Xaneiro 28, 2007

Os prazos da extensión da banda larga adiántanse un ano

Lendo sociedadedainformacion.eu:
"As operadoras de telefonía comprometéronse a completar o plan para estender o acceso a internet de alta velocidade ao rural un ano antes do previsto. Este importante avance logrouse nunha reunión do Programa de Extensión de Banda Larga a Zonas Rurais celebrada o xoves en Santiago. En Galicia, isto supón que 3.063 novos lugares serán conectados en 2007."...


..."A xuntanza do do Comité de Seguimento do Programa deste xoves na que se pechou o acordo contou coa presencia da directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Elena Veiguela, da Consellería de Innovación e Industria.

Avances sobre os núcleos que non figuran no Programa actual
A data inicialmente prevista de finalización do Programa era outubro de 2008. Sen embargo, os operadores beneficiarios das axudas (Telefónica de España e Telecable nunha zona de Asturias) comprometéronse a finalizar o despregue antes do final de 2007.

Tamén se produciron significativos progresos na proposta dunha nova convocatoria que cubra os núcleos non incluídos no Programa actual. Ademais no Comité aprobouse un plan para a difusión do Programa dende as administracións públicas e un plan técnico para a comprobación da calidade de servizo.

Balance ata hoxe: 1.600 conexións en Galiza
Por outra banda, fíxose balance do traballo feito ata agora. En Galiza, conectáronse 1.638 núcleos dende o comezo do Programa ata o 19 de xaneiro. Nestes núcleos viven 1.014.697 cidadáns, máis do 83% dos previstos.

A nivel estatal xa se conectaron o 36% dos núcleos de poboación previstos, así como o 83% dos cidadáns españois. Máis do 37% de concellos estatais dotados de banda larga grazas ao Programa acceden por primeira vez a servizos de Internet a alta velocidade, mentres que para o resto significa ampliacións de cobertura.

Financiamento público
O obxectivo do Programa de Extensión de Banda Larga é conseguir que todo o territorio conte con servizos de banda larga, nunhas condicións técnicas e económicas similares ás actualmente existentes nas zonas urbanas. A iniciativa é coordinada con iniciativas similares das Comunidades Autónomas e baixo o principio de neutralidade tecnolóxica e concorrencia de operadores.

Para incentivar os investimentos dos operadores adxudicatarios do Programa, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio aprobou no seu momento unhas axudas públicas de 22,4 millóns de euros en subvencións e 34,7 millóns de euros en créditos reembolsables sen interese.

O Programa aplícase en once Comunidades Autónomas (Andalucía, Asturias, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León, Galicia e Murcia). Na reunión tamén participaron representantes destas Comunidades Autónomas, o Ministerio de Industria, da FEMP e de Telefónica de España."...

Fonte: sociedadedainformacion.eu

Publicado por jmpello -- Xaneiro 28, 2007 8:33 AM


Comentarios

Os progamas están moi ben, pero a realidade é máis tozuda. Veciños da Vilabella e Saa, dos casos que coñezo, figuran en todas partes que teñen acceso o ADSL, logo a realidade é ben distinta.

Publicado por : manuel -- Xaneiro 28, 2007 1:41 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Novembro 2008 (117)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Novembro 2008
D L M M X VS
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30