Xuño 18, 2007

Presentación do Proxecto SO2 de Mariano Grueiro en Alexanderplatz, Berlin

Máis información en grueiro.blogaliza.org.


Publicado por CyberMODE -- Xuño 18, 2007 8:53 AM


Comentarios

joder, propongo solicitar firmas para conseguir el cierre de la central. En su lugar podrian hacer un parque tematico sobre la energia sucia...
si los ferrolanos van a por reganosa, nosotros somos mas chulos, y nos cepillaremos la central de endesa.

Publicado por : anti-todo -- Xuño 18, 2007 11:08 PM

Asi e, meu anónimo anti-todo. Se o dia de maña as cousas non van ben coa central, a culpa non será miña. Será dos que puxeron a central. Non e sostible e nunca o foi. Vaite pola Faeira e veras o bo que fixo a central ali.

E duro dicir isto, pero xa o facia cando o meu pai estaba nunha situación similar . A herdanza que me deixou dos seu anos de ASTANO foi unha ria podre. Eu sei o que vin a finais dos setenta: unha ria que tiña marisco a maos cheas, literalmente.
Mais duro inda e que dividan o pobo en dous, a un os boten e os outros os manteñan temporalmente. O auto-odio está sementado dende hay corenta anos.

O do parque temático pareceme unha idea caralluda, de feito penseino no seu momento, máis o que teño pensado e sorpresa para dentro dun tempo.

Publicado por : Mariano -- Xuño 19, 2007 12:22 AM

Hola Mariano,

Máis datos sobre a nosa insustentabilidade: A ría de Pontedeme estaba chea de ostras. Se falas cos mariñeiros de alí (e non necesariamente cos máis vellos), poderanche contar como descargaban centos e centos de kilos de ostras no peirao de pontedeume xusto cando pasas a ponte, a esquerda...

Esto foi así... Ata que a mina de As Pontes empezou a funcionar. Daquela o único control da acidez da auga que habái era botar direcatmente camións de cal na canle que verquía a auga de mina no río Eume.

¿Un parque temático sobre a enerxía sucia? ¿Alguen iría a ver Chernobil? Recomendo o visionado de Roger and me, de Michael Moore, sobre a cidade de Flint, un centro industrial baseado no automóbil que entrou en barrena e do que GM non se acordou xamais...

Publicado por : somede -- Xuño 19, 2007 11:31 AM

E moi interesante todo o que comentas.

Fanse viaxes turisticos a preto de Chernobyl. Hay unha ucraniana que fixo un traballo sobre Chernobyl que foi moi visto. Pero eles teñen contadores Geiger. O noso aparentemente non e espectacular, e o que é visualmente diferente, xa o temos asumido.

Si, Roger and me inspiroume moito, grazas polo dato. E asi meu, pasan de nos, por iso me gustou. "Se construyó un hotel de lujo, pero al año sus dueños lo pusieron en venta. Se abrió un gran parque temático del automóvil, pero a los seis meses cerró por falta de visitantes. El “empleo ideal”, según la prensa, estaba ahí mismo, esperando a los miles de desempleados de GM: trabajar en un restaurante de comida rápida mexicana. Las nuevas oportunidades se limitaban a vender conejos para comida o como mascotas."

Moore fixo que se tragaran sua realidade con patacas, utilizando os métodos da Gm. (neste punto lembremos as tácticas de ENDESA. Agora din que contratan a mil persoas, e chega a admitir que deixaran de botar un millon de toneladas o ano de CO2 ¿significa iso que antes botaran algo?¡que va! ¿que e a perda dos traballos de Mariscadores de Ferrol por REGANOSA o lado de 1000 postos de traballo en As Pontes que traballaran nunha central que funciona con gas de REGANOSA?)
Non penso entrevistar a Manuel Pizarro, o xefe de ENDESA, o home e moi creido. O outro dia un escolta seu estivo facendo o conachan cos do CNI, non quero que digan que ando eu metido co pizarreiro. Por outra parte, se fago algo asi, aumentaria a plantilla do CNI de As Pontes, o cal seria beneficioso para a economia local en forma de cafés, menues e pensións.


Non tiña nen idea do de Pontedeume, o de Ferrol seino porque fun testigo diso. E moi interesante e moi jevi o dos camions. Moitisimas gracias polos datos. Todos estes datos , antes non saian na prensa, e non podo recurrir a hemerotecas nen arquivos, so o testimonio da xente, e as persoas non queren falar. Grazas.

Publicado por : Mariano -- Xuño 19, 2007 2:14 PM

pois resulta que o novo alcalde quere acabar de rexenerar o rio eume cunha celulosa...

