|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (187)
ArTe (111) As Pontes (3147) Axenda (769) Canto Mais? (249) Ciencia (28) Comarca (435) Conexions (418) Cultura (230) Deportes (1556) Ecoloxia (163) Educacion (97) Empresas (303) Emuladores (9) Enerxia (264) Enquisas (47) Especiais (67) EuroEume (111) Fotografia (176) Gastronomia (30) Hardware (590) Historia das Pontes (168) Humor (32) Lago (110) Linux/GNU (988) Log #irc (12) Mundo (282) Mundo Apple (788) Municipais 07 (19) Municipais 11 (58) Musica (726) Na Web (1240) Natureza (265) Novas (21) Opinión (36) Outros Mundos (53) Parroquias, festas e historia (69) PDA / Phone (188) Pirateria? (274) Ponteses (209) Recursos (4) Sanidade (28) Saude Natural (45) Seguridade (349) SenFios (229) Software (526) Tecnoloxia (567) Tutoriais (9) Video Dixital (387) Videoteca (48) Windows (304) Zona Gamers (448) |
5 de Xuño 2007A CONSELLARÍA DE CULTURA LEVANTA A CAUTELA SOBRE OS RESTOS DO CÍRCULO LÍTICO DA MOURELA, NAS PONTESXunta de Galicia - Consellaría de Cultura e Deporte - Información aos medios • Cultura prorrogou sucesivas veces as escavacións desde 2005 para documentar exhaustivamente os restos •A Consellaría remitiu hoxe o levantamento da cautela tras recibir notificación da Consellaría de Obras Públicas da imposibilidade de alterar o trazado da autovía Ferrol-Vilalba • O estudo de impacto ambiental do ano 1999 non detectou a existencia destes restos, que se viron afectados polo proxecto da devandita autovía • Na zona próxima aos restos do círculo lítico existen tres mámoas ás que non lle afectarán as obras da autovía Descargar nota de prensa en PDF ![]() Santiago, 5 de xuño de 2007.- A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantou hoxe a cautela arqueolóxica que existía sobre os restos do círculo lítico da Mourela, situados no concello das Pontes e afectados pola autovía Ferrol-Vilalba. Cultura autoriza a continuación das obras tras documentar a fondo desde xuño de 2005 os restos do círculo e tras recibir informe da Consellaría de Obras Públicas desestimando unha posible alteración do trazado. A Consellaría mantén a protección en 3 mámoas próximas ao restos do círculo, así como a supervisión arqueolóxica das obras por se aparecesen novos xacementos. No caso do círculo lítico da Mourela, que fora descrito e fotografado por Federico Maciñeira e recollido en publicacións das primeiras décadas do século XX, a estrutura xa fora desmantelada, xa hai moitos anos, para empregar a súa pedra nas obras da antiga estrada, sen que quedaran dela restos visibles en superficie. Este elemento, desaparecido na súa parte visible e non localizado nos estudos previos feitos en 1999 para a elaboración do proxecto construtivo, veuse afectado pola execución do trazado da Autovía Ferrol-Vilalba. Deste xeito, para o círculo lítico da Mourela, que constaba como desaparecido, sen localización precisa nos estudos e sen medida correctora específica, estimouse necesario no ano 2004 por parte de Patrimonio Cultural o establecemento dunha zona de cautela para, posteriormente, –en xullo de 2005- iniciar a súa escavación. Os últimos traballos, rematados en abril de 2007, foron dirixidos polo catedrático de Prehistoria da USC, Ramón Fábregas, e por Andrés Bonilla, e neles participaron durante 90 días un total de 30 persoas entre arqueólogos, edafólogos, debuxantes e outro persoal técnico. Só quedaban as improntas do círculo Conforme recolle o informe técnico valorativo destes traballos, neles comprobouse que os círculos líticos da Mourela que dera a coñecer Federico Maciñeira xa non existían como tales e só quedaban as improntas dalgunhas daquelas pedras na terra, elementos menores e algunhas marcas complementarias. Na escavación exhaustiva da área, ata o substrato natural documentouse tamén a presenza de restos da improntas e materiais asociados a unha construción de época medieval. Os restos achados (fundamentalmente pezas de cerámica e algún material lítico) foron retirados e gardados en instalacións do Concello das Pontes á espera de seren expostos ao público, en primeiro lugar nunha mostra expositiva neste mesmo ano e, logo, seren integrados nun posible museo comarcal. A Consellaría colaborará neste proxecto, e para a montaxe da primeira exposición contribuirá cunha axuda de 21.000 euros. As mámoas non están afectadas O resto dos xacementos arqueolóxicos localizados nesa área, os denominados túmulos tan só están afectados en parte do seu ámbito de protección, non no xacemento mesmo, polas obras de construción da Autovía Ferrol-Vilalba. Estas mámoas son visibles e recoñecibles, e para elas trazáronse uns ámbitos de exclusión de obras nos estudos arqueolóxicos levados a cabo con motivo da elaboración do proxecto construtivo da autovía, establecéndose as medidas protectoras e correctoras necesarias