Maio 31, 2007

Un amplo dispositivo policial impide aos mariscadores bloquear a entrada do gaseiro Mourad Didouche na ría de Ferrol

Dende as 7 da mañá do día de onte, un amplo dispositivo policial impediu o acceso dos mariscadores ferroláns ás súas embarcacións

P1020386.JPG

Unha ducia de equipos antidisturbios da Policía Nacional así como axentes da Autoridade Portuaria impediron onte sair a faenar a un cento de mariscadores de Ferrol, para evitar un posíbel bloqueo da ría ante a chegada do gaseiro Mourad Didouche.

Durante a mañá unha delegación de mariscadores entraron no edificio da Autoridade Portuaria e esixíron ao xefe da mesma, Amable Dopico, presentara a súa demisión por permitir a entrada do buque e o bloqueo das embarcacións que saían a faenar.

Contra as tres da tarde máis de medio millar de veciños e mariscadores de Ferrol, concentrábanse no porto ferrolán pra protestar contra a entrada do gaseiro na ría. Logo de varios intentos frustrados por parte dos mariscadores para acceder ás súas embarcacións, ás catro e media do serán entraba o gaseiro pola bocana da ría levado por dous remolcadores e escoltados por dúas patrulleiras e varias lanchas da Garda Civil.

Dende eiquí os manifestantes dirixíronse ate a sé dos xulgados ferroláns para recibir ao patrón maior da Cofraría de Ferrol, Bernardo Bastida, detido o pasado martes cando trataba de impedir a entrada do gaseiro na ría. Este entraba a prestar declaración escoltado por un amplo dispositivo policial de axentes da Garda Civil e equipos antidisturbios da Policía Nacional que tomaban os accesos aos xulgados. Á saída comunicábase a prisión provisional sen fianza para o patrón maior, imputándoselle delitos de coaccións, ameazas e desobediencia cívica.

Xa ás sete do serán un grupo de mariscadores, aproveitando a concentración dos efeitivos policiais ás portas dos xulgados, conseguían acceder ás súas embarcacións e dirixirse ao metaneiro que ficaba xa atracado no porto de REGANOSA en Mugardos.

Dende o comité cidadán alértase de que a planta de gas, carece dun plan de emerxencia e ainda así os metaneiros seguen entrando na ría. O problema deriva do calado destes buques que precisan a pleamar para poder acceder á ría de Ferrol. No caso de se producir calquera problema que obrigara a sair ao buque, habería que agardar até a pleamar seguinte para poder evacualo.

Nos vindeiros días e ante a chegada de novos gaseiros á ría de Ferrol, o comité cidadán anuncia novas movilizacións.

P1020233.JPG


P1020245.JPG


P1020275.JPG


P1020295.JPG


P1020348.JPG


P1020317.JPG


1.JPG


2.JPG


3.JPG


4.JPG


5.JPG


6.JPG


7.JPG


8.JPG


9.JPG

Publicado por mourelo -- Maio 31, 2007 11:16 AM


Comentarios

Vergonzoso. Isto só pasaba con Franco.
Represión policial e ausencia de liberdades.
Como pra levantarse contra os caciques.
Isto xa ten tintes de revolta popular.
O pequeno contra o grande.
O pouco contra o moito.
Como dicía Carmelo onte,
David contra Goliat.

Publicado por : viriato -- Maio 31, 2007 12:12 PM

podedes ver ou descargar o vídeo feito polos compañeiros da Plataforma Ártabra 21 na súa web:
http://artabra21.blogspot.com/

Ánimo a tódolos ferroláns que defende as súas vidas e o seu futuro, sen medo e con forza.

Publicado por : ártabra -- Maio 31, 2007 12:33 PM

podedes ver ou descargar o vídeo feito polos compañeiros da Plataforma Ártabra 21 na súa web:
http://artabra21.blogspot.com/

Ánimo a tódolos ferroláns que defenden as súas vidas e o seu futuro, sen medo e con forza.