Publicado por : faeira -- Xuño 19, 2007 7:40 PM

llegamos a casa y encendemos la luz
luego nos damos una placida ducha de un cuarto de hora con el agua bien calentita
luego pasamos un rato en internet, pasamos por amigus para ver las novedades que hay y finalmente nos relajamos viendo una pelicula.
y asi miles y miles de veces. y luego cada dos meses cuando llega la factura de fenosa, siempre nos parece caro...
¿es ciencia-ficcion lo que cuento?, no lo hacemos todos?
pero que coño...reganosa no la queremos (algun dia habra que agradecerle muchas cosas a Don Roberto Tojeiro)...La central de gas, pues tampoco...Endesa cerrarla que contamina...Celulosa no que contamina tambien...la mina de andalucita, tampoco, que jode las fragas...(no habra monte en galicia!!!)... Y luego de nucleares ni hablar...
Pero que vamos a hacer?...que alguien me explique como vamos a progresar y crecer oponiendose a todo...a mi no me cuadra Mariano...porque cada verano se baten records de consumo en energetico...Si Mariano, año tras año, en julio la peña se compra los aire acondicionados porque tiene calor y claro...ya te imaginas

la central de gas, contamina, pero menos...Endesa va a adaptar los grupos para quemar solo carbon de importacion y contaminar menos...la celulosa cumpliria toda la legislacion medioambiental...la mina de andalucita idem...cumple con la ley
en fin, dios nos pille confesados como dejen tomar decisiones a cierta gente...quien nos veria con los candelabros...

Publicado por : anti-todo -- Xuño 19, 2007 9:11 PM

Parece que por fin algén parece ver a realidade, o seu nome anti-todo é un pouco tras pero di verdades como puños.

Por unha banda queremos emprego, pero por outra non queremos tecido industrial, por unha banda queremos emprego, pero só con condicións laborais como en Luxemburgo (salario mínimo máis de 1.500 euros).

Vivimos onde vivimos, e a actividade humana transforma o planeta, tan só hai que esixir o cumprimento la lexislación ambiental nas implantacións industriais, podemos esixir o peche de Endesa, Reganosa, Ence, e todas as que queiramos, pero debemos ser conscientes que, ambientalmente, que estas empresas estén ubicadas aquí, suxeitas a lexislación ambiental europea, e mellor que se estivesen en China, Sudán ou na India, pois despois a estes lles mercaríamos o gas, a enerxía e o papel con uns custes ambientais tremendos.

Os valores ambientais debemolos protexer, pero non ir de progres guais, tal vez existisen ostras en Pontedeume, pero tamén existian oso, buitres, lobos, culcitas macrocarpas, salmón, en unha gran abundancia fai dous mil anos no noso entorno, pero a actividade humana foi transformando o territorio, se decimos non a Endesa, Ence, Reganosa aínda que estas se adapten a lexilación europea tamén deberíamos desmantelar todos os asentamentos humanos en Galicia.

O modelo de desenrolo da nosa Vila é o que é, tal vez sería mellor vivir da producción musical ou de ser un centro financieiro, que o desenrolo pontes está baseado na transformación dos recursos naturais, e se nos opoñemos a este desenrolo o que non será sustentable será a nosa Vila.

Un saúdo.

Publicado por : marcial -- Xuño 19, 2007 10:18 PM

si o final vai pasar como co da autovia, pararona pra vuscar pedras dous anos, gastaron 500 millons, e tiveron que deixalos ata que se deron conta que non habia xa nada, porque turran por turrar.
Mira que rapido se lles acabou a tonteria, nunha maña pasou a rotopala por a mourela e adeus o litico ese de marras, se non fora por eso, xa case estaban hoxe en vilalba ca estrada.

Publicado por : alberto -- Xuño 19, 2007 10:20 PM

non será que a autovia quedou parada en espiñaredo? non na mourela.

Publicado por : marc -- Xuño 19, 2007 10:30 PM

Olá:

Anti-todo, Marcial... Penso que no fondo todos queremos QUE SE FAGAN AS COUSAS BEN. Progreso sí. Desenrolo sí. Pero non a calquera prezo.

Varios exemplos: Se non tivéramos contaminado tanto, o cambio climático non sería tan drástico e non se precisarían tantos aire acondicionados. Ou se no canto de construir o mesmo tipo edificios en calquera parte do mundo, se tivesen en conta factores climatolóxicos, non precisarían de tanta enerxía... Consumimos moito máis do necesario para ter un desenvolvemento semellante. Máis cousas: ¿Por que se invirte tanto en autovías e circunvalacións e tan pouco en trenes de cercanías e de mercadorías, moito menso contaminantes e agresivos?

