José Antonio Quirós
-Ence avisa: si no hay concesión eólica se quedará 30 años más en la ría de Pontevedra -As pontesas Yaiza Paleo e Patricia Blanco adestrarán coa selección galega sub15 -OMAR PERCUSSION GROUP -Apple lanza la actualización 2.2 del firmware para el iPhone -O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III -As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición -As Pontes organiza un taller de fotografía para jóvenes en Navidad Arquivos
- Novembro 2008 (117)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||