para que se conserven na súa integridade. Resolución remitida hoxe á CPTOPT En data 23 de abril a Consellaría de Cultura e Deporte dirixiuse á de Política Territorial solicitándolle información sobre a posibilidade de variar o trazado ou executar un túnel nesa zona da autovía. Visto o escrito de resposta da Dirección Xeral de Obras Públicas (CPTOPT) de data 4 de xuño de 2007 no que se sinala a imposibilidade técnica e orzamentaria para proceder á modificación do actual proxecto de execución do trazado do citado treito da autovía Ferrol-Vilalba, e á vista de toda a documentación, dos datos que obran no expediente e dos informes dos Servizos Técnicos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu unha resolución informando favorablemente a continuación das obras da Autovía Ferrol-Vilalba, treito As Pontes Cabreiros, na área cautelada da Mourela, baixo as seguintes condicións (extracto da resolución): - Manteranse balizados os ámbitos de exclusión de obra dos xacementos Mourela 4 (GA15070127), Mourela 6 (GA15070130) e Mourela 7 (GA15070129), nos que non se poderá levar a cabo ningún tipo de obra, e o trazado, na medida do posible, alonxarase destas áreas de exclusión reducindo as dimensións dos noiros ou taludes proxectados. A situación destes elementos e os seus ámbitos deberán figurar na cartografía de obra. - As vías de servizo previstas no contorno dos xacementos de A Mourela en ningún caso deberán afectar ós seus ámbitos de exclusión, polo que será preciso se acometan os axustes necesarios no seu trazado. En relación co vial previsto de reposición da estrada actual, naqueles treitos nos que discorre próximo ás mámoas da Mourela, deberase valorar a súa incidencia polo equipo do control e seguimento arqueolóxico, o que no seu caso conlevará un recoñecemento exhaustivo dos terreos e incluso o control da súa limpeza se fose necesario. As solucións construtivas que se adopten en relación con estes viais, ou calquera obra auxiliar neste contorno, terán que remitirse xunto co informe do equipo de control e seguimento á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para o establecemento, no seu caso, doutras medidas correctoras. - A totalidade dos traballos de remoción de terras nesta área deberán facerse baixo a supervisión do equipo de control e seguimento arqueolóxico das obras de construción da estrada de referencia, que presentará ao seu remate un informe dos resultados. No caso de detectarse calquera tipo de evidencia de carácter arqueolóxico no transcurso das obras de construción, dita circunstancia terá que ser comunicada á maior brevidade á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, para que como organismo competente na materia decida sobre a conveniencia de establecer novas medidas protectoras e correctoras. Estes traballos desenvólvense baixo a supervisión do arqueólogo director do proxecto de control e seguimento arqueolóxico para evitar calquera afección sobre xacementos arqueolóxicos non detectados durante os traballos de prospección ou que polas súas características non sexan perceptibles en superficie. SAÚDOS |
Novas Recentes
-LIGA GALEGA DE RUGBI: CONTUNDENTE VITORIA DO FENDETESTAS SOBRE O CRAT DA CORUÑA (50-0)
-Resultados da fin de semana do CD AS PONTES -Los emprendedores exigen al Gobierno más medidas para reactivar la economía -En 2011 se vendieron 488 millones de smartphones, frente a 415 millones de PC -TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 BETANZOS CF 2 -RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES -As Pontes exaltará el grelo el 19 con su tradicional feria y el concurso de cestas -Avid lanza la app de edición de vídeo Avid Studio para iPad -Motorola logra que Apple retire de su web varios modelos de iPhone y iPad en Alemania -La Asociación de Internautas pide al Supremo la suspensión de la Ley Sinde Wert Arquivos
- Febreiro 2012 (19)
- Xaneiro 2012 (116) - Decembro 2011 (113) - Novembro 2011 (132) - Outubro 2011 (117) - Setembro 2011 (107) - Agosto 2011 (89) - Xullo 2011 (99) - Xuño 2011 (138) - Maio 2011 (149) - Abril 2011 (113) - Marzo 2011 (141) - Febreiro 2011 (149) - Xaneiro 2011 (146) - Decembro 2010 (133) - Novembro 2010 (134) - Outubro 2010 (198) - Setembro 2010 (109) - Agosto 2010 (90) - Xullo 2010 (124) - Xuño 2010 (119) - Maio 2010 (136) - Abril 2010 (122) - Marzo 2010 (112) - Febreiro 2010 (110) - Xaneiro 2010 (152) - Decembro 2009 (91) - Novembro 2009 (111) - Outubro 2009 (118) - Setembro 2009 (91) - Agosto 2009 (88) - Xullo 2009 (92) - Xuño 2009 (124) - Maio 2009 (217) - Abril 2009 (212) - Marzo 2009 (155) - Febreiro 2009 (150) - Xaneiro 2009 (149) - Decembro 2008 (141) - Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (178) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (165) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||