Febreiro 7, 2007

Declaración cidadá na defensa da necrópole megalítica da Mourela

O presente documento pretende ser unha ferramenta social na defensa do Círculo Lítico da Mourela, nas Pontes de García Rodríguez, debido ao paso do trazado da AG-64 Ferrol-Vilalba por riba deste elemento patrimonial.

A lexislación actual contempla os dereitos e os deberes dos cidadáns en materia de conservación e defensa do patrimonio, por isto e facendo uso deste poder social, as diferentes persoas abaixo relacionadas, queren manifestar por medio desta declaración, a súa repulsa á destrucción do círculo lítico e o seu apoio ás alternativas e propostas plantexadas:

A construcción dun túnel que evite a destrucción da necrópole e o seu estudo, reconstrucción e posta en valor.

Para asinar, cubre este formulario. - Para firmar, cubre este formulario.

A construcción dun túnel

A solución mantida pola actual Consellería de Política Territorial, pasa pola construcción dunha trincheira de máis de 50 metros de profundidade no lugar da Mourela. O impacto visual que isto tería na zona sería brutal, por non falar da desestructuración e fragmentación que se producirían nun conxunto formado por tres mámoas. A alternativa proposta non só minimizaría o impacto arqueolóxico do conxunto megalítico senón que ademais permitiría realizar un estudo e posta en valor minuciosos do lugar, pródigo en restos prehistóricos.

O cálculo técnico e económico encargado polas nosas organizacións a un equipo técnico profesional, revela que o gasto de execución do túnel, encadraríase perfectamente dentro do marxe presupuestario que determina a Lei de Contratación das Administracións Públicas, a cal establece un incremento máximo de ata un 10% sobre o presuposto total do tramo e que neste caso suporía só un 5,3%, co que se atoparía dentro do marxe legal autorizado.

Todo isto nun momento no que toda a arqueoloxía galega ten os seus ollos depositados nas escavacións da Mourela, pois os datos que estas investigacións proporcionarán, servirán con toda probabilidade para definir un anaco máis da Prehistoria galega e como non das nosas orixes primitivas.

Cabe apuntar tamén que aló polo ano 2001 decidiuse construir un túnel baixo o Castro de Montealegre no concello do Morrazo, debido á execución da autovía, no canto dunha trincheira como a proxectada na Mourela que puña en perigo a integridade deste ben patrimonial. Neste caso a presión social tamén foi decisiva para a construcción do túnel. Logo, os antecedentes existen, o reclamo social existe, os medios técnicos e económicos existen, e a razón reclama cordura.

A reconstrucción do pasado

Diferentes investigadores e arqueólogos galegos consultados apuntan hacia a etnoarqueoloxía como a metodoloxía fundamental para afrontar unha reconstrucción in-situ do círculo lítico maior da Mourela. Todos coinciden na viabilidade dun proxecto destas características e apuntan hacia unha posíbel reestructuración da paisaxe do entorno, profundamente degradado pola actividade industrial do polígono dos Airíos.

A proposta non é nova, existen tamén antecedentes de reconstruccións de monumentos noutros lugares do mundo e incluso de círculos líticos, nas illas británicas e na bretaña francesa.

Ademais contamos coa referencia fotográfica de Maciñeira, que aló polo ano 1900 retrata un estado semialterado do círculo lítico maior e que podería axudar a definir unha reconstrucción parcial da estructura. Esta proposta é secundada amplamente por diferentes investigadores e profesionais da arqueoloxía en Galiza, e ven a por de manifesto a existencia dunha segunda alternativa á destrucción do conxunto megalítico, medrando así ainda máis a sinrazón da execución da sentenza.

As persoas asinantes cremos na viabilidade das alternativas plantexadas e na necesidade da súa execución, polo que demandamos das administracións competentes (Consellería de Política Territorial, Consellería de Cultura e Concello das Pontes), a sensibilidade suficiente como para evitar por en perigo a perda da nosa identidade.

Confiados de que a suma das sinaturas deste documento sexan representación suficiente da vontade popular galega, manifestada na defensa da necrópole da Mourela, facemos do SOS Mourela un berro de dignidade.

Para asinar, cubre este formulario.

Para firmar, cubre este formulario.

Publicado por redaccion -- Febreiro 7, 2007 9:00 AM


Comentarios

Supoñamos que destrúen a necrópole da Mourela, ¿por qué non destruir se fora necesario para "o progreso" a Torre de Hércules, ou a catedral de Compostela? Coido que os significados históricos da Mourela son tanto ou máis importantes que a torre e a catedral se do que se trata é de ter unha visión axeitada do pasado e da realidade da Galiza.

Publicado por : Félix Soria -- Febreiro 8, 2007 11:38 PM

Problemas técnicos impídennos asinar onde é debido. Deixamos aquí este comentario para que serva como apoio ao nivel das sinaturas.ADIANTE!

Asociación O Fervedoiro
Cuntis
ofervedoiro.blogaliza.org

Publicado por : O Fervedoiro -- Febreiro 10, 2007 4:11 PM

Podedes entrar aqúi e ver o que opina a xente do tema da recollida de sinaturas e incluso do nome da páxina de amigus, Haiii susiño, susiño...

