|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (155)
ArTe (103) As Pontes (1718) Axenda (356) Ciencia (20) Comarca (232) Conexións (305) Cultura (175) Deportes (350) Ecoloxía (39) Educación (34) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (40) EuroEume (84) Fotografía (140) Gastronomía (16) Hardware (548) Historia das Pontes (107) Humor (23) Linux/GNU (855) Log #irc (11) Mundo (260) Mundo Apple (601) Música (525) Na Web (1043) Natureza (114) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (41) PDA´s (105) Piratería? (147) Ponteses (66) Recursos (4) Sanidade (15) Saúde Natural (43) Seguridade (290) SenFios (207) Software (482) SOS Mourela (195) Tecnoloxía (511) Tutoriais (7) Video Dixital (330) Videoteca (24) Windows (272) Zona Gamers (392) |
Abril 14, 2007O Concello de As Pontes reunirá o patrimonio arqueolóxico nun museo[La Voz de Galicia] O Concello de As Pontes conta co apoio institucional la Dirección Xeral de Patrimonio e co respaldo técnico dos expertos da Universidade de Santiago para seguir adiante co proxecto de posta en valor dos seus recursos arqueolóxicos. Esa iniciativa incluirá a apertura dun museo no que se exhibirá de xeito permanente o material procedente das escavacións levadas adiante por Endesa nos anos 90 que pasaron a mans do Concello, que o garda nun local da estación de autobuses da vila. Para custodiar e investigar ese material arqueolóxico, o Concello creou o Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas (LIA), que ata decembro do 2006 levaba Jacobo Vaquero. Ese contrato non foi renovado e agora o goberno local confía en que sexan expertos da Universidade de Santiago os que asuman esas funcións do LIA, informou Francisco Dasilva. Exposición sobre o círculo O primeiro tenente de alcalde de As Pontes explicou tamén que o proxecto incluirá tamén o deseño dunha exposición temporal na Casa Dopeso na que se explicarán aos veciños os principais recursos patrimoniais que se atopan no municipio, entre eles o círculo lítico de A Mourela. Nesta iniciativa, o Concello irá da man dos arqueólogos que investigaron ata fai unhas semanas este xacemento, con Andrés Bonilla á cabeza. O xoves pasado, Bonilla e mailos seus compañeiros visitaron As Pontes para manter encontros de traballo co alcalde, Víctor Guerreiro, e con Dasilva, a fin de perfilar xa como se artellará esa exposición para divulgar o que foi o círculo lítico prehistórico. Na actualidade, a Dirección Xeral de Patrimonio está analizando o informe elaborado por Andrés Bonilla sobre a investigación nos últimos meses do xacemento de A Mourela. As conclusións de ese estudio -que nin o propio Concello coñece- serán determinantes para que Patrimonio decida si se conservan os restos do círculo lítico ou se destrúen para continuar coas obras da autovía Ferrol-Vilalba. Estos traballos levan meses de retraso a causa das escavacións. Publicado por CyberMODE -- Abril 14, 2007 8:53 AMComentarios
A miña pregunta é donde se vai a atopar agora o patrimonio que tén que se expor nese museo, despois do grande coidado que se tivo de que non se conservara nada, de que os obxectos máis preciados acabasen en particulares, de que desapareceran ou se destruiran outros. NÓTASE LÓXICAMENTE QUE ESTAMOS EN ELECCIÓNS, de que pronto nos van a dar a nova de que non hai túnel, de que a autovía se vai a inaugurar a toda costa e que comunicará a As Pontes (ou iso nos farán crer, cando sigamos incomunicados polas censuras ás que nos teñen acostumados), por iso falar de un museo enche moito, e contrarresta. Noxenta política, cinismo e vergoña. Publicado por : memoria -- Abril 14, 2007 11:41 AMdouche toda a razón, e o que me fai moita gracia tamén é o seguinte, se como ben dí ese artigo: "As conclusións de ese estudio -que nin o propio Concello coñece- serán determinantes para que Patrimonio decida si se conservan os restos do círculo lítico ou se destrúen..." entón: POR QUE ARRASARON TODA A SUPERFICIE DA EXCAVACIÓN CON RODAS DE MAQUINARIA, AO QUITAR A CARPA, DEIXANDO PEGADAS, MARCAS PROFUNDAS E PEDRAS ROTAS POR TODO... ????? se como ben din ainda non saben se teñen ou non que conservalo ????? coma sempre un país suicida e unha vila de vendidos, a Historia continúa. QUEREMOS AUTOVÍA, TÚNEL XA !!! (canto se aforraría tendo feito dende hai moito tempo...) Publicado por : hugolate -- Abril 14, 2007 1:57 PMUnha vez máis nos queren vende-la moto: agora van facer un museo arqueolóxico e unha exposición. Pra min que anuncian o funeral do círculo lítico e queren quedar ben coa xente, explícome: Hai uns fins moi claros (autovía e expansión do polígono), hai un método (xustificar dacordo con algunhas institucións e unhas leis mal aplicadas, que deberan de ser para todos igual, a destrución de dito círculo) e hai un tempo (campaña electoral) que hai que xustificar. Como? Pois destruimos pro construimos, facemos "algo" polo patrimonio que dende o concello tanto coidamos. É tempo de sairmos á rúa e berrar contra os que especulan coa nosa tradición. Engade un comentario
|
Novas Recentes
-'Cenizas del cielo', de José Antonio Quirós
-Ence avisa: si no hay concesión eólica se quedará 30 años más en la ría de Pontevedra -As pontesas Yaiza Paleo e Patricia Blanco adestrarán coa selección galega sub15 -OMAR PERCUSSION GROUP -Apple lanza la actualización 2.2 del firmware para el iPhone -O MISTERIO DO VASO CAMPANIFORME DA VILAVELLA - Capítulo III -As Pontes se rinde a Santa Icía -Los comerciantes ponteses ultiman la campaña «Merca nas Pontes» -La campaña Merca nas Pontes pasa de cuatro a seis sorteos en la presente edición -As Pontes organiza un taller de fotografía para jóvenes en Navidad Arquivos
- Novembro 2008 (117)
- Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||