Abril 14, 2007

VIDEO: A destrucción dun sitio arqueolóxico (II)

Entrevista a: Francisco Dasilva emitida onte na RTVI As Pontes
(Concelleiro de desenvolvemento sostíbel do Concello Das Pontes)

Strategic Action Plan Of As Pontes de García Rodríguez

Necesita Flash Player 8 / Flash Player 8 is required
get_flash_player.gif


Publicado por redaccion -- Abril 14, 2007 8:19 PM


Comentarios

que fagan a autovia xa, e se deixen de tantas lerias, xa fai moitos anos que non hai nada na mourela, foi terreno de labor, e esta todo destruido de fai tempo, preguntadelle os vellos do lugar, viva o progreso e un pobo con futuro miremos polo emprego e as boas comunicacions

Publicado por : anxo da garda -- Abril 14, 2007 10:46 PM

Ai, Kiko, Kiko, Inocente Inocente.

Xa non resulta novo dicir que a postura dos nosos representantes é sempre a de quedar ben e ser inocentes de todo canto sexa mete-la pata. Kiko, Kiko, xa vimos demasiado, e hai meteduras de pata que cando son repetidas en distintos asuntos e ámbitos apuntan a que o río leva auga, e non precisamente porque abriran o encoro da ribeira, senón porque xa vai ben de mexar fora de maceta.

En primeiro lugar esas “tertulias” ás que te refires na entrevista son palabras de xente que sabe dabondo, e moitas veces, demasiadas, expertas. Queda moi ben empeñarse en dicir ou en facer crer que son palabras de afeccionados ou iñorantes. Pois son “tertulias” que din máis ca os “monólogos”, que ainda que están de moda, son o recurso que coma nesta “entrevista” (eu diría monólogo- ¿como vai falar un periodista que traballa para ti?, lóxico, comprendo que vai a paga), xa nos tedes acostumados a todos. A manipulación do monólogo non é algo novo, foi un recurso co que xa abusastes dabondo cando aqueles obreiriños se manifestaban polos seus dereitos, e que ridiculizastes en repetidas ocasións. O monólogo é sempre o recurso do que se proclama defensor de dereitos e viuvas, pero que se manifesta coma o maior dos dictadores e o máis magnate dos intolerantes.

O Concello nunca sabe nada, sempre é inocente. Esa é sempre a posición que adopta, por outra banda, o señor alcalde nas entrevistas que sobre o tema lle levan realizadas.

E falando do museo, ese museo sempre é algo “dentro de pouco”, pero o certo é que aí está a casa da Enerxía, e corenta inicitivas que lle precederon pese a que leva sendo sempre “dentro de pouco”. Menos mal que xa nos fixemos á idea de que ese museo pertence ó mundo da fantasía e dos soños. Para museo o que desinteresadamente fixeron uns afeccionados da vila hai anos, e que eso son obras e feitos, o demais palabrería barata que fala agora de poñer en valor cousas que xa non poderán estar en ningún expositor nin en ningunha vitrina coma dicides. Poñeredes unha foto deles se acaso.

“Dende o ano 2001-2002 a posta en valor de ese proxecto”, ¿onde está?. Forma un fermosísimo conxunto, verdadeiramente, pero conxunta baleiro.

“Parece ser que está concentrando interés de fora de As Pontes”, ¡ah!, iso molesta, pero non é que trascendera, non se trata de iso, é que algo deste interés o é para todos, non só para os ponteses. É máis, os ponteses temos a obriga de que si no noso territorio está isto, debemos conservalo para que os habitantes doutros lugares podan tamén descobrilo. ¿Moléstache que o patrimonio pontés lle preocupe ós foraneos? ¿Moléstache que As Pontes sexa valorada polo que verdadeiramente tén? Sigue inventando fantasmas do que queres que teña As Pontes, pero os pobos parten do que son, non se crean “Walt Disneys”. As Pontes é, non o que queremos que sexa. “A Cidade da Enerxía”... – sigue así, viva a imaxinación.

