|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (171)
ArTe (106) As Pontes (2609) Axenda (560) Ciencia (22) Comarca (339) Conexións (328) Cultura (206) Deportes (828) Ecoloxía (112) Educación (44) Empresas (0) Empresas (14) Emuladores (9) Enerxía (6) Enquisas (47) Especiais (54) EuroEume (98) Fotografía (155) Gastronomía (22) Hardware (569) Historia das Pontes (140) Humor (29) Linux/GNU (975) Log #irc (12) Mundo (268) Mundo Apple (676) Música (609) Na Web (1125) Natureza (191) Novas (16) Opinión (27) Outros Mundos (43) Parroquias, festas e historia (14) PDA / Phone (117) Piratería? (171) Ponteses (149) Recursos (4) Sanidade (22) Saúde Natural (45) Seguridade (308) SenFios (214) Software (503) SOS Mourela (224) Tecnoloxía (529) Tutoriais (8) Video Dixital (353) Videoteca (35) Windows (292) Zona Gamers (410) |
23 de Abril 2007IRMANDADE AS PONTES-LESNEVEN-CARMARTHENO irmandamento entre a vila de AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ e a pequena cidade bretona de LESNEVEN naceu no ano 1990 por iniciativa do municipio bretón dentro dos programas auspiciados pola Unión Europea. Esta idea foi ben acollida no concello galego, facéndose realidade no ano 1991 coa celebración de senllos actos oficiais (en As Pontes o 19 de xullo e en Lesneven o 3 de setembro), nos que os respectivos alcaldes asinaron o pacto de amizade entre as dúas cidades. ![]() A ASOCIACIÓN DE IRMANDAMENTO LESNEVEN-AS PONTES (a partir do 18 de novembro de 2000, IRMANDADE AS PONTES – LESNEVEN, e dende 2003 “IRMANDADE AS PONTES-LESNEVEN-CARMARTHEN”) xurde por iniciativa dun grupo de persoas que amosaron interese nesta clase de relacións, creando esta asociación que para a súa legalización contou coa aprobación duns estatutos que foron rexistrados no goberno civil da Coruña o 3 de febreiro de 1992. Na actualidade esta asociación cultural conta con 194 socios, que pagan unha pequena cuota anual. De seguido esta entidade estableceu un programa de actividades. O principal obxectivo céntrase na promoción e a realización do irmandamento entre as dúas vilas (hoxe tres) en tódolos seus aspectos, como intercambios culturais, educativos, turísticos, deportivos, económicos, técnicos e sociais. Para elo, contan coa colaboración do Comité de Jumelage Lesneven-As Pontes da cidade bretona, que dende a súa creación está presidido por Claude Le Menn, que ó mesmo tempo é vicepresidente do Comité Bretagne-Galice, e a Twinning Association Carmarthen-As Pontes, presidida por Nia Griffith, na actualidade deputada no Parlamento de Londres. OBXECTIVOS Dende a súa creación, os esforzos da asociación centráronse en: 1) Intercambios para conseguir un fondo bibliográfico sobre Bretaña en As Pontes e de Galicia en Lesneven. De feito, as bibliotecas municipais da cada pobo contan cun importante número de títulos relativos á cultura, historia, tradicións e folclore de cada país. A Irmandade pontesa donou boa parte deles, así como as deputacións provinciais e a Fundación Barrié de la Maza. 2) Intercambios para crear un pequeño museo de Bretaña na vila pontesa e de Galicia en Lesneven. Neste senso, dende 1993 o “Musée du Pays de Léon” de Lesneven conta cunha sala adicada a As Pontes e a Galicia, onde están expostas varias pezas de artesanía de madeira, dous traxes típicos galegos, un xogo de queimada, pezas de cerámica de Sargadelos e diverso material fotográfico e videográfico. Todo este material foi donado pola Irmandade. En canto a As Pontes a idea está establecelo no Museo Etnográfico do Colexio Monte Caxado, que é un dos máis interesantes da comarca. 