Xuño 20, 2007
Arte urbán nas Pontes
Onte pola tarde puidemos ver durante algunhas horas unha mostra de arte urbán gratuíta preto dun dos Poboados de As Pontes. Concretamente, a fotografía foi sacada no Barreiro en torno ás 19.30h. Como o autor ou autora da obra non se atopaban presentes nese intre (preferirían manterse no anonimato), decidín darlle á fotografía o nome de Homenaxe á televisión basura :)
Publicado por jatomiau -- Xuño 20, 2007 9:50 AM
pero que lles custara levar a reliquia esta o punto limpo???
por certo, falando de tv, parece que xa se produciu a segunda baixa na tv local, despois do de peon, hoxe anunciaron que chimparan o director, ese que enchufara o bloque fai catro meses.
parece que van rodar cabezas...