¿O patrimonio de As Pontes é importante? Xa se ve. Todo antepúxose a el. E non só na lexislatura do BNG, senón en tódalas que lle precederon. ¿Por que razón tódolos partidos políticos tiveron medo cando saltou o do círculo lítico, por qué razón ningún se atreveu a defender esta causa? Votos son amores. Así nos queren os nosos políticos. Así lle queren a este pobo, e así pretenden enganar. Que sigan prometendo.

Na lóxica, e na retórica, úsase tamén moitas veces a devaluación do término ou a propia negación do mesmo, para quitarlle importancia a algo. Que ben se queda dicindo que o que aí hai non é un círculo lítico, que xa non queda nada do de Maciñeira. ¡Que vergoña! Iñorancia supina. En Kiko tampouco se ve nada do que algún dos seus mestres lle quixo inculcar de respeto á historia, e iso non pode levarnos a afirmar que non quixo aprenderlle a lección da valoración polo propio patrimonio. Máis ben habería que dicir que foi un alumno despistado, ou que lle interesa aplicar da historia o que lle convén.

Señor Dasilva, quédese co museo da memoria, que eu teño a MEMORIA, quédese coa manipulación política e das palabras. Quédese co seu monólogo. Pero mire, O TEMPO dalle hoxe a vostede os votos con toda esta manipulación, pero, lémbrese, que ese mesmo tempo, quitaralle a razón, deixándoo no máis terrible dos ridículos e na máis grande das vergoñas ante a propia historia da súa vila. E pasados os anos, os que traballaron dende a Plataforma, na defensa do Círculo Lítico, e do patrimonio local serán postos no seu lugar, e valorados grande e xustamente. E todos dirán. ¡Ah, si, aquela alcaldía, aquel momento no que se desfixo aquelo... , e aquelo outro, e no que se fixo aquela outra aberración, e aquela outra... e é dooroso que o tempo nos mostre, coma nun espello, que nada queda dos movementos que interesadamente realizamos para conquerir votos a toda costa. O tempo é o mellor autor. Pón ás persoas no seu xusto lugar, e, certamente, dirá que aqueles constructores do Círculo Lítico da Mourela, aqueles “trogloditas”, tiñan máis cultura, máis sabedoría, e máis sentido común, ca estos outros “trogloditas” que milleiros de anos máis tarde o botaron abaixo.

Publicado por : MEMORIA -- Abril 14, 2007 11:17 PM

beno tos tranquilos ,,,que xa o concello tomou cartas no asunto,xa nos diran se realmente temos circulo ou son contos de vellas.........
MENTIROOOOOOSOOOOOO..............
cajontal

Publicado por : nando -- Abril 15, 2007 12:57 AM

beno tos tranquilos ,,,que xa o concello tomou cartas no asunto,xa nos diran se realmente temos circulo ou son contos de vellas.........
MENTIROOOOOOSOOOOOO..............
cajontal

Publicado por : nando -- Abril 15, 2007 12:57 AM

uy que torpe :o)

Publicado por : nando -- Abril 15, 2007 12:59 AM

Na mourela aparte de restos prehistoricos está a Mourela; un sitio. Unha fita na nosa paisaxe cultural e dos noso paseos de mozos. Cantos lugares mais podemos destruir, cantas mais prazas da memoria imos necesitar. ¿Que paisaxes e rocordos vou poder eu compartir?

¿Que problema teñen as administracions con facer o tunel? ¿por que non apoia o concello que se faga o tunel? ¿cal e o problema?

Publicado por : gemma -- Abril 15, 2007 12:26 PM

Parece que facer un túnel significa recoñecer erros que non queren asumir

Publicado por : xosé -- Abril 15, 2007 6:19 PM

Asómome a este recuncho estupefacto, fitando ao incompetente cuspindo a carraxe termada durante meses, contra aqueles que puxeron luz na escuridade e levaron a verdade informativa por camiños de mentiras, enganos e manipulacións.
Realidades son as que nos atopamos no día a día do noso patrimonio.
Dicir que o Concello das Pontes traballou á prol da conservación e posta en valor do seu patrimonio, podería ser innegábel de non ser polo coñecemento que temos ao respecto dos incumprimentos conveniados que o concello mantiña.
Sr. Dasilva non venda milongas de macroproxectos, cando estos non revertiron ainda, logo de seis anos no conxunto da sociedade e o que é máis grave, os proxectos elaborados no laboratorio, que conteñen datos importantísimos ao respecto do fenómeno funerario nas Pontes, financiada con cartos de todos os ponteses, logo de case catro meses de inactividade do LIA, ainda non saben que tipoloxías documentais existen nos seus fondos.
Isto nun país humanizado non tería acontecido. Estaremos asistindo cecais á deshumanización das nosas sociedades?
Non máis mentiras municipais.

