|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (176)
ArTe (109) As Pontes (2810) Axenda (617) Ciencia (22) Comarca (381) Conexións (329) Cultura (212) Deportes (1011) Ecoloxía (142) Educación (57) Empresas (103) Emuladores (9) Enerxía (7) Enquisas (47) Especiais (60) EuroEume (104) Fotografía (167) Gastronomía (22) Hardware (570) Historia das Pontes (152) Humor (29) Linux/GNU (976) Log #irc (12) Mundo (270) Mundo Apple (702) Música (657) Na Web (1137) Natureza (229) Novas (16) Opinión (28) Outros Mundos (44) Parroquias, festas e historia (27) PDA / Phone (129) Piratería? (175) Ponteses (166) Recursos (4) Sanidade (23) Saúde Natural (45) Seguridade (312) SenFios (214) Software (511) SOS Mourela (229) Tecnoloxía (533) Tutoriais (8) Video Dixital (359) Videoteca (37) Windows (293) Zona Gamers (420) |
19 de Marzo 2007CELESTINO RODRÍGUEZ PAJÓN 1917-2007. OS ÚLTIMOS ARTESÁNS DE AS PONTESFaleceu no día de onte. Co señor Celestino vaise grande parte dunha xeración de artesáns ponteses que traballaron a forxa e os metais. Fixérono coa mestría da experiencia xeracional dun oficio adeprendido das mans dos pais e avós, coa suor de longas horas a carón do lume e do facendoso bater dos mazos. ![]() Foto Hugo Arias Celestino naceu en Xuño de 1917, cando tantos recéns de As Pontes falecían froito da tifus e da gripe. Era fillo de Antón Rodríguez Restrebada, dos mestres forxadores de Marraxón, que nacera no ano 1872 , esposo de dona Josefa Pajón Bellas que nacera á súa vez en 1887. Neto de Pastor Rodríguez, de Marraxón, que lle deu o alcume á familia dos “Pastor” e que traballou na segunda metade do século XIX, realizando obras e reparacións varias coma as desaparecidas cancelas ubicadas no adro da Igrexa parroquial. Ó obradoiro dos “Pastor” débense moitos aperos de labranza locais, balanzas romanas, e outros instrumentos de traballo, así coma cruces que coroan as espadanas de moitas das capelas de As Pontes, coma por exemplo a de Marraxón (http://www.amigus.org/web/archives/005610.php). Podemos dicir que esas cruces érguense hoxe máis ca nunca cara un ceo celeste onde xa vive Celestino. En varias capelas, así coma nos fondos que se conservan na Igrexa parroquial, atesóuranse moitas outras pezas, coma candeeiros, campaíñas ou Cristos de mesa realizados pola idéntica feitura dunha mesma matriz. Moitas son as facturas e reparacións que figuran nos libros parroquiais realizados por esta familia de forxadores, da que Celestino foi dos derradeiros. Hai cinco anos facía o percorrido que fan os nosos maiores cando a memoria e o desgaste imperdoable do paso do tempo os regresa á nenez. Malia a todo iso, continuou, ainda mentres puido, batendo nos ferros no seu pequeño obradoiro cabo da Capela do Carme. En Xuño cumpriría os noventa anos. Durante a miña etapa de traballo en As Pontes tocoume realizar o funeral doutro grande artesán local, o señor Anca, que xa xubilado confeccioaba pezas de madeira, entre elas, unha sela que lle merquei nun expositor da Feira do Grelo, e que gardo con agarimo nun estante do meu dormitorio. No día de onte comunicábanme a nova do falecemento de Celestino, a quen cheguei a coñecer batendo algún que outro ferro con forza no seu obradoiro. Pasados os anos, topeino tamén escapado da casa, e recollino no meu coche cando a súa familia o estaba a buscar con preocupación. Subíu aquel día ó meu coche porque, dentro do seu estado, todavía lembraba que eu era o crego. Acordo ben de cómo se ría cando me identificaba e cómo aquel día, coa pillería dun neno, garimoso pero xigante á vez, botoume o seu característico sorriso, astuto e socarrón, que reservaba para cando se vía pillado nunha travesura. Co mesmo agarimo, e coa impagable débeda dunha vida de artesán que nos legou, é de obriga, lembralo hoxe, neste día do seu funeral, dende o compromiso da realización dun extenso artigo –pendente de facer- e profundo, que catalogue boa parte dos traballos da familia “Pastor”, así coma da presencia do seu obradoiro durante, polo menos, dous séculos na Vila. Vaia esta breve reseña na súa memoria, a memoria de quen deixa unha obra que continúa a falar rebordante de vida. Hai tempo, Hugo Arias realizou unha fermosa foto das súas mans. Di o poeta que as mans son a manifestación máis xenuina do traballo e da vida e as de Celestino así o amosan. ![]() Foto – Hugo Arias Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico. Publicado por xabier -- 19 de Marzo 2007 as 09:00 AMComentarios
Un gran señor y una magnifica persona.Irrepetible. Publicado por : Vecino de As pontes -- 20 de Marzo 2007 as 10:23 AMUn gran señor y una magnifica persona.Irrepetible. Publicado por : Vecino de As pontes -- 20 de Marzo 2007 as 10:23 AMUnha xeración que quizas terminou pero seguira viva no noso recordo. Publicado por : Romina -- 22 de Marzo 2007 as 11:06 PMSeguirá viva sempre no noso recordoe na nosa memoria non só polo seu traballo senón pola gran e boa persoa que foi sempre. Publicado por : MARIA -- 23 de Marzo 2007 as 09:30 AMLa gente que te conoció sabe la gran persona que eras, pero nosotros tuvimos la suerte de que fueses nuestro abuelo, un gran abuelo, el mejor abuelo que hubiesemos podido desear. Nunca te olvidaremos porque siempre seguiras vivo en nuestros corazones. Gracias por haber sido tan especial. Te queremos Publicado por : tus nietos -- 23 de Marzo 2007 as 11:14 AMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-El Apple iOs 4.1 disponible
-Macworld Mobile Congress en Barcelona -As Pontes resalta la importancia de albergar el campeonato de tiro de recorridos -ROMARÍA DA PENA DE FRANCIA -Concellos Galegos, un mundo por descubrir -Modificación de las normas subsidiarias para ampliar el parque empresarial de Penapurreira -La Xunta recorta la oferta de FP en As Pontes, Fene y Narón -PARTIDO AMIGABLE: O ESTEO FS – AZKAR LUGO B (6-4) -Negro carbón -Sony logra que Australia prohíba la importación y distribución del USB de PSJailbreak Arquivos
- Setembro 2010 (28)
- Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (109) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||