Publicado por : pepiño -- Febreiro 10, 2007 6:31 PM

http://www.blogoteca.com/arandeeira/index.php?cod=9346

Publicado por : pepiño -- Febreiro 10, 2007 6:32 PM

Benqueridos amigos irmandiños:

A loita por conservar cada recuncho do noso desprezado país, por cada anaco de historia, por cada monumento vexetal, por cada vestixio arqueolóxico debe continuar. A unión fai a forza, e entre todos consiguiremos rescatar dignidade que nos foi usurpada, a nosa identidade que se nos quere agochar.
Ánimo!! Non estades sos,...

Publicado por : Héitor Picallo -- Febreiro 11, 2007 12:13 AM

Home pepiño, nin que non dixese eu veces e veces que o nome da asociación non me parece en absoluto orixinal! O logo (o nome coa @ e a tipografía usada) sí me gusta, pero o nome lémbrame demasiado a Amigos... de As Pontes. E como ben se dí dende a Amigus, esta asociación non se casa políticamente con ninguén.

Publicado por : Suso -- Febreiro 11, 2007 4:55 PM

Pode ser tamén que o nome Amigos de As Pontes, semelle o de @migus. Todo depende de como se mire susiño. Se mudala perspectiva todo torna diferente, así con todo, non o esquezas.

Publicado por : pepiño -- Febreiro 11, 2007 6:01 PM

Pode ser tamén que o nome Amigos de As Pontes, semelle o de @migus. Todo depende de como se mire susiño. Se mudala perspectiva todo torna diferente, así con todo, non o esquezas.

Publicado por : pepiño -- Febreiro 11, 2007 6:02 PM

Amigos de As Pontes existe dende antes que Amigus... eu chámome igual que o meu pai, non é o meu pai o que se chama coma min.

Publicado por : Suso -- Febreiro 12, 2007 2:22 PM

Asociación Informática Amigus es el nombre, la coletilla "de As Pontes" es por que por suerte la asociación nacio en As Pontes ;)

Asociación Informática Amigus (As Pontes)

No obstante en aspontes.net nos llaman Asociación Amigus de Informática o Usuarios de internet das Pontes

La palabra Amigus, viene de las largas reuniones en el chat de #aspontes donde nacio la Asociación
y era uno de los mensajes de bienvedia "mihu", "amihu", "amigu".....

Publicado por : CyberMODE -- Febreiro 12, 2007 2:32 PM

Non, estou de todo dacordo con algúns dos comentarios vistos, ata entón, pero en parte si.
E co que non estou nada dacordo é coa destrucción do medio natural se esta se pode evitar, nin tampouco de nada que estea relacionado coa cultura galega porque me parece un completa barbaridade.
No caso do progreso, se houbese que desfacer montes, etc., para construir, pontes, estradas, etc., que se lle vai facer dado que as cousas son como son e non imos dar arranxado no século XXI, tódalas cousas que se levan facendo mal dende o século XVIII, ou incluso dende o principio dos tempos.
Pero acabar, con monumentos, igrexas, etc., representantes da nosa cultura e que reflexan todo o relativo e referente á nosa historia, é un abuso, e se por progresar facemos iso, dámoslle máis razóns aos cataláns, vascos e ao goberno central para que nos tomen por imbéciles e ignorantes, e eu opóñome a que siga sendo así e a rematar desa forma coa historia.

Publicado por : Brais Freire Casal -- Febreiro 15, 2007 9:35 PM

Desde o sul da Galiza toda a nossa solidariedade.

Estám a rematar a Galiza e isto nom pode ser permitido.

Pola conservaçom do nosso património: GALIZA LIVRE !!!

Publicado por : Sean -- Abril 23, 2007 1:59 AM

Destruir a Necrópole da Mourela é um atentado contra a história deste povo. É umha mostra mais do asobalhamento ao que estamos sometidos por concepções centralistas do Estado e alheias ao bem estar dos cidadãos. Por quê nom derribam a catedral da almudena em Madrid?, por quê nom destruiem a fonte da cibeles em Madrid?

Publicado por : jose alberte corral iglesias -- Maio 10, 2007 9:53 AM

Des problèmes techniques ne me permettent pas de signer la pétition par Internet.
La Bretagne, comme la Galice, est une région très riche en sites archéologiques préhistoriques. J'espère que les autorités compétentes, en Galice, trouveront une solution pour la préservation et la valorisation du cercle mégalithique de la nécropole de Mourela.
Je visiterai le site entre le 15 et le 23 juillet prochains.
Amicalement.

Publicado por : LE MENN Claude -- Xuño 13, 2007 6:09 PM

Necrópoles facíamos nós en San Caetano. Apoiamos a vosa loita, pola Mourela, por Galiza!!! Ánimo compañeiras e compañeiros!!

Publicado por : Plataforma medioambiental de Corrubedo -- Outubro 11, 2007 12:05 AM

A ver si deixamos de destruir o país dunha vez!!!

Publicado por : francisco.alexandre@yahoo.es -- Xullo 10, 2008 4:27 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Outubro 2008 (38)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Outubro 2008
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31