Publicado por : xosémaríalópezfernández -- Abril 15, 2007 6:33 PM

Daríame vergoña se non me dera noxo e pena.
Na televisión que pagamos todos pagamos o silencio que deixe lugar ás barbaridades que poida decir o político de turno que se cree o seu dono.
¿Onde está a entrevista? ¿Onde as preguntas? Simplesmente, ven sendo un introductor que abre paso para xustificar a presencia do elemento que se volve meter nas nosas casas avalado polos nosos votos, e co control dos medios que puxemos nas súas mans para rirse de nós.
As cousas son moi simples: Se tiñas as cousas tan claras ¿Porqué non fuches explicalas cando un grupo de veciños ós que deberías representar, fan un acto público convidándovos a posicionarvos?
Estades outra vez desviando a atención con promesas que a estas alturas, vindo de vós, non teñen credibilidade.
O concello nunca defendeu este ben do seu pobo cando se fixo o proxecto, daquela o concello é responsable. ¿Cómo se lle chama ó que erixe en xuiz da súa propria causa?
O logo de enrabietarme tócame chorar ó saber que o mes que ven algúns dos que estiveron nesta loita vos van volver dar o voto fieis a unha siglas e unha ideoloxía que xamais debeu caer nas vosas mans. Non sei cánto tempo poderdes seguir engañando ó pobo, o que sei é que cando por fin vos vaiades aquí a esquerda nacionalista non volverá levantar cabeza xamais.

