|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (154)
ArTe (103) As Pontes (1484) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (198) Conexións (299) Cultura (162) Deportes (250) Ecoloxía (27) Educación (29) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (81) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (540) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (838) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (588) Música (506) Na Web (1015) Natureza (92) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (143) Ponteses (47) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (285) SenFios (206) Software (473) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (506) Tutoriais (7) Video Dixital (323) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Xaneiro 31, 2007Comunicado 31/01/07: A BUROCRACIA E O DESLEIXO PODEN ACABAR COA MOURELABoas palabras, pero poucos feitos e balóns fóra agoiran un futuro pesimista para o xacemento As Pontes, 31 de xaneiro. No día de onte, tivo lugar a agardada entrevista co Director Xeral de Obras Públicas, Sr. Morato, para coñecer a opinión do seu departamanto encol do proxecto presentado por ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes para salvar o círculo lítico da Mourela. Lembremos que este proxecto propuña a construcción dun túnel en troques dunha trincheira que arrasaría o xacemento e fendería a zona arqueolóxica veciña. ![]() Lamentábelmente, logo desta conversa temos que dicir que a destrucción da Mourela está hoxe máis perto. Nun exercicio de confusionismo, inconcreción, e burocracia mal entendida, o Dir. Xeral de Obras Públicas manifestounos a súa intención de continuar co proceso administrativo en marcha, isto é, de executar o proxecto previsto inicialmente. A respeito do proxecto técnico alternativo, a D. X. de Obras Públicas valorou positivamente a proposta, indicándonos que o estudo é completo e rigoroso. No entanto, entende que resultaría imposíbel a sua execución por razóns que non acabaron de concretar. O seu discurso non abordou en ningún momento a cuestión de fondo –compatibilizar a infraestrutura coa conservación da Mourela- senón que incidía reiteradamente sobre aspeitos formais, concretamente a escrupulosidade do procedemento administrativo que a Xunta “leva facendo dende hai anos” sic. Alén disto, por parte desta D. X. insistiuse en que o procedemento está supeditado ás actuacións que a D. X. de Patrimonio está a realizar no marco da prospección arqueolóxica regulamentaria. Dende ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes lamentamos a falta de compromiso da D. X. de Obras Públicas coa conservación deste elemento patrimonial sobranceiro, máxime cando sería técnicamente posíbel e económicamente viábel levar adiante a alternativa do túnel, harmonizando o desenvolvemento territorial co respecto ao noso Patrimonio Histórico. Así o recoñeceu no seu momento a D. X. de Patrimonio que acolleu favorábelmente a proposta do túnel, amosando o apoio á alternativa de ADEGA e a Plataforma. Desgrazadamente, as esperanzas criadas están a piques de frustrarse pola miopía da CPTOPV. Non entendemos a cerrazón do departamento de Obras Públicas máxime cando o seu titular, o Sr. Morato, a respeito dun caso similar (Castro de Montealegre) declarou: “Esta presenza de elementos patrimoniais influi na elección do trazado definitivo, xa que, entre outros factores, buscouse minimizar a afección da obra sobre o patrimonio cultural. Esta circunstancia supuxo, incluso, a substitución da trincheira inicialmente formulada na zona do Castro de Montealegre por un túnel. Compatibilizar e harmonizar este desenvolvemento coa preservación do medio ambiente natural e cultural é, non só unha obriga das institucións, senón un dereito da sociedade presente e futura”. Revista TAPA, nº 35 (2003). Daquela, cambiouse o proxecto para “minimizar a afección da obra sobre o patrimonio cultural”. Agora, só se aducen motivos burocráticos e administrativos para sacrificar unha das xoias do noso patrimonio arqueolóxico, lembrado con esta actuación o desleixo e o desprezo polo propio que amosou a anterior administración. ADEGA Comentarios
¡Atención a todos!, os mítines políticos non poderán ser celebrados no Círculo Lítico, coma se tiña previsto... penso que ante as imposibilidades, vanse a facer no Alovi. Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico O comunicado é tardío pero efeitivo, o feito de que teñamos unhos incompetentes por políticos non nos pode botar pra atrais nas nosas reinvindicacións, non son só berros na noite escura, son moito máis ca iso, son identidade, son tradición, son cultura, son en fin sociedade. Esa sociedade que tanto nos gustaía ter, faise así berrando e luitando na escura noite. Desexémonos moitos folgos pra todos, pois vannos vir ven, no longo camiño que ainda nos queda. Publicado por : unmáis -- Febreiro 1, 2007 1:41 PMAHORA QUE LLEGAMOS HASTA AQUÍ NO PODEMOS CAER EN LA TENTACIÓN DEL ABADONO TENEMOS QUE DAR UN PASO ADELANTE Y DEMOSTRAR A TODOS, QUE AÚN QUE LOS POLITICOS NUESTROS, NO VALOREN EL PATRIMONIO TAN ESCECCIONAL QUE TIENEN, YA QUISIERAN OTRAS COMUNIDADES TENERLO PARA SÍ Y ESO QUE SABEN DE SOBRAS QUE PUEDE SER UN BUEN RECURSO DE DIVISAS PARA EL CONCELLO. ÁNIMO. HAY QUE SEGUIR PARA DELANTE Y TRABAJAR COMO HASTA AHORA.
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-El Ayuntamiento creará una comisión multidisciplinar para diseñar los usos del futuro lago
-Batido de calcio para combatir la enfermedad del Eume -La Xunta estudia sanciones si se confirma que la muerte de peces en el río Eume se debe a un vertido de obras -La Xunta aprueba una inversión de 5,6 millones de euros para la depuradora de As Pontes -Steinberg anuncia Cubase 4.5 y Cubase Studio 4.5 -Creative presenta los nuevos altavoces Gigaworks T40 y T20 Series II -El Concello de As Pontes planea ampliar la oferta de ocio más allá de la romería de A Fraga -El PPdeG acusa a Medio Ambiente de retrasar la ejecución de depuradoras -Sony lanzará en noviembre la televisión de LCD más delgada y ligera del mundo -Lanzada una segunda beta de Explorer 8 para un público más amplio Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||