Publicado por : ártabra -- Maio 31, 2007 12:33 PM

Eso eso que no dejen entrar los gaseros que cierren la planta de una puta vez y que los trabajadores se vallan al paro

Si si aqui en as pontes la chimenea contamina mucho cerrar endesa tambien y todos al paro

En somozas que cierren sogarisa y todos al pero

Astano queda muy fea en la ria, mejor seria un centro comercial, si si cerarlo y todos al paro

Bazan estaria mejor como zona turistica, cierre y todos al paro

Los eolicos quedan feos en los montes, total solo generan corriente y 23.000 empleos que coño todos al suelo y los currantes al paro

LM composites en los eirios es toxica, cerrarla y todos al paro

La celulosa huele mal total solo crea 1000 empleos no no para as pontes que no venga

El lago de as pontes nos dara mucho frio al pueblo y humedad no que va que lo tapen con tierra

Cada dia entiendo menos a la sociedad, 4 pescadores en ferrol que no tienen puta falta de mariscar, la mayoria, sus maridos trabajan en astano y bazan, yo mismo conozco a 3 que tienen pasta como toreros y utilizan el marisqueo para justifcar que se dedican a algo, cerremos la planta de gas que total para que queremos el desarrollo industrial, si total las empresas que necesitan del gas ya se iran para bilbao, cataluña etc

Publicado por : gd -- Maio 31, 2007 10:02 PM

Creo que GD, ponse nunha postura demasiado extremista. O negativismo que descrebe, penso que representa a moi poucos. O que pasa e que a min pareceme que a central de ciclo combinado esta moi ben, e necesitamos evidentemente o gas, o que pasa que o discutibel e a razon do anterior goberno popular para permitir a instalaccion na ria dunha industria deste tipo. En fin, que se fan as cousas mal no seu orixe, e despois pasa o que pasa. Persoalmente creo que reganosa se deberia de haber feito fora da ria, e todos contentos...¿sera algun dia compatibel a industrializacion e o desenrrolo economico co sentido comun?. Eu teño as miñas dubidas. ¿e vos?

Publicado por : Jose A. Blanco -- Maio 31, 2007 11:35 PM

Quería darlles as grazas os mariscadores e a todos os que os apoían por defender o que é de todos. a ría e nosa e das xeneración futuras.
A planta de gas está moito millor no porto exterior, incluso para as empresas, pois terían moitas menos dificultades e monos problemas coas mareas e a seuridade.
A celulosa e outro tema pero gostariame recordar que non ha queren nin en países en vías de desemrrolo e que é un tema para non tomarse a lixeira.

Publicado por : ana -- Maio 31, 2007 11:39 PM

Non te preocupes, que si ocorre un accidente grave nesa planta de gas instalada ilegalmente tan preto da poboación, xa xerará emprego dabondo pra todos: Enterradores, persoal sanitario do Sergas, floristerías, etc.

E todo solucionado; refírome ao emprego, claro, que é o único que importa.

Publicado por : jatomiau -- Maio 31, 2007 11:41 PM

Quería darlles as grazas os mariscadores e a todos os que os apoían por defender o que é de todos. a ría e nosa e das xeneración futuras.
A planta de gas está moito millor no porto exterior, incluso para as empresas, pois terían moitas menos dificultades e monos problemas coas mareas e a seuridade.
A celulosa e outro tema pero gostariame recordar que non ha queren nin en países en vías de desemrrolo e que é un tema para non tomarse a lixeira.

Publicado por : ana -- Maio 31, 2007 11:44 PM

E logo, ¿que ia a facer Toxeiro cuns terreos a beira do bar sobre os restos dun asentamento romano? Embaucar á Xunta, a Caixa Galicia, a Endesa e a Fenosa (vaia 4 pesos pesados e poderosos) e facer ALÍ unha regasificadora (que sen dúbida é beneficiosa para o noso país). Precisamente ALÍ, en terreos que doutra maneira non terían permiso para un uso industrial. Precisamente ALÍ, a menos de 200 metros de vivendas de xente coma ti e coma min. Precisamente ALÍ, no fondo dunha ría, con calado limitado pola marea e de difícil escapatoria en caso de emerxencia.
Co sinxelo que era metela no Porto Exterior, e de paso, crear unha zona industrial en punta Langosteira que tan ben lle viría a zona.
Grazas pola vosa páxina.

Publicado por : Mugardos -- Xuño 1, 2007 11:13 AM

É certo que a ubicación da planta non é a mellor, pero é imprescindible para o tecido industrial da bisbarra e de toda a provincia.