Publicado por : roupi -- Abril 15, 2007 10:21 PM

Despois de visionar o vídeo e coñecendo o xeito de actuar do señor edil, pódovos dicir que todo está cociñado. Non teño aínda os datos pro...
1º Sacámoslle valor ao achádego, non é un círculo lítico, son os restos dunha construcción medieval (se cadra unha palloza?).
2º Desacreditamos á Plataforma e aos seus seguidores
3º Facemos unha sociedade: concello – universidade – arqueólogo
4º Beneficiámonos todos
5º Lavamos a cara facendo unha exposición permanente e unha exposición sobre o círculo. Á xente o único que lle preocupa é...
6º Quedamos ben
7º Temos o camiño aberto para non deixar nin rastro da zona, conquerindo: un aforro de cartos, desvalorización da zona para ampliar polígono e pasar autovía.
8º O concello fixo todo o que estaba na súa man e por riba segue a preocuparse do patrimonio.
9º Servir este prato, ben cociñado, denantes de que se arrefríe.
Parece mentira.
Como pontumiense desexo expoñer:
1º Pedir a dimisión do señor concelleiro, non se pode tomar o pelo e intentar manexar así aos cidadáns.
2º Aclarar que aínda que en realidade haxa restos dunha construción medieval eso non quita importancia, sería unha demostración máis do que xa se sabe que pasou ao longo da historia: a utilización de certos lugares, cun carácter especial, ao longo de distintas épocas. De feito, o señor Vaquero, nalgunha ocasión fixo referencia a que se atoparan no lugar tégulas romanas.
3º Que teñan o valor de aclarar que eran e de cando as fosas de enterramento (sete?) que atopou o señor Vaquero na súa excavación. Ou iso non ten relevancia? Somentes imos valorar os achádegos do sr. Bonilla?
4º Sábese de vello que a zona é unha necrópole prehistórica, ou é co sr. Quico e o seu equipo de arqueólogos e algún catedrático de universidade son quen de negalo. Queren desacreditar a D. Federico Maciñeira? Igual non queren facer ver que o que se observa nas fotografías de Maciñeira son os restos dunha construción medieval? Coido que sería a primeira vez que a maioría das pedras dunha construcción están en posición vertical e non horizontal. Sería un achádego fabuloso.
5º Desacreditar a unha Plataforma que fixo un excelente traballo, traballo que sí tería que ter feito o concello e a universidade, non me parece serio. A Plataforma defendeu o patrimonio –obligación que ten o concello por lei- documentou e publicou un dossier sobre o círculo – cousa ca universidade non fixo- e por último, nin a Plataforma nin os seus seguidores (nos que me encontro) xamais se opuxeron a autovía, cousa que o sr. Quico parece que quere facer crer aos cidadáns. A PLATAFORMA DEFENDE O PATRIMONIO, NON SE OPÓN A AUTOVÍA. E non son catro reunidos en tertulias, son cidadáns que si cren no seu pobo, o queren e o coidan; non como outros.
6º O concello tiña que ter feito os seus deberes e facer no seu momento as alegacións ao proxecto da autovía nesta zona. Fíxoas cando se chegou alí, simplemente porque o patrimonio non da votos e a súa preocupación por el é mínima, agás cando hai eleccións ás portas.
7º Gostaríame saber, como pontumiense, que foi da documentación do LIA. Cal foi a cantidade total aportada dende decembro do 2002 a esta entidade polo concello ata o 2006?. Que difusión se fixo? Que documentación aportou? Que materiais atopados deixou? Porque o sr. Vaquero abandonou o barco sen dar unha explicación e o concello tampouco?
8º Porque xente dun partido nacionalista non defende as nosas raíces, os nosos valores patrimoniais, os legados dos nosos devanceiros? Se Castelao erguera a cabeza anoxaríase.
9º A autovía é necesaria, mais non so está parada na zona da Mourela, tamén está en Espiñaredo, pro non se menciona. Por que? Pois por non recoñecer co proxecto está mal feito, non se tivo enconta a zona de veiga que alí hai como non se tivo enconta a necrópole prehistórica que na Mourela hai.
Recoñezamos dunha vez que hai moitos xeitos de facer as cousas: unhas mal (coma nesta ocasión), outras regular e outras ben. Recoñezamos que son os nosos cartos os que financian ditos traballos e ditos erros. Recoñezamos que nunca aparecerán os responsables, porque ninguén quere ter a culpa. A culpa é de catro “pringaos” que forman unha plataforma e non deixan continuar a autovía... E así nos vai nas Pontes. ¡Que verde era o meu val, alá nos meus anos mozos! e ¡Que gris mo están poñendo! CANTO MÁIS?

Publicado por : pontumiense -- Abril 15, 2007 11:25 PM

QUEREMOS AUTOVÍA !!! TUNEL XA !!!

Parece que para saber quen somos, e se temos que conservarnos, nolo teñen que dicir dende a universidade. A Mourela, e o conxunto arqueolóxico de mámoas e circulos líticos, arrasados sistemáticamente nos últoimos anos, é un lugar valiosísimo arqueolóxicamente, e máis que polas pedras do tan deteriorado e famoso círculo maior, polo que simboliza ese emplazamento e o que se divisa dende alí; ou se non, porque fixeron hai 5000 anos nese preciso lugar, minimeseta no alto, unha necrópole e 2 círculos liticos e un bancal prehistórico... etc ?¿

A ver se estamos cos pés no chan, se o círculo de Maciñeira, o da foto do 1º andar do concello non se vé, reconstruese e listo, que pasa?¿ O IMPORTANTE É A NECRÓPOLE DO LUGAR DA MOURELA COMO MIRADOR E PAISAXE NATURAL IMPRESIONANTE, E NON ALTERALO MÁIS (SE É POSIBLE) DO QUE XA ESTÁ, e sacarlle partido polo que significa para nós como seres humanos e ponteses. Non mirar un día para unhas pedras trilladas... e esquecerse de todo para sempre como debe pensar algún.

