|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (149)
ArTe (103) As Pontes (1430) Axenda (296) Ciencia (20) Comarca (175) Conexións (297) Cultura (161) Deportes (235) Ecoloxía (9) Educación (28) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (36) EuroEume (78) Fotografía (130) Gastronomía (14) Hardware (537) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (823) Log #irc (10) Mundo (258) Mundo Apple (584) Música (493) Na Web (996) Natureza (68) Novas (12) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (102) Piratería? (139) Ponteses (40) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (282) SenFios (206) Software (469) SOS Mourela (191) Tecnoloxía (501) Tutoriais (7) Video Dixital (319) Videoteca (22) Windows (266) Zona Gamers (382) |
Maio 26, 2007A Plataforma e ADEGA preparan un acto sobre A Mourela para o venres 1 de xuño nas Portas Ártabras.REPENSANDO A MOURELA, é a frase escollida para presentar esta actividade, que conta coa colaboración da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia. ![]() A Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes, xunto con ADEGA preparan un acto sobre a Mourela na cidade da Coruña, no que se exporá a problemática da necrópole prehistórica da Mourela, afectada polas obras da autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. O inicio está previsto para as sete do serán, coa proxección de catro pezas audiovisuais, que presentarán a situación actual do conxunto megalítico, e que terá unha duración aproximada de quince minutos. O acto contará ademais coa presenza do prehistoriador e arqueólogo Antón Malde que falará ao respecto da importancia da necrópole da Mourela nos estudos e investigacións da Prehistoria en Galiza. Asemade, o museólogo e técnico de xestión cultural, Felipe Senén falará das posibilidades de reconstrucción do anel lítico e da posta en valor do conxunto megalítico. Membros de ADEGA e a Plataforma farán tamén unha análise dos diferentes impactos producidos na necrópole ate o momento e presentarán as condicións que posibilitan a execución dun túnel como alternativa á destrucción deste conxunto patrimonial. O evento, ao que está prevista a asistencia de diferentes persoeiros da cultura galega, terá lugar nas Portas Ártabras da Asociación Amigos dos Museos de Galicia, situado na cidade vella da Coruña. Dende a organización, anímase aos veciñ@s das Pontes, a participar neste acto, que aseguran será tamén unha manifestación pública da vontade popular galega, na salvagarda da necrópole megalítica da Mourela. Publicado por mourelo -- Maio 26, 2007 9:00 AMComentarios
eu vou ir ao acto, porque me queda ao pé da casa. Ánimo rapaces que non vos deiten con titulares. Publicado por : feder -- Maio 25, 2007 10:58 AMEu tamen irei para rivindicar no nome das farolas haber se poden poñer as pegatas noutro lugar xa que últimamente estamos moi extresadas porque todas nos tocan a nos encima como están tan ben pegadas votan anos. Tes ben pouco que facer, pra estar falando en nome das farolas. Publicado por : xosé -- Maio 27, 2007 4:40 PM¿E os da plataforma non teñen millor que facer ? Que montar circos e seguir animando ós que xa estan montados..Porque esperar o anuncio da destrucción do anel lítico da Mourela pra manifestarse.. ¿O e que antes non vos preocupaba? Eu estou coas farolas. PEGATINAS FORA XA !!!!!!!!! Publicado por : comite de axuda as farolas -- Maio 28, 2007 1:49 PMpara o do comité: así que che molesta que se defenda o patrimonio por parte de xente sen afiliación política, pero non aturas pegatinas nunhas farolas porque o consideras incívico. E digo eu, que opinas do pobo cheo de pintadas, de carteis electorais ata nos eucaliptos e de feísmo urbanístico ata nos edificios públicos. Iso non che importa? A xente da plataforma son veciños e xuntáronse para defender o círculo cando se deron conta que se non o facían, non iba a ver ninguén que levatara unha queixa, nin as administracións que debe velar pola súa conservación, nin moito menos ti, que estás tan preocupado noutros asuntos de maior importancia. Publicado por : electricista -- Maio 28, 2007 9:04 PMParéceche que desplazarnos á cidade da Coruña a "montar circos" como dis ti é o único que temos que facer. Por certo: Non me molesta pra nada que defendeis o patrimonio.. E tampouco me van os carteles politicos. Nin as pintadas. Nin a destrucción do patrimonio. Pero me parece tarde demais para a Mourela, xa esta a zona da escavacion case destruida, non le vexo sentido a querer gardar eso. SR. Faroleiro..... non sei cal é o teu criterio, para dicir que nos centremos no "patrimonio que aínda vale para algo". A Mourela vale para moito amigo. A Dirección Xeral de Patrimonio (Xunta) leva case 2 meses estudiando que facer. Por qué? O dito Sr. Faroleiro, ti adicate o teu, que é arrincar pegatinas das farolas, en lugar de enterar do que tes no teu pobo. PD: a recomendación que fas, de que miremos polos 21.000 euros que custará a exposición temporal, faime escacharme de risa. Ti, se es adulto, cousa que dubido, tes a mesma obrigación que calquera de nós, de mirar pola boa xestión dos fondos públicos... Por certo Faroleiro se tes algunha proposta para a Plataforma será benvida, sempre é cando non sexan chorradas relacionadas con farolas. Publicado por : electricista -- Xuño 1, 2007 12:51 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-La Guardia y Cómplices, hoy, y Efecto Mariposa, mañana
-El ´tsunami´ que viene -La beta de Opera Mobile 9.5, disponible para descarga -Google está preparando un cambio en su servicio Gmail que proporcionará a los usuarios mayor control sobre sus listas de contactos -As Pontes inició sus fiestas a ritmo de guitarreo -Narón, Valdoviño y As Pontes recibieron a 27 niños saharauis -Adega alerta de que llenar de agua la mina de As Pontes puede provocar un tsunami -Adega exige investigar las prácticas de Endesa en el Eume -Euroeume modifica os seus estatutos na Asemblea Xeral da Asociación -Codeka Arquivos
- Xullo 2008 (109)
- Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||