A planta é un feito consumado, e o que se lle debe esixir a administración e a empresa son as máximas garantías, pero, coido que a estas alturas pedir o peche ou o traslado sería unha temeriadade e unha inrresponsabilidade cara o futuro.

No tocante os mariscadores, que sexan resarcidos economicamente se o teñen que ser, e asunta arranxado, non se pode por trabas o desenvolvemento da bisbarra por unhas ducias de traballadores dun sector que non move máis de 3 ou 4 millóns de euros ao ano, polo que pode supor ter unha fonte de enerxía fiable y barata.

Publicado por : marcial -- Xuño 2, 2007 11:27 AM

Non se está a falar somentes do traballo dunhos poucos. Estase a falar de como unha empresa sen cumprir cos requisitos de seguridade, sen ter un plan de emerxencia exterior aprobado polos organismos competentes que si ben foi presentado pola empresa non foi adiante.
Hai que dicir que a comarca de Ferrol é tamén unha zona que viu mermada a súa actividade industrial nos últimos anos, sobretodo no que respecta ao sector naval, mais non é REGANOSA a panacea que vai a sacar esta comarca do furado. Por outra banda si a planta de gas é tan necesaria para os intereses de Galiza, por que o noso goberno non fixo nada para minimizar os impactos que esta tería na ubicación actual, porque o goberno non condicionou a súa ubicación ao porto exterior, como así defendían o PSdG eo BNG. Agora estes limítanse a decir que si ben a súa ubicación non é máis axeitada, hai que tratar de conciliar tódolos intereses.
Que digan por que a súa ubicación non é a máis axeitada. Se cadra será porque cada vez que entra un metaneiro pola ría de Ferrol restrinxen o tráfico marítimo e deixan a máis de 100 traballadores sen poder sair a faenar, empregando para isto se é necesario toda a forza policial e militar necesaria. Que digan por que cos nosos cartos e os nosos recursos PUBLICOS defenden os intereses dos accionistas que conforman REGANOSA, pois recordemos señores que non só o sr. toxeiro está aí, tamén está a nosa Caixa, a nova, a vella e o peto das ánimas e toda a marimorena.
Eu négome a que cos meus cartos se posibilite que máis de cen traballadores queden sen poder ir a traballar, porque unha empresa se apropiou do seu medio de vida por unhos días. Pero a onde fomos a parar.
O mércores pola tarde estiven no peirao e podo dicir que nunca na miña vida, crin chegar a ver o que alí se estaba a escenificar por parte das forzas da orde. unhos quince vehículos da nacional e axentes con escopetas, porróns, escudos e pouca educación. Do outro lado medio millar de veciños e mariscadores, coas súas mans limpas e as súas gorxas afinadas, pra berrar con todo o seu dereito que a ría é de todos, non dos intereses dunhos poucos. E perdón pola extensión, pero si meteño que poñer dalgún lado é dos traballadores que quedan sen poder traballar, que con moitos cartos que lles den, non poderán calar o sentir dun pobo, un pobo farto dos seus gobernantes, en Ferrol, nas Pontes, en Vigo ou no Courel, por toda a Galiza un bafo de carraxe está a levantar as almas do pobo que sufre a demagoxia e a prepotencia dos seus gobernantes, deixando á marxe aos cidadáns para que poidan decidir que é o mellor pra eles, dentro da tan agardada DEMOCRACIA PARTICIPATIVA. A democracia non é algo que se poda usar ao antollo dunhos poucos, non é unha ferramenta electoral, non é unha verba a enmerdar. É o noso sistema de goberno. É o peso que equilibra a balanza. É a inercia que empuxa ás sociedades ao desenvolvemento, mais non en benefizo dunhos poucos.

Publicado por : xosé -- Xuño 2, 2007 4:56 PM

Ferrol leva moitos anos en continua decadencia e gobernada por incompetentes ,a ubicación da planta e unha coña,a Praza de España outra,e que vos parece que o BNG das Pontes quixera levala agua do encoro da Ribeira pra Reganosa?.

Publicado por : DaSilva -- Xuño 5, 2007 8:58 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Festas do Carme e a Fraga

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Xullo 2008 (109)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Xullo 2008
D L M M X VS
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31