- - -

Xa que está por facer chegar ó conxunto da poboación o informe valorativo, enténdese que o lugar é "presuntamente" mentres non se demostre o contrario, digno de conservar e velar por el ata a decisión, pero aquí o poder salta as normas por todos lados, xa que para quitar a carpa (que debía ter mais valor que todas ás mamoas das pontes) con vixiante incluidonon se lles ocorriu outra forma que arrasar coas rodas por riba da excavación, rompendo e movendo as pedras que levaban 50 siglos alí, e as cales están agardando "veredicto" para saber se non se teñen que mover (despois de pasar por riba delas... manda carallo... non contentos con iso, algún chistoso... foi facer trompos co todoterreno do colega de turno por riba de novo da excavación... CON TODA A PENA DOS MEUS AMIGOS SUICIDADOS... O QUE SOMOS É UNHA VILA SUICIDA, QUE NON NON SE VALORA E SE VENDE POR 4 VOTOS, un pouco de seriedade señores do goberno, e non solo polo bng que encabeza a iluminada corporación se non por todos e cada un dos concelleiros de cada partido que para non mancharse non pronuncian nen PIO. PENOSO.

- - - -

unha cabana medieval... sí... claro, na catedral de santiago tamén hai teles de plasma, máis a catedral estaba antes, sen quitarlle importancia á cabana. Na Mourela, emplazamenteo digno de conservar solo polo que é, gaña valor con todos os restos megalíticos que houbo e os que quedan, se agora aparece unha cabana... pois buenovaledeacuerdo, millor, e qué ?

- - - -

e para rematar, xa que faltan un técnico polo visto... e que pode tardar tanto que para cando chegue xa non haberá nengún resto nen lugar digno de conservar arqueolóxicamente... pois ala a deixar pasar as eleccións... que cambien os postos dos concelleiros e ata dentro de 4 anos.

- - - -

o concello fallou á cidadanía, e a oposición máis do mesmo, BNG, PSOE, AMIGOS, e PP non se pode calar e otorgar, nen non pronunciarse. QUEREMOS AUTOVÍA, QUERÉMOLA TODOS, QUEN O DUDA ??? PERO SEÑORES... remato:

Para avanzar, progresar, e saber a onde vou (pola vida e pola autovía) teño que saber de onde veño, e o que deixo atraís.

Profundamente decepcionado coa porcentaxe pasiva da vila e co pleno de representantes no concello.

QUEREMOS AUTOVÍA !!! TUNEL XA !!!
hugo

Publicado por : hugo lopez arias -- Abril 16, 2007 2:19 AM

kikiño, kikiño
estaste cubrindo de gloria

Publicado por : capicua -- Abril 18, 2007 9:36 AM

máis ben de merda

Publicado por : cocúaoar -- Abril 18, 2007 5:21 PM

Hai que foder-se!!! As tertúlias e as faladurias son as que montan estes chiquilicuatres do Concello (e non só do bng, que tamén!). Desde logo a Plataforma expresa-se co mellor dos cariños e cuidados, procurando sempre acadar pequenas pesquisas que nos axuden a dar-lle sentido a este noso vivir. Sempre o dixen: "HAI XENTE QUE EN VEZ DE PASAR POLA VIDA, PASA A VIDA POR ELES!"

Como votante do bloque (non neste concello), constato que estes son os novos TREPAS do BNG. Que ruina! Moito esforzo fixo falta para que o nacionalismo galego, chega-se a onde chegou! Este tipo de persoas son as que SINTEN A VERGONZA DE SER GALEGOS, PONTESES E MESMO SINTEN VERGONZA DA VIDA, E FUXEN DE SI MESMOS PARA ACUBILLAR-SE NO PODER (QUE NON GOBERNO), SENDO ESE O ÚNICO ESPAZO NO QUE SE SINTEN REALIZADOS.

Xa o dixo Antonio Machado: "Todo lo que se ignora, se desprecia." Non hai mais que vé-lo!

Saude!
Moncho do Orzán.
PD: Esta vez falo con nomes e apelidos: Ramón Rodríguez Palleiro.

Publicado por : Moncho do Orzán -- Abril 19, 2007 1:25 PM

toda a vida votei ao vitoliño
con ben pouco sentidiño
e logo de ver ao kikiño
non me tocan mais o piroliño

Publicado por : bng -- Abril 22, 2007 5:42 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Outubro 2008 (38)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Outubro 2008
D L M M X VS
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31