3) Colaborar nos intercambios de membros das diversas asociacións, entidades e colexios das dúas cidades. Precisamente, nos anos 1992 e 1993 os colexios ponteses Santa María e Pardo Bazán fixeron encontros formativos de alumnos cos colexios lesnevenses de Saint-Exupery e Saint-François, cos que están irmandados. En xullo de 1997 iniciaronse os contactos para irmandar ós dous clubes de fútbol, Club Deportivo Endesa As Pontes (hoxe C.D. As Pontes) e Stade Lesnevien (hoxe Racing Lesnevien). Tamén hai contactos entre diversos coletivos sociais. 4) Encontros entre veciños das tres cidades. Cabe salientar que en total levan participado máis de mil persoas, ás que hai que engadir as familias que acollen nas súas casas ós visitantes de cada vila. Polo que podemos cifrar en máis de tres mil as persoas que directamente participaron e colaboraron nos case vintecinco encontros (ós que hai que engadir os seis intercambios escolares), o que representa o 15% do total da poboación dos dous concellos. OS ÚLTIMOS ENCONTROS Nos intercambios de Lesneven 1995 e 1997, esta asociación ofreceu ós veciños da vila bretona a nosa música e danza tradicional, coa participación do grupo de gaitas “Alfaia” (composto por 22 xoves entre os 8 e os 18 anos) e o grupo folk “Muxarega”; os dous de As Pontes. Tamén en 1995 realizouse unha exposición da pintora pontesa Carmen Muíño na capela de Saint-Joseph e que tivo un grande éxito, xa que durante os cinco días foi visitada por unhas 600 persoas. En 1997 programamos unha de fotos antigas e recentes da vila de As Pontes. No intercambio de 1999 catro xoves ponteses “Terumas do Liño” participaron nun concerto de música e danza tradicional xunto ó “Bagad des Abers” e o “Cercle Celtique de Lesneven” e a pintora vasca afincada en As Pontes, Lourdes Acera, expuxo parte da súa obra pictórica na semana de estancia dos ponteses en terras bretonas. En correspondencia ós encontros en As Pontes, en 1996, dous instrumentistas de bombarda (típico instrumento bretón), Vincent e Marianne Bodennec, ofreceron un concerto en As Pontes e en xullo de 1998 o grupo folk “Yod Kerc’h”, de Lesneven, actuou no I Festival folk “A Fraga 98” xunto a Muxarega, Na Lúa e Luar na Lubre. No ano 2000 realizouse un doble intercambio. En xullo foron corenta os lesnevenses que estiveron na vila de García Rodríguez participando nas festas patronais e visitando as provincias de Lugo e Ourense. Na primeira quincena de agosto, máis de cincuenta ponteses achegáronse ata Lesneven para participar nun encontro tripartito coa presencia de As Pontes, Lesneven e Carmarthen, para participar na quinta edición do Festival da Costa das Lendas (“Côte des Légendes”). Por parte pontesa estivo por segunda vez a banda de gaitas Alfaia, os artesáns Fernando Vérez (madeira) e María Quintas (encaixe de bolillos) e a pintora Carmen Muíño, que voltaba a Lesneven por segunda vez. Tamén estivo representada a repostería típica de As Pontes (manteigadas e polvoróns) coa presencia da panadería “Vda. Domingo López”, ademais de membros da Liga Céltiga e da Irmandade Galiza-Breizh. No ano 2001 cerca de cincuenta lesnevenses estiveron na localidade pontesa nun intercambio no que se celebrou o décimo aniversario de relacións de amizade e fraternidade entre as dúas localidades, acto que tivo lugar precisamente o 19 de xullo, día no que se cumplían os dez anos, e no que tamén se entregou a ANTÓN FERREIRO, presidente da Irmandade, o título de “Citoyen d’Honneur de la Ville de Lesneven” (semellante ó de fillo adoptivo en Galicia), concedido polo Conseil Municipal da cidade bretona.
