Maio 11, 2007

BNG Programa Marco Municipais 07 : D. Patrimonio cultural

- Catalogación, inventario, estudo e coñecemento:
a) Do patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico e eco-xeográfico
b) Do patrimonio etnográfico para a recuperación de festas populares, oficios e técnicas de interese cultural
c) Da tradición oral para restaurar a memoria histórica da tradición de lendas, contos,...
d) Da historia xornalística a través da creación de hemerotecas en vilas e cidades con tradición neste eido.
- Bens de interese cultural:
a) Promover a declaración de bens de interese cultural de bens móbeis, inmóbeis e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico, científico ou técnico.
b) Sinatura de convenios con particulares que teñan bens de interese históricoartístico e/ou cultural para fomentar o seu uso público, total ou parcial.
c) Instalación de institucións e servizos públicos en edificios de valor histórico e
cultural.
d) Os conxuntos históricos e demais elementos declarados de interese cultural contarán cun plano especial que inclúa a protección e a rehabilitación do patrimonio construído, co obxectivo acrecentado de manter e/ou recuperar poboación residente. Para lograr este obxectivo deseñaranse políticas conxuntas, tanto coa Consellaría de Vivenda e Solo, como coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza.
- Constitución de padroados para a defensa do patrimonio cultural cando as características históricas deste así o requiriren.
- Creación de museos locais ou comarcais sempre, cando as coleccións existentes o requiriren e cando existiren medios para o seu mantemento. Integración na Rede Galega de Museos Municipais.

Podedes baixar o Programa Marco en PDF dende este enlace


Publicado por CyberMODE -- Maio 11, 2007 10:21 AM


Comentarios

Palabras, palabras, palabras...
e xa, sin entrar no patrimonio arqueolóxico ou da casa que se están a cargar... ¿que se fai para que a Fraga sexa de novo a festa tradicional que o foi na súa orixe e non unha feira macroconcerto capital do alcol? ¿Estanse a recuperar apoiar e promocionar as antigas festas que lle deron identidade a esta vila?

Publicado por : memoria -- Maio 11, 2007 12:49 PM

o que esta escrito e unha broma,non si?

Publicado por : unamigu -- Maio 11, 2007 5:07 PM

non saberedes se alí eleccións por casualidade!!!???

"A política é a arte de buscar problemas, atopá-los, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remédios equivocados"
(Groucho Marx)

Publicado por : Moncho do Orzán -- Maio 12, 2007 2:08 PM

Alguén entende algo deste programa???

Publicado por : lalin -- Maio 17, 2007 11:38 AM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Festas do Carme e a Fraga

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xullo 2008 (113)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xullo 2008
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31