No da autovía: ¿Canto levan gastado en Espiñaredo por facer as cousas mal? Gastaron 5 millóns máis no tramo ata Cabreiros, pero non polo círculo lítico (aínda que La VOZ de Galicia quixera que pensáramos eso polo seu titular):
"El Consello de la Xunta autorizó un gasto de cinco millones de euros que se invertirá íntegramente en obras complementarias de la autovía Ferrol-Vilalba. En concreto, el dinero irá a parar a actuaciones que se llevarán a cabo en el tramo que discurre entre la villa minera y Cabreiros.La Xunta hace constar que son trabajos inicialmente no previstos y detalla que con la realización de los mismos se ampliará la red de caminos de servicio, se mejorarán otros y se intervendrá en algunas vías municipales. Además se explica que con cargo a esta inversión se construirán áreas de descanso y se confirma que la administración autonómica asumió el gasto del estudio de arqueología llevado a cabo en la zona de A Mourela".

Reganosa: Emprega unha tecnoloxía obsoleta e inadecuada para o interior dunha ría: Un artigo de Susan Mopper, investigadora da Universidade de Louisiana, nos Estados Unidos, definiu o que un sistema como o escollido pola planta de Reganosa implica para a área mariña que a rodee: "zona morta". Eso sí, e un 1,5% máis barato...

A mina de andalucita: Sí, hay moito monte en Galicia... Pero o monte Fontardión e Forgoselo teñen unha serie de valores naturais e unha proximidade ás Fragas do Eume que fan que moitos temamos polo impacto desa mina. O alcalde da Capela rexeitouna, porque a maioría dos postos de traballo no seu municipio dependen da calidde do ambiente (agricultura, ganadería e turismo).

¿Que a celulosa cumpriría toda a lexislación ambiental? ¿De qué celulosa estamos a falar? Eu non vin estudio de impacto ningún. Só un da Xunta que desaconsellaba a súa ubicación nas Pontes e ó Conselleiro de Medio Ambiente decindo que mellor non concentrar este tipo de empresas nun só punto.

E sí, As Pontes viviu o século XX como grande transformadora de recursos naturais. Certo, e contra iso ningén pode decir o contrario. Pero hai que ter en conta:

- Os exemplos de diversificación industrial e tecnolóxica en outros lugares en reconversión que saliron ben: Irlanda (de ser o derradeiro país da UE, pasaron a ter 1.400 euros de salario minimo)... E non teñen nen cen km de autovía, todos ó redor de Dublín.

- Que estas industrias transformadoras de recursos naturais son cada vez menos intensivas en man de obra, e moitos dos postos de traballo que xeneran non precisan de moita cualificación, polo que non están precisamente ben pagados.

E gracias, Amigus, por deixarnos debatir no voso espacio (de bon rollo o debate e a transmisión de información sempre son sanas).

Saudos a todos! ;-) Publicade as vosas ideas!!!

Publicado por : somede -- Xuño 20, 2007 9:08 AM

Mentres China,EEU e URSS non deixen de contaminar nos estamos a pintar o tonto.
O que queira vivir sen contaminacion que de exemplo coas sua forma de vivir e renuncia a electricidade,a calefacción etc e despois a falar.
En España non somos ninguen e en Galiza moito menos que ninguen a hora de falar de contaminación.
Divertidebos falando de resolver o mundo mais os tiros van por outros lares.
Poñer o exemplo de Irlanda e unha carallada,as verdades a medias son sempre moito pior que as mentiras.
Oxe por oxe non hay desenrolo sin un certo grado de contaminación maior canto mais probe e o pais .Os paises ricos comas persoas cada vez son mais limpos e os probes temos os seus basureiros nas Somozas ou facemos as palas pra que os mozos que morran os cincuenta non señan norteamiricanos nin canadienses .
Se temos clima ou agricultura coma no Mediterraneo podemos gañar algun carto divirtindo os alemas e ingleses e dandolles de comer.
E non hay moito mais,as reglas da vida fai moito que estanche inventadas.

Publicado por : ferreiro -- Xuño 24, 2007 8:42 PM

"Se tes homes que excluirían a calquera das criaturas de Deus do refuxio da compasión e a piedade, terás homes que comportaranse do mesmo xeito cos seus compañeiros"


San Francisco de Asís

Publicado por : Mariano -- Xuño 25, 2007 9:13 PM
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Agosto 2008
D L M M X VS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31