![]()
![]()
![]()
![]()
![]()
Tralos primeiros contactos establecidos en Lesneven en 1997 e 2000, nos que a cidade galesa de CARMARTHEN-CAERFYRDDIN amosaba o seu interese en irmandarse con As Pontes, para así completar o triángulo das tres culturas celtas, coas tres cidades irmandadas (Lesneven e Carmarthen celebraron o vixésimo aniversario no 2002) e despois da visita que fixeron en 2001 á nosa vila varios concelleiros e membros da asociación de irmandamento galesa, as corporacións municipais das dúas localidades aprobaron por unanimidade establecer lazos de irmandade. ![]()
![]()
![]()
Nos encontros, os xoves, que son os que máis participan, realizan actividades deportivas, culturais e intercambian experiencias. Adoita haber reunións entre representantes municipais e das asociacións de irmandamento para tratar temas de interese común, así como con outras entidades, como o caso dos programas PRODER (EuroEume) e LEADER (do Pays des Abers-Côte des Légendes). Charlas e coloquios, actos culturais e deportivos son outras das actividades destes intercambios. Hai que salientar que no ano 1993 foi inaugurado en Lesneven o “Jardin d’As Pontes” e no 2000 a “Rue de Galice”. En As Pontes existe o “Parque Vila de Lesneven” e a “Praza de Carmarthen”, cidade que ten a “Pont Lesneven” e en vindeiras datas será construida unha peonil co nome de “Ponte de As Pontes”. ![]()
CURSOS DE FRANCÉS E INGLÉS E O PREMIO CULTURAL Outra das actividades que se desenrolan nesta asociación son os cursos de lingua francesa, que xurdiron como resposta á necesidade que presentaban as relacións entre os veciños das dúas cidades. Os obxectivos que se perseguen son os de ofrecer a posibilidade de aprender a lingua francesa ós adultos e escolares, o contribuir á profundización nas relacións entre os dous pobos e aproveitar os cursos para coñecer máis a fondo a cultura bretona. Xa se levan realizado once cursos con cerca de 300 alumnos. Recíprocamente, o comité de jumelage lesnevense oferta cursos de español. Este ano 2006 iniciáronse os cursos de lengua inglesa. Por outra banda, e co fin de dar a coñecer o irmandamento entre a poboación pontesa, especialmente entre os máis xoves, os membros desta asociación decidimos crear en 1996 o Premio Cultural, que nas dúas primeiras edicións foi unha redacción sobre o irmanamento e a Unión Europea e nas seguintes, un traballo de debuxo sobre o mesmo tema. Esta foi unha iniciativa moi interesante, pois a acollida entre os escolares superou as previsións, incluso nas dúas últimas edicións houbo participación de alumnos doutros concellos. Ó mesmo tempo esta asociación colabora con outras entidades da localidade en actos culturais, como o “Nadal Cultural 1998”, no que houbo conferencias, exposicións e concertos de música tradicional. En abril e maio deste ano tamén organizou, xunto á asociación “Niño do Azor”, as “Xornadas da Terra 2005”, con música tradicional e conferencias (Antonio Oca Fernández, axente de extensión agraria, e Xosé L. Barreiro Rivas, catedrático de ciencias políticas da USC e analista político de La Voz de Galicia). No 2006 tiveron lugar as “II Xornadas da Terra”, coa participación do escritor Darío X. Cabana, membro da Real Academia da Lengua Galega, e Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos de Guitiriz, e Xurxo Souto, músico e home de radio. Neste mes de abril serán as terceiras xornadas coa participación de XOSÉ M. BEIRAS TORRADO, catedrático da USC e presidente da Fundación Galiza Sempre. VALORACIÓN DO IRMANDAMENTO Non cabe dúbida de que aínda queda moito por facer, pois levamos pouco tempo nesta experiencia europea, ó contrario do resto dos países da Unión Europea. Pero estes catorce anos de relacións serviron para concienciar ós veciños dun e doutro pobo da nosa pertenza á UNIÓN EUROPEA, así como para acercar máis ós habitantes das tres cidades, co afán de coñecer profundamente a súa historia, as súas tradicións e a súa cultura. Non cabe dúbida, que, sen o irmandamento e sen o esforzo e o traballo de cantos formamos parte del, non se houbese conquerido. Por outra banda, tanto en Galicia coma en Bretaña, a Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen é tomada como exemplo polos irmandamentos que pouco a pouco van xurdindo entre vilas galegas e bretonas (uns 15). Pensamos que a nosa humilde actividade pode ser a canle axeitada para conquerir os fins reflectidos na acta de irmandamento: “....Declaramos solemnemente, no nome dos nosos concidadáns, a nosa vontade de actuar no respeto da nosa común identidade celta, para establecer vencellos de amizade, integrados nunha Europa unida e democrática, que sexa preludio dun mundo de paz, de xustiza e de fraternidade” ANTÓN FERREIRO, ![]() |
Novas Recentes
-Denuncian a Endesa por la destrucción de tres mámoas
-REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 0 DORNEDA 0 -Una joven herida en otro accidente en las curvas de la autovía a As Pontes -La descolonización empresarial en Galicia -La Xunta agiliza los trámites de la mina de andalucita de As Pontes -De La Coruña a Lugo, vía Ferrol -El BNG denuncia que la norma para las térmicas margina a la de As Pontes -O Festival Mozart ábrese á provincia e propón concertos en Ferrol, As Pontes e Ortigueira -La Xunta reconoce ciertas "desviaciones" en el lago artificial de As Pontes -Endesa destrúe tres mámoas na necrópole megalítica do Grou dentro do seu Plan de Ecoeficiencia Arquivos
- Marzo 2010 (61)
- Febreiro 2010 (109) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||